04/01/2024- Altas de alumnos que realizan prácticas formativas remuneradas.
Tal e como se comunicou no BNR 09/2023, do 5 de xullo de 2023, dende o 01.01.2024, a identificación dos alumnos que realicen prácticas formativas ou académicas externas remuneradas realízase co valor 9939 do campo RLCE.
Estanse a rexeitar todos os movementos de alta con valores RLCE 9922, 9923, 9927 ou 9928 e FRA dende 01.01.2024 polo erro DATA REAL ALTA NON ADMITIDA PARA TIPO RLCE.
No caso no que os devanditos movementos correspondan a alumnos que inician as súas prácticas a partir do 01.01.2024, poderán corrixirse a través do Sistema RED, unicamente na modalidade online, mediante a funcionalidade Modificación/Eliminación de movementos previos, cambiando o valor de RLCE anotado inicialmente polo valor 9939. Unha vez corrixido o movemento, a alta previa consolidarase na noite seguinte.
No caso no que os devanditos movementos sexan continuación de prácticas iniciadas con data anterior a 01.01.2024, non resulta posible a súa mecanización a través do Sistema RED, polo que se deberá solicitar a alta dos devanditos estudantes en prácticas a través do trámite Casia Afiliación, altas e baixas/ Alta Traballadores por conta allea / Prácticas remuneradas RLCE 9928/27/23/22.
En calquera caso, todas estas altas ás que se tivese rexeitado o movemento a través do Sistema RED serán consideradas como presentadas en prazo.