Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Forma de practicarse

A instancia do Empresario:

Os empresarios están obrigados a comunicar a alta, ou, se é o caso, a baixa e variación dos datos relativos aos traballadores que ingresen ou cesen na prestación de servizos na súa empresa.

Igualmente, cando o traballador se traslade a un centro de traballo do mesmo empresario situado en diferente provincia, deberá promoverse a baixa na provincia de procedencia e a alta na de destino. Tamén corresponderá presentar a alta ou a baixa cando por calquera causa, proceda a súa adscrición a unha conta de cotización distinta.

A instancia do Traballador:

En caso de incumprimento por parte dos empresarios das obrigas indicadas no apartado anterior, os traballadores por conta allea poderán instar directamente da Tesouraría Xeral da Seguridade Social a súa alta, a súa baixa ou variación de datos, segundo proceda, no Réxime de encadramento.

Os traballadores por conta propia ou autónomos estarán obrigados a comunicar directamente o inicio ou o cesamento das súas actividades, para os efectos das altas, baixas e variacións de datos destes no Réxime  en que figuran incluídos.

Os traballadores incluídos no Sistema Especial para Empregados de Fogar que presten servizos durante menos de 60 horas mensuais por empregador poderá, de acordo con este, asumir as obrigas de encadramento, altas, baixas e variacións de datos.

De oficio:

As altas, baixas ou variacións de datos dos traballadores poderán efectuarse de oficio pola Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración desta, cando, como consecuencia da actuación da Inspección de Traballo e Seguridade Social, dos datos obrantes nas Entidades Xestoras ou por calquera outro procedemento se comprobe o incumprimento da obriga de comunicar o ingreso, cesamento ou variación de datos dos traballadores por parte das empresas ou, se é o caso, dos traballadores obrigados a efectuala.

Complementary Content
${loading}