Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Documentación que terá de acompañarse:

Documentos para a liquidación da débeda. Para iso deberán presentarse dúas liquidacións independentes no seu correspondente boletín de cotización (serie TC), distinguindo:

  • liquidación da cota inaprazable
  • liquidación da cota aprazable.

Así mesmo, deberá presentarse a relación nominal de traballadores (TC-2) naqueles casos en que a mesma non se presentase con anterioridade con motivo do ingreso das achegas dos traballadores ou da presentación dos documentos de cotización ao amparo do artigo 26 da Lei Xeral da Seguridade Social.

Nos aprazamentos de débedas por cotas, a liquidación será a que resulte de descontar do importe das cotas aprazables tanto o importe das deducións nas mesmas por bonificacións ou reducións de calquera outra natureza que teña recoñecidas o solicitante e non perdese, como o das prestacións satisfeitas pola empresa en réxime de pagamento delegado, correspondentes unhas e outras ao mesmo período que o das cotas aprazables (agás no caso de prestacións de pagamento delegado debidas a continxencias profesionais que se minoran das inaprazables).

Deberase acompañar unha declaración na que se recoñeza deber á Seguridade Social o importe obxecto da petición de aprazamento. Esta declaración formalizarase no modelo existente, que poderá obterse solicitándoo en calquera das Administracións ou UURE da Seguridade Social.

Complementary Content
${loading}