Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Réxime Especial de Traballadores Autónomos

Suxeitos obrigados

O propio traballador autónomo é responsable directo de cumprir a obrigación de solicitar a súa alta, e no seu caso, a súa afiliación. Subsidiariamente, responderá o traballador autónomo con respecto aos seus familiares colaboradores.

Terán a mesma responsabilidade subsidiaria as Compañías Regulares Colectivas, Compañías Comanditarias e Cooperativas de Traballo Asociado respecto dos seus socios.

De oficio pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, como consecuencia da actuación da Inspección de Traballo e Seguridade Social, dos datos existentes nas entidades xestoras e servizos comúns da Seguridade Social ou por calquera outro procedemento, compróbase o incumprimento da obrigación de solicitar a afiliación e/ou alta por parte dos traballadores aos que incumbe tal obrigación.

Cobertura do risco de Incapacidade Temporal

A cobertura da prestación económica por incapacidade temporal  terá carácter obrigatorio, dende o 1 de xaneiro de 2008, segundo o establecido en Lei 20/2007 do 11 de xullo, do Estatuto do Traballador Autónomo para:

  • Os traballadores de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos
  • Traballadores que teñan a condición de economicamente dependentes
  • Traballadores que desempeñen actividades en que a cobertura das continxencias profesionais resulte obrigatoria polo seu maior risco de sinistralidade,

E será opcional para:

  • Os traballadores autónomos con dereito á prestación por incapacidade temporal noutro réxime do Sistema da Seguridade Social no que tamén se encontren en alta  en tanto se manteña a súa situación de pluriactividade
  • Traballadores  incluídos no Sistema Especial para traballadores por Conta Propia Agrarios.

A opción deberá formalizarse cunha mutua colaboradora coa Seguridade Social no momento de causar alta neste Réxime Especial e os seus efectos coincidirán cos da devandita alta.

Cobertura do risco de continxencias profesionais

A cobertura desta continxencia é voluntaria agás para:

  • Os Traballadores Autónomos Economicamente Dependentes (TRADE).
  • Os socios das Cooperativas de Traballo Asociado dedicados á venda ambulante, que perciban os ingresos directamente dos compradores.
  • Os traballadores autónomos que, sen ser socios de cooperativas, se dediquen á venda ambulante (CNAE-09: 4781, 4782, 4789 ou 4799) en mercados tradicionais ou feiras durante un máximo de tres días á semana, con horario de venda inferior a oito horas/día, que non dispoñan de establecemento fixo propio, nin produzan os artigos ou produtos que venden.
  • Tamén será obrigatoria para quen realice actividades con alto risco de sinistralidade. (Pendente de desenvolvemento regulamentario)

A opción por esta continxencia implica tamén a cobertura de cesamento de actividade.

A cobertura dos riscos profesionais levarase a cabo coa mesma Entidade Aseguradora coa que formalizasen a cobertura da Incapacidade Temporal.

Cobertura do cesamento de actividade

A Lei 35/2014 do 26 de decembro (BOE do 29) establece a voluntariedade da cobertura do cesamento de actividade para os traballadores por conta propia ou autónomos a partir do 1 de xaneiro de 2015.

Os traballadores que poden solicitar a cobertura deste risco son os traballadores de alta no Réxime de Traballadores Autónomos.

A opción deberá formalizarse coa mutua colaboradora da Seguridade Social coa que teña cuberto as continxencias comúns no momento de causar alta neste Réxime Especial e os seus efectos coincidirán cos da devandita alta.

A opción de renuncia ou cobertura do risco que non se formalice coa alta, deberá efectuarse antes do 1 de outubro de cada ano e producirá efectos  a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte.

Efectos das altas e baixas

Efectos das altas:

  • As altas iniciais ou sucesivas terán efecto dende o primeiro día do mes natural no que concorran tódalas condicións, sempre que se solicitasen no prazo regulamentario.
  • As altas solicitadas fóra do prazo regulamentario terán efecto dende o día primeiro do mes natural no que se reúnan os requisitos para a inclusión neste réxime especial.
  • En tales supostos e sen prexuízo das sancións administrativas que procedan polo seu ingreso fóra de prazo, as cotizacións correspondentes a períodos anteriores á formalización da alta serán esixibles e producirán efectos tocante ás prestacións unha vez sexan ingresadas, coas recargas que legalmente correspondan, agás que por aplicación da prescrición non fosen esixibles estas cotas nin por iso válidas para os efectos de prestacións, e sempre que a alta se formalizase a partir do 1 de xaneiro de 1994.

Efectos das baixas:

  • As baixas solicitadas en tempo e forma establecidos producirán efecto dende o día primeiro do mes seguinte a aquel no que o traballador cesase na actividade determinante da súa inclusión.
  • Cando o traballador non solicitase a baixa ou a solicitase en forma e prazo distintos aos establecidos para o efecto ou esta se practicase de oficio, a alta así mantida producirá efectos en canto á obriga de cotizar e non será considerado en situación de alta en canto ao dereito das prestacións.
  • Neste caso, non se extinguirá a obriga de cotizar senón ata o día no que a Tesourería Xeral da Seguridade Social coñeza o cesamento na actividade por conta propia ou na situación determinante da inclusión neste réxime especial.
  • Non obstante o disposto no apartado anterior, os interesados poderán probar, por calquera dos medios admitidos en dereito, que o cesamento na actividade se produciu noutra data, para os efectos da extinción da obriga de cotizar.
  • A simple solicitude da baixa e o recoñecemento desta non extinguirá a obriga de cotizar nin producirá os demais efectos daquela se continuasen as condicións necesarias para a súa inclusión neste réxime especial.
Complementary Content
${loading}