Instrucións para a aplicación da Resolución de 10-outubro-2008, da Tesourería Xal. da Seg. Social, sobre autorización para adiar o pagamento das cotas empresariais da Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta
Mediante Resolución do 10 de outubro de 2008, da Tesourería Xeral da Seguridade Social, establécese que:
- "As empresas que desenvolven a súa actividade no sector do transporte aéreo, CNAE 62100 e 62200, con traballadores en alta polos que deban cotizar á Seguridade Social e que se atopen ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social, poderán solicitar autorización para adiar durante nove meses o prazo regulamentario de ingreso da totalidade das cotas empresariais da Seguridade Social e polos conceptos de recadación conxunta correspondentes a liquidacións ordinarias dos períodos de liquidación de outubro de 2008 a xuño de 2009, debendo ingresarse, mensualmente, dende agosto de 2009 ata abril de 2010."
- "As empresas que obteñan esta autorización deberán descontar e reter as achegas correspondentes aos traballadores e ingresar o seu importe dentro do prazo regulamentario para o seu pagamento".
INSTRUCIÓNS PARA A APLICACIÓN DA RESOLUCIÓN
- Presentación de solicitudes de adiamento das cotas
As solicitudes deberán presentarse na sede da Dirección Provincial ou Administración da Seguridade Social correspondente ao Código de Conta de cotización principal da empresa, ou daquela na que se autorizase a xestión centralizada das funcións recadadoras.
A resolución pola que se autorice a adiar o prazo regulamentario de ingreso abranguerá as cotas correspondentes ao período de liquidación que á data de solicitude aínda se atope en prazo regulamentario de ingreso.
- Presentación de documentos de cotización a través do Sistema RED
As empresas do transporte aéreas autorizadas ao adiamento das cotas empresariais deberán presentar os documentos de cotización segundo as seguintes instrucións:
- O ficheiro FAN non sofre ningunha modificación. Deberá presentarse a relación nominal de traballadores pola totalidade das bases, bonificacións e reducións. Os segmentos totalizadores (EDTTT) deberán cubrirse calculando a totalidade das cotas debidas (cota obreira e cota empresarial). Polo tanto, no ficheiro FAN indicaranse as cotas totais, sen ter en conta o adiamento da cota empresarial.
- Para as empresas que soliciten cargo en conta ou pagamento electrónico, o Sistema calculará automaticamente o Recibo de Liquidación de Cotizacións correspondente á achega dos traballadores. Este Recibo de Liquidación de Cotizacións deberá facerse efectivo no seu prazo regulamentario de ingreso (sen ter en conta o adiamento, xa que este só afecta á cota empresarial).
- Non se aplicará o adiamento e, polo tanto, calcularase a totalidade das cotas (obreira máis empresarial) nas liquidacións que resulten saldo acredor, así como naquelas nas sendo o resultado total a ingresar, o importe da cota empresarial resulte a percibir.
- As empresas que non se acollan ás modalidades de pagamento e ingresen a cota obreira mediante boletín de cotización TC1, deberán consignar na cela “Clase de Liquidación e Clave de Control” (CLCC) o código 1-08.
- En ambos casos, tanto para as empresas que realizaron o ingreso da cota obreira a través das modalidades de pagamento coma para as que realizaron o ingreso mediante boletín de cotización TC1, a cota empresarial deberán ingresala nos 9 meses seguintes ao prazo regulamentario de ingreso, mediante boletín de cotización TC1, que conterá as cotas empresariais adiadas, así como as compensacións de pagamento delegado, bonificacións e reducións. Este boletín deberá codificarse con clase de liquidación e clave de control 2-08.
Este TC1 correspondente á cota empresarial (2-08) NON debe ir acompañado da Relación Nominal de Traballadores (TC2)
Estase a traballar para implementar un servizo que permita obter os Recibos de Liquidación de Cotizacións correspondentes á cota empresarial diferida (primeiro mes de ingreso agosto de 2009 liquidacións correspondentes a outubro de 2008). Unha vez estea implementado informarase mediante Boletín de Noticias RED.
- Só procede o adiamento das liquidacións ordinarias (L00) presentadas en prazo regulamentario. Non se poderá solicitar o adiamento das cotas das liquidacións complementarias.
- As modificacións necesarias para calcular automaticamente a cota obreira estarán operativas a partir do 1 de setembro (período de liquidación de novembro de 2008).
Respecto ao período de liquidación de outubro de 2008 (presentación novembro), debido a que o sistema non estará operativo ata decembro de 2008, as empresas autorizadas ao adiamento das cotas que desexen ingresar este mes só a cota obreira, deberán presentar o TC2 (ficheiro FAN) sen solicitude de modalidade de pagamento e ingresar a cota obreira mediante TC1 papel codificado con clave 1-08.
- O ficheiro FAN non sofre ningunha modificación. Deberá presentarse a relación nominal de traballadores pola totalidade das bases, bonificacións e reducións. Os segmentos totalizadores (EDTTT) deberán cubrirse calculando a totalidade das cotas debidas (cota obreira e cota empresarial). Polo tanto, no ficheiro FAN indicaranse as cotas totais, sen ter en conta o adiamento da cota empresarial.
- Empresas que non presentan a relación nominal de traballadores a través do Sistema RED
Para as empresas do transporte aéreo autorizadas ao adiamento das cotas empresariais que non presenten a Relación Nominal de Traballadores a través do Sistema RED será requisito imprescindible a presentación ante a Administración da Seguridade Social correspondente da Relación Nominal de Traballadores (TC2), e dous TC1, un correspondente á cota obreira e outro correspondente á cota empresarial.
A Administración selará e codificará os TC1 coas claves 1-08 (cota obreira) e 2-08 (cota patronal).
A empresa deberá facer efectivo o TC1 na Entidade Financeira correspondente, sen que se acompañe da Relación Nominal de Traballadores (TC2).