Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Certificado SILCON

Que é e por que é necesario o Certificado Dixital?

O Certificado Dixital é un mecanismo de seguridade electrónica e confidencialidade que garante a integridade, identidade e non repudio nas comunicacións electrónicas.

É necesario porque a comunicación entre os usuarios e a TGSS  realízase a través de Internet e para que sexa posible, é necesario garantir a seguridade das comunicacións a través desta rede. No noso caso, conséguese mediante a utilización do Certificado SILCON que proporciona a TGSS como entidade certificadora.

Que significa Integridade?

A integridade é un servizo de seguridade que permite comprobar que non se produciu manipulación ningunha na mensaxe orixinal. A integridade dunha mensaxe obtense achegando a esta outro conxunto de datos de comprobación.

Que é a identidade?

Este concepto refírese a que cada envío que se faga, no que estea presente o Certificado SILCON, vai quedar completamente identificado o emisor. É coma se ese envío fose asinado pola persoa que o realiza, coa súa sinatura dixital.

Que é o non repudio?

O non repudio ou irrenunciabilidade é un servizo de seguridade que permite probar a participación das partes nunha comunicación. Existirán polo tanto dúas posibilidades:

- Non repudio en orixe: o emisor non pode negar que enviou a mensaxe porque o destinatario ten probas do envío.

- Non repudio en destino: o receptor non pode negar que recibiu a mensaxe porque o emisor ten probas da recepción.
A posesión dun documento e a súa sinatura dixital asociada será unha proba efectiva do contido e do autor do documento.

Que é o cifrado?

O cifrado é un mecanismo de seguridade que permite modificar unha mensaxe de xeito que o seu contido sexa ilexible, agás para o seu destinatario. De xeito inverso, o descifrado permitirá facer lexible unha mensaxe que estaba cifrada.

O Certificado SILCON tamén realiza esta función de cifrado, o que permite asegurarlle ao emisor da mensaxe que só o receptor vai poder ler o seu contido.
 

Calquera cidadán que dispoña de Certificado SILCON poderá acceder aos Servizos RED?

Non. Os cidadáns que teñan o Certificado SILCON poderán acceder a información relativa á súa situación laboral, para ter acceso a Servizos RED, o cidadán ten que estar dado de alta como usuario dalgunha autorización no Sistema RED.
 

Que significa revogar un certificado?

Revogar un certificado é anular a súa validez antes da data de caducidade que consta nel. A revogación pode ser solicitada en calquera momento, e en especial, cando o titular crea que as súas claves privadas son coñecidas por outros.

A revogación ten efectos a partir da data efectiva de revogación que consta onda o número de serie do certificado revogado nun documento asinado e publicado pola Autoridade de Certificación.

Calquera sinatura dixital realizada coa clave privada asociada a ese certificado con posterioridade á data efectiva de revogación non terá validez.

Que tipo de Certificado Dixital necesito para acceder ao Sistema RED?

Para acceder ao Sistema RED a través de INTERNET é necesario dispor dun Certificado SILCON.

Complementary Content
${loading}