Que é RED Directo?
RED Directo é unha nova modalidade de transmisión dentro do Sistema RED orientada á pequena e mediana empresa, para facilitarlles o cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social a través de Internet, mediante conexión directa en tempo real coa TGSS .
Para garantir a seguridade na transmisión de datos entre os usuarios e a TGSS nunha rede pública como Internet, é necesario utilizar un certificado dixital.
Os ámbitos de actuación que abrangue este servizo son:
- Cotización: as principais actuacións deste ámbito son:
- Confección e obtención da relación nominal de traballadores (TC2) e xeración automática do recibo de liquidación de cotizacións (que substitúe o TC1).
- Obtención de Recibos de Liquidación de Cotizacións de Cotas Pendentes.
- Solicitude do recibo de liquidación de cota obreira.
- Ingreso das cotas: poderá realizarse de distintas maneiras, en función da modalidade de pagamento elixida polo usuario:
- Domiciliación en conta: O aboamento de cotas realízase a través de domiciliación na entidade financeira e conta cliente que determine o usuario.
- Pagamento electrónico: o aboamento do recibo realizarase mediante caixeiros automáticos, banca telefónica, banca a través da Internet ou en persoa na entidade financeira.
- Domiciliación en conta: O aboamento de cotas realízase a través de domiciliación na entidade financeira e conta cliente que determine o usuario.
- Afiliación: neste ámbito pódense realizar as altas, baixas, variacións de datos de traballadores, así como consultas e peticións de informes relativas a traballadores e empresas.
- Presentación de partes médicos de incapacidade temporal: RED Directo permite a remisión dos partes de baixas médicas, altas e confirmación, derivadas de continxencias comúns e de continxencias profesionais, tanto se estas continxencias están cubertas co INSS ou cunha Mutua.
- Consulta de mensaxes: Os usuarios de RED Directo poderán realizar consultas en liña das mensaxes emitidas pola TGSS e imprimilos en formato PDF . As mensaxes almacénanse na caixa de correos persoal que a TGSS pon a disposición do usuario.
A finalidade de RED Directo é eliminar a xestión administrativa polo procedemento convencional en papel, logrando facilitar e axilizar a relación das empresas coa TGSS e, en conclusión, facer posible a xestión dende a empresa sen ter que desprazarse ás oficinas e administracións deste organismo.