Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Requisitos técnicos

Hardware

Ordenador: O sistema RED  require a utilización dun ordenador persoal. Debe ter as seguintes características mínimas:

  • Procesador tipo Core Duo ou similar.
  • 4Gb de memoria RAM.
  • Aproximadamente 160 Mb  dispoñibles de disco duro.
  • Pantalla VGA ou superior.
  • Teclado estándar 101/102.

Conexión a Internet: No caso de usar proxy con autenticación, requírese que esta sexa de “Autenticación Básica”

Software

Sistema operativo Windows de 32 bits / 64 bits

  • Windows 7 ou superior. A TXSS non garante un correcto funcionamento con outras versións anteriores de Windows.

Acrobat Reader 8.5 ou superior.

Navegador de Internet: Programa que permite transitar pola rede. Proporciona unha interface gráfica interactiva para buscar, localizar, ver e administrar a información a través da web. O navegador é indispensable á hora de conectarse, pois funciona como fiestras que mostran a información contida nas páxinas dun servidor Web.

Os navegadores soportados actualmente son:

  • Mozilla Firefox 

  • Google Chrome

  • Edge

Máquina virtual Java (JRE 1.8 ou superior)

A máquina virtual de Java (en inglés Java Virtual Machine, JVM) é un programa nativo, é dicir, executable nunha plataforma específica, capaz de interpretar e executar instrucións expresadas nun código binario especial (o  Java bytecode), o cal é xerado polo compilador da linguaxe Java. 

As versións de software soportadas son:

  • JAVA Oracle 1.8 ou superior (última versión testeada 1.8.401, do 16 de xaneiro de 2024), algunhas combinacións de versións anteriores poden experimentar problemas de lentitude ou non funcionamento, polo que en caso de problemas se recomenda actualizar á versión 1.8.401. 

Programas proporcionados pola TXSS

SILTRA: Aplicación de escritorio para plataformas PC  e para contornas Windows, ofrecida de forma gratuíta pola TXSS, que permite o intercambio de ficheiros de cotización (formato XML)

Complementary Content
${loading}