Devolución de ingresos indebidos
As persoas obrigadas a cotizar ou ao pagamento doutras débedas coa Seguridade Social teñen dereito á devolución total ou parcial do importe dos ingresos realizados por erro.
As devolucións inclúen os xuros de demora dende a data do ingreso na Tesourería Xeral da Seguridade Social ata a data da proposta de pagamento.
Non procederá a devolución das cotas ou recursos ingresados maliciosamente.
Se a persoa suxeito da devolución fose debedora da Seguridade Social ou tivese concedido un aprazamento ou moratoria, o importe da devolución aplicarase á débeda pendente de ingreso ou de amortización (agás no caso da débeda garantida mediante aval xenérico)
As solicitudes de devolución de ingresos deberán dirixirse á Administración da Seguridade Social correspondente ao domicilio do obrigado ao pagamento. No caso de que este teña centralizada a súa xestión nunha Administración en concreto, será esta a Administración competente.
Os traballadores dos Réximes Especiais de: Autónomos, Agrario conta allea, Traballadores do Mar conta propia, Empregados de Fogar (titulares do fogar familiar e traballadores descontinuos) e Convenios Especiais, poden solicitar a devolución das súas cotas a través da Sede Electrónica >Cidadáns > Recadación> Devolución de Ingresos de réximes e sistemas especiais.
Mediante este servizo tamén poden consultar o estado de tramitación da súa solicitude. Para acceder a este é necesario dispoñer de DNI electrónico ou Certificado dixital.
Os empresarios deben solicitar á Tesourería Xeral da Seguridade Social a devolución da súa achega así como a dos seus traballadores aos que llela deberán reintegrar cando se lles faga efectiva a devolución. Non obstante, o traballador por conta allea pode solicitar directamente á Tesourería Xeral a devolución das súas cotas se a empresa desaparecese ou se negase a solicitar esta devolución.
O dereito á devolución de cotas prescribe aos catro anos contados dende o primeiro día seguinte ao seu ingreso.
Documentos | Descarga | Fecha |
---|---|---|
50954 TC.13/1 Solicitude de devolución de ingresos indebidos |
|
23/10/2018 |