Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Novidades CASIA

21/06/2021- Trámite Achegar documentación acreditativa de Existencia de ERTE

Comunícase que o Trámite “Achegar documentación acreditativa/Existencia de ERTE” previamente encadrado na materia Cotización, foi recatalogado e agora encóntrase dispoñible na Materia “Afiliación, altas e baixas”.

22/04/2020- Novo trámite "Solicitude de número de Seguridade Social"

A obtención do  NUSS polo autorizado RED, con relación aos traballadores  respecto dos que se vai comunicar con posterioridade a súa alta polo sistema RED, pódese realizar a través de CASIA, mediante o trámite "Solicitude de número de Seguridade Social", situado na seguinte ruta:

Afiliación, altas e baixas > Altas de traballadores conta allea > Solicitude de Número da Seguridade Social

16/07/2020- CASIA: establecemento de novos controis.

No servizo para a atención ao Autorizado RED, CASIA (Coordinación, Atención e Soporte Integral ao Autorizado RED), establecéronse novos controis dirixidos a garantir a calidade dos Datos complementarios comunicados, evitando deste xeito a apertura de casos con información insuficiente ou errónea que precisen a solicitude de nova información o que supón un atraso na súa resolución.

Os controis establecidos baséanse na obrigatoriedade de cumprir determinados datos complementarios conforme o tipo de caso, materia, categoría e subcategoría, as correspondencias entre eles e as validacións de formato. Ademais nos casos de tipo Trámite mostrarase unha única liña para informar datos complementarios, de xeito que se posibilite o arquivo automático da documentación no expediente electrónico correspondente ao CCC/NAF.

Para consultar os Datos complementarios que se deben informar en cada caso, poden consultar o Manual para la utilización del servicio CASIA que se publicou na páxina web da Seguridade Social na seguinte ruta: Información Útil/Sistema RED/CASIA: Coordinación, Atención e Soporte Integral ao Autorizado RED/Manuais e Divulgación. No entanto, recoméndase achegar o maior número de datos de que se dispoña.

31/07/2020- Apertura de novos Trámites

No servizo para a atención ao Autorizado RED, CASIA (Coordinación, Atención e Soporte Integral ao Autorizado RED) incluíronse tres novos trámites con Materia Inscrición de Empresas e Categoría Variación de datos. Os trámites son:

  • Declaración Responsable F.D.Turismo.
  • Declaración Responsable 062.
  • Declaración Responsable 064.

Como información complementaria, publicáronse no apartado Documentación trámites CASIA e formulario casos Materia Técnica os documentos correspondentes a cada un dos trámites e os formularios de Declaración Responsable que se deberán de achegar.

01/10/2020- Actualización da documentación relativa a Trámites de Xestión de Autorizacións RED

No servizo para a atención ao Autorizado RED, CASIA (Coordinación, Atención e Soporte Integral ao Autorizado RED) actualizouse a documentación relativa aos Trámites de Xestión de Autorizacións RED no apartado Documentación trámites CASIA e formulario casos Materia Técnica.

A documentación actualizada corresponde aos seguintes trámites:

  • Trámite Solicitude de Cambio de Medio de Transmisión.
  • Trámite Solicitude de Cambio de Usuario Principal dunha Autorización RED.
  • Trámite Solicitude de Cambio de Tipo de Autorización RED.
  • Trámite Solicitude de Cambio de Domicilio da Autorización RED.
  • Trámite Solicitude de Cambio de Razón Social dunha Autorización RED.

Nos documentos de cada un dos trámites inclúese unha ligazón ao formulario oportuno para realizar a solicitude correspondente.

Do mesmo xeito indícase que se actualizou o "Manual para a utilización do servizo CASIA" publicado na páxina web da Seguridade Social na seguinte ruta: Información Útil/Sistema RED/CASIA: Coordinación, Atención e Soporte Integral ao Autorizado RED/Manuais e Divulgación.

08/01/2021- Peches de Oficio de Consultas e Erros/Incidencias

Co fin de simplificar a xestión e evitar a acumulación de casos pendentes que non poden ser obxecto de resolución, a partir do  día 7-1-2021,   os tipos de caso Consulta e Erro/Incidencia pasarán ao estado Pechado- De oficio cando transcorran 20 días naturais dende que se encontren en estado Aberto- Solicitada Información sen que se achegase a información ou documentación solicitada. 

O peche do caso comunicarase mediante un correo electrónico enviado ao enderezo facilitado a través do Servizo de Consulta/Modificación de datos de contacto.


12/02/2021-Apertura de novos trámites SE Fogar

No servizo para a atención ao Autorizado RED "CASIA (Coordinación, Atención e Soporte Integral ao Autorizado RED)" incluíronse dous novos trámites con Materia Afiliación, altas, baixas, Categoría Var. datos traballadores SE Fogar. Os trámites son: 

  • Cambio Contrato efectos retroactivos
  • Cambio Nº horas/mes efectos retroactivos

08/03/2021- Aviso Peche CASIA

Por labores de mantemento e actualización da aplicación, o Servizo de Atención e Soporte ao Autorizado (CASIA) permanecerá pechado dende as 19.00 horas do luns 8 de marzo ata primeira hora da mañá do martes 9 de marzo.

11/03/2021- Novidades CASIA

  • Apertura de Materia Recadación:

Abriuse a Materia Recadación dentro da listaxe de materias dispoñibles en Casia. Como consecuencia, reclasificouse o trámite de Achegar documentación acreditativa de Actualizacións fóra de prazo de Liquidacións a “Recadación”. Esta reclasificación só afecta aos casos que se abran a partir de agora, os casos que xa estean abertos non se verán afectados. O catálogo de trámites de recadación irase ampliando paulatinamente. 

É moi importante que se respecte a catalogación correcta de cada un dos trámites para que estes sexan atendidos pola Unidade de Atención competente. 

  • Novos subestados dentro do Estado Pechado: Creáronse 4 novos subestados dentro do Estado Pechado aplicables unicamente aos casos de tipo Trámite xa que servirán para informar do sentido da resolución sobre o fondo do asunto formulado na solicitude:  Estimado, estimado parcial, desestimado, inadmitido.


12/03/2021- Aviso Peche Casia

Por labores de mantemento e actualización, o Servizo de Atención e Soporte ao Autorizado (CASIA) permanecerá pechado o domingo 14 de marzo dende as 08.00 ata as 12.00 horas.

01/07/2021- Novas Funcionalidades CASIA

No servizo CASIA incluíronse tres novas funcionalidades:

  • Apertura de Casos con orixe TGSS.
  • Apertura de Consultas de Materia Recadación.
  • Peche de Oficio de Trámites

Todas as novidades se incorporaron ao Manual para a utilización do Servizo CASIA dispoñible na páxina web.


08/03/2022- Apertura Trámite Afiliación e Consultas Recadación

Apertura Trámite Afiliación e Consultas Recadación

Comunícase que xa se encontra dispoñible en Casia o trámite para achegar documentación que acredite a condición de Entidades sen ánimo de lucro a que se fai referencia no Boletín de Noticias REDE 3/2022.
Abríronse dentro da Materia Recadación dúas categorías específicas para realizar consultas ou comunicar erros/incidencias relativos ao Procedemento de Rectificacións de liquidacións fóra de prazo iniciadas de oficio.

11/02/2022- Novidades na Inadmisión de casos Tipo Trámite

Novidades na Inadmisión de casos Tipo Trámite.

A partir do 10 de febreiro coa Inadmisión dun Trámite xérase unha comunicación administrativa de Inadmisión do Trámite que estará dispoñible dentro do propio caso CASIA na que se explicará o motivo de Inadmisión do trámite e especificarase a vía correcta de realización do trámite ou de presentación da solicitude requirida.


05/11/2021- Aviso Peche CASIA

O Servizo de Atención e Soporte ao Autorizado (CASIA) permanecerá pechado por labores de mantemento e actualización da aplicación a partir das 18:30 horas do venres 05-11-2021. Estará operativo novamente a partir das 15:00 horas do sábado 06-11-2021, horario peninsular.

18/07/2022- Novos Trámites Casia

Novos Trámites Casia

No servizo para a atención ao Autorizado RED “CASIA (Coordinación, Atención e Soporte Integral ao Autorizado RED)” incluíronse os seguintes trámites novos:

  • Materia Afiliación, altas e baixas: as variacións de datos indicadas poderanse solicitar mediante Casia unha vez transcorrido o prazo dispoñible en RED para a súa comunicación:
    • Grupo de cotización
    • Categoría Profesional
    • Relación Laboral de Carácter Especial
    • Exclusión cotización
    • Relevo
    • Causa substitución
    • Inactividad_CTP_Actividad Huelga/ERE
    • Situacións Adicionais de Afiliación
    • Perda de Beneficios
    • Outros Datos da Relación Laboral
    • Solicitude de Comunicación de ERTE Fóra de Prazo RED.
  • Amplíase tamén o catálogo Casia aos seguintes trámites que non se poden realizar a través das funcionalidades do Sistema RED:
    • Solicitude de Anotación de Salarios de Tramitación
    • Solicitude de Distribución de topes de cotización en pluriemprego.
  • Suprimíronse os seguintes Trámites relativos a ERTE existentes ata agora:
    • ERTE e situacións Especiais 406
    • Achegar documentación da Existencia de ERTE


18/10/2022- Novo Trámite Casia

Novo Trámite Casia

No servizo para a atención ao Autorizado RED “CASIA (Coordinación, Atención e Soporte Integral ao Autorizado RED)” incluíuse o seguinte trámite:

  • Var. Datos Cobertura Continxencias

O devandito trámite estará dispoñible en Inscrición de Empresas, Categoría Variación de datos (para todos os Réximes agás 0138) e Categoría Variación datos Empregadores S.E. Fogar (só para Réxime 0138), esta última tamén de nova creación.


Complementary Content
${loading}