A quen vai dirixido?
O uso de RED Directo require estar autorizado pola TGSS . Esta autorización concédeselle a aquelas empresas, agrupacións de empresas, profesionais colexiados e demais persoas que no exercicio da súa actividade cubran e presenten documentos de cotización en representación dos suxeitos responsables da obriga de cotizar, sempre que xestionen CCCs cun número non superior a 15 traballadores no momento de solicitar a autorización.
Se o número de traballadores dun CCC asignado a unha autorización RED Directo aumenta e supera os 15 traballadores, ese CCC poderá seguir formando parte da autorización RED Directo sempre e cando non supere os 25 traballadores.
Aínda que no futuro todos os Réximes estarán incluídos en RED Directo, actualmente, en función do ámbito de actuación, están dispoñibles os seguintes:
- No ámbito de cotización
- Réxime Xeral: Liquidacións Normais (L00) e Liquidacións Complementarias (L02, L03, L09 e L13).
- Réxime Especial de Traballadores do Mar: Liquidacións Normais (L00) e Liquidacións Complementarias (L02, L03, L09 e L13).
- Sistema Especial de Traballadores por Conta Allea Agrarios: Liquidacións Normais (L00) e Liquidacións Complementarias (L02, L03, L09 e L13).
- Réxime Xeral: Liquidacións Normais (L00) e Liquidacións Complementarias (L02, L03, L09 e L13).
- No ámbito de afiliación e partes de incapacidade temporal
- Réxime xeral (incluídos: Réxime Especial de Artistas, Sistema Especial de Froitas, Hortalizas e Conservas Vexetais e Sistema Especial de Manipulado e Empaquetado do Tomate Fresco e o Sistema Especial Agrario (Xornadas Reais)).
- Sistema Especial de Traballadores por Conta Allea Agrarios.
- Réxime especial da minería do carbón (traballadores por conta allea).
- Réxime especial de traballadores do mar (traballadores por conta allea).