Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Traballadores desprazados

Aínda que conforme o previsto no seu artigo 33, o Acordo de aplicación do Convenio Multilateral Iberoamericano de Seguridade Social entrou en vigor o 1 de setembro de 2011 entre A Arxentina (01/08/2016), O Brasil, Bolivia, Chile, Ecuador, España, O Salvador, Paraguai, Perú (20/10/2016) e O Uruguai, para os efectos de determinar a lexislación aplicable aos traballadores desprazados só se aplica para Bolivia, O Salvador, Chile (neste caso para os traballadores con nacionalidade diferente á española ou chilena) e O Uruguai (para os traballadores por conta propia).

Para os traballadores desprazados á Arxentina,  Chile (traballadores españois e chilenos), O Brasil, Ecuador, Paraguai, Perú e O Uruguai (neste último caso só para os traballadores por conta allea)  séguense aplicando as disposicións establecidas nos convenios bilaterais de Seguridade Social subscritos con España.

Como norma xeral, os traballadores aos que sexa aplicable o presente Convenio estarán suxeitos exclusivamente á lexislación de seguridade social do Estado Parte en cuxo territorio exerzan unha actividade, xa sexa por conta allea ou por conta propia, que dea lugar á súa inclusión no ámbito de aplicación desta lexislación.

Agora ben, se se trata dun traslado temporal poden manter a lexislación española de Seguridade Social nos termos e requisitos que se indican a continuación.

Aplícase aos traballadores por conta allea e por conta propia de calquera nacionalidade.


Desprazamento Inicial

Os traballadores por conta allea, ao servizo dunha empresa con sede en España, que desempeñen tarefas profesionais, de investigación, científicas, técnicas, de dirección ou actividades similares e que sexan desprazados a prestar servizos de carácter temporal ao país de emprego continuarán suxeitos á lexislación española de seguridade social ata un prazo máximo de doce meses.

Formulario que hai que tramitar

A empresa efectuará a súa solicitude ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente no modelo TA.300 "Solicitude de información sobre a lexislación de Seguridade Social aplicable" e acompañará tres exemplares debidamente cubertos do formulario IBERO-3  "Certificado de desprazamento temporal".

O formulario IBERO-3 expedido pola Dirección Provincial ou Administración correspondente certifica que o traballador continúa suxeito á lexislación española de Seguridade Social durante o seu desprazamento nese país e, en consecuencia, está exento de cotizar á Seguridade Social do país de emprego.

Período que hai que autorizar

O período máximo de duración do desprazamento é de doce meses.

Os traballadores por conta propia que realicen en España tarefas profesionais, de investigación, científicas, técnicas, de dirección ou actividades similares e que se trasladen para exercer a devandita actividade ao país de emprego, continuarán sometidos á seguridade social española, a condición de que a duración previsible do traballo non exceda de 12 meses e o autorice a seguridade social española.

Formulario que hai que tramitar

O traballador por conta propia efectuará a súa solicitude ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente no modelo TA.300 "Solicitude de información sobre a lexislación de Seguridade Social aplicable" e acompañará dous exemplares debidamente cubertos do formulario IBERO-4   " Certificado de desprazamento temporal".

O formulario IBERO-4 expedido pola Dirección Provincial ou Administración correspondente certifica que o traballador continúa suxeito á lexislación española de Seguridade Social durante o seu desprazamento nese país e, en consecuencia, está exento de cotizar á Seguridade Social do país de emprego.

Período que hai que autorizar

O período máximo de duración do desprazamento é de doce meses.


Prórroga ordinaria

Só para os traballadores por conta allea, o período inicial de doce meses pode ser susceptible de ser prorrogado por un prazo similar, con carácter excepcional e previo consentimento da Autoridade Competente do país de emprego.

Formulario que hai que tramitar

O empresario deberá efectuar a solicitude de prórroga antes da finalización do período  mencionado máis arriba, ante a Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

No caso de prórroga de desprazamento a Bolivia, a solicitude deberá presentarse polo menos con 20 días de antelación á finalización do desprazamento inicial.

A empresa efectuará a súa solicitude no modelo TA.300 "Solicitude de información sobre a lexislación de Seguridade Social aplicable" acompañada de catro exemplares debidamente cubertos do formulario IBERO-5 "Certificado de prórroga de desprazamento temporal" e dunha copia do formulario IBERO-3 do desprazamento inicial, para a súa remisión ao outro país.

Dada a conformidade por parte da Seguridade Social do país de emprego, a Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, remitirá o formulario que acredite que o traballador continúa suxeito á lexislación española de Seguridade Social durante o período que foi autorizado e, en consecuencia, está exento de cotizar á Seguridade Social dese país.

Período que hai que autorizar

O prazo máximo da prórroga será similar ao do desprazamento inicial, é dicir, doce meses.


Outros desprazamentos:

Persoas enviadas por un Estado Parte en misións de cooperación ao territorio doutro Estado Parte.

O trámite deste desprazamento realízase na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, -Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED-.

  • A empresa ou Organismo oficial efectuará a súa solicitude no modelo TA.300 "Solicitude de información sobre a lexislación de Seguridade Social aplicable" e acompañarase de catro exemplares debidamente cubertos do formulario IBERO-7 "Certificado sobre lexislación aplicable".

    Este certificado acredita que o traballador está suxeito á Seguridade Social española mentres permaneza nesa situación e, en consecuencia, está exento de cotizar á Seguridade Social do país de emprego.

Para os traballadores de nacionalidade española que desempeñan a súa actividade nas Misións Diplomáticas ou Oficinas Consulares de España noutro Estado Parte, e 

o persoal de nacionalidade española ao servizo privado e exclusivo dos membros das devanditas Misións e Oficinas

  • que opten pola lexislación española de Seguridade Social, a Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED da Tesouraría Xeral expedirá o formulario IBERO-6 "Certificado de opción sobre lexislación aplicable" para toda a duración do desprazamento, a petición do Organismo público ou do traballador, que o presentará en triplicado exemplar, xunto co modelo de solicitude TA.300.

Outras excepcións

Dous ou máis Estados Parte, as Autoridades Competentes deses Estados ou os organismos designados por esas autoridades poderán establecer, de común acordo, excepcións ás normas anteriormente expostas, en beneficio de determinadas persoas ou categorías de persoas, sempre que estas aparezan relacionadas no anexo V do Convenio.

Na actualidade non se determinou ningunha categoría de persoas.


Información complementaria

  • Esgotado o período de 12 meses para o desprazamento inicial e, se é o caso, os doce meses da prórroga, un mesmo traballador non pode solicitar un novo desprazamento temporal ao mesmo país ata transcorridos doce meses dende a data en que esgotou o desprazamento anterior (incluída, se é o caso, a súa prórroga).
  • O interesado debe presentar a solicitude de traslado temporal ou a súa prórroga cunha antelación mínima de 20 días á data prevista do traslado. Se non fose posible, xustificará o motivo.
  • O certificado de lexislación aplicable entregarase ao traballador para acreditar que non lle son de aplicación as disposicións de Seguridade Social obrigatoria do Estado Parte en que traballa.
  • Se o traballador cesa na súa relación laboral ou deixa de exercer a súa actividade por conta propia ou ben regresa anticipadamente, o Organismo Público, o empresario ou o traballador comunicarano á oficina da Tesourería Xeral da Seguridade Social que expediu o certificado de lexislación aplicable.
Complementary Content
${loading}