Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Convenio especial durante a situación de alta especial como consecuencia de folga legal ou peche patronal.

Procedemento

Procedemento de solicitude do Convenio especial durante a situación de alta especial como consecuencia de folga legal ou peche patronal

Información Xeral


Obxecto:

O obxecto deste Convenio Especial será o de completar as bases de cotización correspondentes ás continxencias de invalidez permanente, morte e supervivencia, derivadas de enfermidade común e accidente non laboral, xubilación e servizos sociais durante o período de folga legal ou peche patronal legal.

Beneficiarios:

Traballadores que se atopen en situación de alta especial como consecuencia de folga legal ou peche patronal.

Impreso:

Modelo TA-0040

Documentación:
  • Orixinal e copia do: Documento Nacional de Identidade,Tarxeta de Estranxeiro ou Pasaporte, segundo o caso.
  • Certificado da empresa na que conste o período da folga legal ou peche patronal, e base de cotización diaria do mes natural anterior.
Onde tramitalo:

Ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente ao domicilio do solicitante. Se dispón de certificado dixital pode acceder á Sede Electrónica e remitir telematicamente o modelo de solicitude e a documentación requirida a través do trámite Alta en Convenio Especial, situado na Sede Electrónica da Seguridade Social.

Prazos:

90 días seguintes á finalización da folga legal ou do peche patronal.

Efectos:

Producirá efectos desde o día que se inicia a situación de alta especial e mentres se manteña esta situación.

Máis información sobre efectos

Requisitos:

Non será esixible a acreditación do período de cotización previo á solicitude do mesmo.

Outros datos de interese:
Complementary Content
${loading}