Valore este contenido
ISMARINA Publicacións ISM
ISMARINA Publicacións ISM
Co fin de contribuír á formación e promoción profesional dos traballadores do mar, así como elevar o seu nivel de cualificación e competencia profesional, o Instituto Social da Mariña creou unha liña editorial con manuais de formación profesional marítima e sanitaria.
Para a súa difusión, o Instituto Social da Mariña pon á súa disposición ISMARINA, unha plataforma dixital para a xestión das publicacións do ISM, cuxo obxecto é a prestación dos seguintes servizos:
- Biblioteca dixital.
- Xestor de publicacións (gratuítas e non gratuítas).
- Unha pasarela de cobramento en liña (VISA, MASTERDCARD, PAY PAL, etc.) para a adquisición polos interesados das edicións dixitais non gratuítas, principalmente dos manuais de formación editados polo ISM.