Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Réxime Xeral da Seguridade Social

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

As solicitudes de alta deberán presentarse con carácter previo ao comezo da prestación de servizos polo traballador, sen que en ningún caso poidan exceder dos sesenta días naturais anteriores á data prevista para a iniciación da mesma.

Nos casos excepcionais nos que non se puidese prever con antelación esta iniciación, se o día ou días anteriores á mesma fosen inhábiles, ou se a prestación de servizos se iniciase en horas así mesmo inhábiles, deberán remitirse, con anterioridade ao inicio da prestación de servizos, por telegrama, fax ou por calquera outro medio electrónico, informático ou telemático.

ARTISTAS

As solicitudes de afiliación, e as comunicacións das súas altas, baixas e variacións de datos efectúanse conforme ao establecido para o Réxime Xeral.

PROFESIONAIS TAURINOS

Censo de Activos de profesionais taurinos

Nos primeiros quince días do mes de xaneiro de cada ano, os profesionais taurinos deberán efectuar, ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración desta, declaración da súa permanencia no exercicio profesional durante a tempada taurina correspondente ao devandito ano, con obxecto da súa inclusión no Censo de Activos de Profesionais Taurinos.

A inclusión no Censo de Activos e a permanencia nel, eximirá da obriga, por parte das empresas, de comunicar as altas e baixas dos profesionais taurinos, correspondentes a cada espectáculo en que participen. En consecuencia, neste colectivo non existen altas e baixas sucesivas, nin obriga, por tanto, de presentar para estes efectos o modelo TA-2/S (modelo de altas e baixas sucesivas). Non obstante, se deberán comunicar as variacións referidas aos seus datos identificativos (domicilio, etc.) para os efectos de actualización do Censo de Activos.

A permanencia no exercicio profesional recoñecerase cando o profesional taurino acredite, por calquera medio de proba, e especialmente mediante a remisión de xustificantes de actuacións, ter participado, polo menos, en oito espectáculos taurinos durante o ano anterior ao que se refire a declaración de permanencia.

A acreditación de permanencia e a correspondente inclusión no Censo de Activos motivará a consideración do declarante en situación de alta, para todos os efectos, durante o ano natural.

Cando se trate de profesionais taurinos que inicien a súa actividade profesional, ou, durante o ano anterior non participasen en oito espectáculos, a inclusión no Censo terá efectos desde o día da súa primeira actuación.

Cando a declaración de permanencia se efectúe despois do quince de xaneiro de cada ano, a inclusión no Censo de Activos unicamente producirá efectos desde o mesmo día en que teña lugar a primeira actuación do profesional taurino.

A falta de declaración de permanencia antes do quince de xaneiro de cada ano motivará a baixa automática do profesional taurino, con efectos do primeiro de xaneiro do devandito ano.

Traballadores fixos descontinuos de empresas de estudo de mercado e opinión pública

As solicitudes de alta e baixa dos traballadores fixos descontinuos que correspondan ao inicio ou ao cesamento definitivo, da súa relación laboral coa empresa, serán presentadas polo empresario, conforme ás normas comúns establecidas no Réxime Xeral da Seguridade Social. O mesmo criterio ha de seguirse con respecto á variación de datos.

Ademais destas obrigas, os empresarios presentarán, dentro dos dez primeiros días de cada mes, unha relación nominal dos seus traballadores fixos descontinuos, con indicación dos días en que prestaron servizos durante o mes anterior e o total dos días traballados neste.

Traballadores fixos descontinuos de cines, salas de baile e de festa e discotecas

As empresas presentarán, durante os cinco primeiros días naturais de cada mes, un parte de alta, que conterá os seguintes datos:

Relación nominal dos traballadores incluídos no campo de aplicación.
Días fixos de traballo de cada semana durante o devandito período.

As altas dos traballadores que ingresen con posterioridade á comunicación do parte mensual, e as baixas e variacións dos traballadores, rexeranse polas normas comúns do Réxime Xeral.

Manipulado e empaquetado do tomate fresco, realizadas por colleiteiros exportadores

As Asociacións Profesionais de Froitas e Produtos Hortícolas tramitarán as altas e baixas dos traballadores que reciban dos empresarios, ao obxecto de efectuar a súa comunicación á Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración desta.

Os empresarios cursarán as baixas dos seus traballadores ao finalizar as respectivas campañas, con independencia das que comunicasen durante o transcurso destas.

Do mesmo xeito deberán dar as correspondentes baixas cando os traballadores, aínda permanecendo ao servizo do mesmo empresario, pasen a traballar en campaña distinta daquela en que causaron alta.

Servizos extraordinarios de hostalería

En materia de afiliación, altas e baixas, rexen as mesmas regras do Réxime Xeral.

Industria resineira

A particularidade que presenta este Sistema Especial consiste en que as altas e baixas sucesivas dentro da campaña, non serán obxecto de comunicación.

Froitas, hortalizas e industria de conservas vexetais

  • Altas e baixas de inicio e fin de campaña

    As altas e baixas de inicio e finalización de campaña, deberanse comunicar, polo empresario, no prazo máximo de cinco días naturais, contados a partir da iniciación ou cesamento no traballo, mediante documento referido á totalidade dos traballadores afectados.
    As altas de inicio de campaña poderanse presentar a través de medios informáticos, electrónicos ou telemáticos (Sistema RED). Non así, as altas e baixas sucesivas dentro da campaña, nin a baixa definitiva.

  • Altas e baixas sucesivas de campaña

    As altas e baixas sucesivas intermedias entre a alta de inicio de campaña e a baixa de finalización, deberá comunicalas o empresario, antes da finalización do mes seguinte no que se producisen, mediante documento referido á totalidade dos traballadores afectados.


Traballadores fixos descontinuos de cines, salas de baile e de festa e discotecas

As Empresas presentarán, durante os cinco primeiros días naturais de cada mes, un parte de alta, que conterá os seguintes datos:

Relación nominal dos traballadores incluídos no campo de aplicación.
Días fixos de traballo de cada semana durante este período.

As altas dos traballadores que ingresen con posterioridade á comunicación do parte mensual, e as baixas e variacións dos traballadores, rexeranse polas normas comúns do Réxime Xeral .

Manipulación e empaquetado do tomate fresco, realizado por colleiteiros exportadores

As Asociacións Profesionais de Froitas e Produtos Hortícolas tramitarán as altas e baixas dos traballadores que reciban dos empresarios, co obxecto de efectuar a súa comunicación á Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración da mesma.

Os empresarios cursarán as baixas dos seus traballadores ao finalizar as respectivas campañas, con independencia das que comunicasen durante o transcurso das mesmas.

Do mesmo modo deberán dar as correspondentes baixas cando os traballadores, aínda permanecendo ao servizo do mesmo empresario, pasen a traballar en campaña distinta daquela na que causaron alta.

Servizos extraordinarios de hostalería

En materia de afiliación, altas e baixas, rexen as mesmas regras do Réxime Xeral.

Industria resineira

A particularidade que presenta este Sistema Especial consiste en que as altas e baixas sucesivas dentro da campaña, non serán obxecto de comunicación.

Froitas, hortalizas e industria de conservas vexetais

  • Altas e baixas de inicio e remate de campaña

    As altas e baixas de inicio e remate de campaña, deberá comunicalas o empresario, no prazo máximo de cinco días naturais, contados a partir da iniciación ou cesamento no traballo, mediante documento referido á totalidade dos traballadores afectados.
    As altas de inicio de campaña poderanse presentar a través de medios informáticos, electrónicos ou telemáticos (Sistema RED). Non así, as altas e baixas sucesivas dentro da campaña, nin a baixa definitiva.


  • Altas e baixas sucesivas de campaña

    As altas e baixas sucesivas intermedias entre a alta de inicio de campaña e a baixa de remate, deberá comunicalas o empresario, antes do remate do mes seguinte no que se tivesen producido, mediante documento referido á totalidade dos traballadores afectados.

Períodos de actividade

As solicitudes de alta e baixa en empresas agrarias deben ser presentadas con carácter previo ao comezo da prestación de servizos polo traballador, sen exceder en ningún caso, dos 60 días naturais anteriores á data prevista de iniciación da actividade laboral.
Se se contratan traballadores ‘eventuais’ ou ‘fixos descontinuos’ o mesmo día en que comece a prestación de servizos, a alta pode presentarse antes de que finalice ese día cando non puidese formalizarse con anterioridade. No caso de que a xornada de traballo finalizase antes das 24 horas, a alta ha de presentarse con anterioridade a esa hora.

Períodos de inactividade

Inclusión, exclusión, reincorporación

O traballador pode solicitar voluntariamente a inclusión no Sistema Especial de traballadores por conta allea agrarios durante períodos de inactividade coa finalidade de cotizar á Seguridade Social para os efectos de obter a cobertura das continxencias comúns protexidas neste sistema especial. Estas continxencias son:

  • Nacemento e coidado de menor.
  • Incapacidade permanente derivada de enfermidade común e accidente non laboral.
  • Morte e supervivencia derivada de enfermidade común e accidente non laboral.
  • Xubilación.

Os requisitos para a inclusión son os seguintes:

  • Acreditar 30 xornadas reais nos 365 días anteriores á data de solicitude.
  • Solicitar a inclusión dentro dos tres meses naturais seguintes ao día en que se realizou a última xornada real.

Formalizada a inclusión, nos casos previstos legalmente, o traballador poderá pasar á situación de exclusión deste Sistema Especial, ben de forma voluntaria ou de oficio pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, nos casos seguintes:

  • Cando o traballador non realice un mínimo de 30 xornadas reais nun período continuado de 365 días, computados desde o seguinte a aquel en que finalice o período anterior.
  • Por falta de aboamento das cotas correspondentes a períodos de inactividade durante dúas mensualidades consecutivas.
  • Ao finalizar a percepción de prestacións contributivas e non contributivas de desemprego.

Non obstante, o traballador pasará á situación de reincorporación a este sistema especial por inicio da percepción de prestacións contributivas e non contributivas de desemprego. Esta reincorporación realizarase de oficio pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Á marxe desta circunstancia, tendo sido excluído deste sistema especial, o traballador pode solicitar a súa reincorporación de forma voluntaria acreditados os requisitos esixidos legalmente.

Solicitude de inclusión, exclusión, reincorporación

A solicitude da inclusión, exclusión e reincorporación pódese realizar a través da Sede Electrónica da Seguridade Social, accedendo ao servizo “Inclusión/exclusión/reincorporación en Sistema Especial Agrario. Inactividade

Cotización

A información sobre a cotización durante a alta neste sistema especial como consecuencia da inclusión ou reincorporación a el, pódese consultar no apartado Cotización / Recadación de Traballadores / Bases e tipos 2024 / Sistema Especial de traballadores por conta allea agrarios durante períodos de inactividade

Outros servizos de interese

A través deste servizo poderase solicitar a domiciliación do pagamento das cotas de Seguridade Social na entidade financeira da súa elección ou o cambio da conta bancaria.

Este servizo pon a disposición dos traballadores por conta allea agrarios en períodos de inactividade, a posibilidade de consultar os recibos de liquidación mensuais nos que se detalla a información relativa ás cotas de Seguridade Social.

    • A través da Sede Electrónica da Seguridade Social, permítese solicitar, por Rexistro electrónico, o reintegro total ou parcial das cotas ingresadas por erro nos termos e supostos fixados regulamentariamente no Réxime Xeral e Asimilados. Para acceder a este servizo requírese certificado dixital, DNI electrónico ou Cl@ve Permanente.
    • A través de IMPORTASS, servizo “Consulta de pagamentos e débedas”, seleccionando a categoría “Devolución de ingresos de réximes e sistemas especiais” en caso de non dispoñer dos medios de identificación indicados anteriormente.
  • Seguimento e consulta do estado de solicitudes. Achegar documentación
    • Respecto ás solicitudes formuladas a través dos servizos de Rexistro Electrónico da Sede electrónica da Seguridade Social, se precisa consultar o seu estado de tramitación, achegar nova documentación relacionada con elas ou se precisa contestar un requirimento que lle dirixiu a Seguridade Social, pode acceder ás canles do Rexistro Electrónico.
    • Respecto ás solicitudes que formulase a través de IMPORTASS, pode consultar o seu estado ou completalas, a través dos servizos dispoñibles para iso indicados ao final da pantalla de inicio do Portal da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Para consultas de información xeral relacionada con traballadores por conta allea agrarios en períodos de inactividade, dispón das canles relacionadas no apartado “Axudámosche” da Sede Electrónica da Seguridade Social.

Finalmente, sobre este sistema especial pode consultar a información xeral dispoñible na seguinte ruta Traballadores / Afiliación / Réximes: Quen os integran? / Réxime Xeral da Seguridade Social / Sistemas Especiais

A solicitude de alta dos traballadores por conta allea presentarase con carácter previo ao inicio da relación laboral, conforme ás regras establecidas no Réxime Xeral da Seguridade Social, sendo o empresario ou titular do fogar familiar o responsable de presentala.

Pode presentar a solicitude de forma presencial ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente ou, se dispón de certificado dixital, efectuando o trámite a través dos novos servizos de alta, baixa e variacións de datos de traballadores do Sistema Especial de Empregados de Fogar, situados na Sede Electrónica.

Complementary Content
${loading}