Información Lingüística

Benvido á Páxina Web da Seguridade Social, na que atopará toda a información e documentación nestes momentos dispoñible.

A Web da Seguridade Social ten como obxectivo chegar ao maior número de persoas e, polo tanto, a súa política lingüística baséase en brindar ao cidadán o acceso ao maior volume de contidos traducidos posible.
Dada a necesidade de que os contidos da Web da Seguridade Social se ofrezan con carácter inmediato, sempre atopará estes dispoñibles na súa versión en castelán. Adicionalmente, e en prol do cumprimento do obxectivo mencionado, dende o ano 2005 ofrécese ademais información traducida a seis idiomas: as catro linguas cooficiais, inglés e francés.

O elevado volume de contidos a traducir e a actualización periódica dalgúns deles fan que a incorporación dos mesmos nos referidos idiomas sexa progresiva, sendo propósito da Web da Seguridade Social alcanzar o máximo nivel de contidos dispoñibles nas diferentes linguas do Portal.

Hai contidos, como a sección denominada “Normativa” -que alberga as normas relacionadas co funcionamento e competencias da Seguridade Social- que non son obxecto de tradución por razóns de seguridade xurídica e publícanse na Web conforme á súa literalidade no BOE.

A forma de seleccionar o idioma é a seguinte:

Nas páxinas nas que sexa posible a navegación en idiomas distintos do castelán, amosarase no ángulo superior dereito da Web un despregable  para a selección da lingua de navegación, tal e como se amosa:

Selección de idioma


Ao premer en cada unha das opcións manterase a navegación na lingua seleccionada durante toda a sesión, sempre que os contidos se atopen traducidos. De non dispoñer de traducións no idioma seleccionado, proporcionarase ao cidadán a opción de visualizalo en castelán.

Complementary Content
${loading}