Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Convenio especial dos traballadores de tempada en períodos de inactividade e para os comprendidos nos sistemas especiais de froitas e hortalizas e conservas vexetais do Réxime Xeral da Seguridade Social.

Procedemento

[D] 

Procedemento do Convenio especial dos traballadores de tempada en período de inactividade e para os comprendidos nos sistemas especiais de froitas e hortalizas e conservas vexetais do réxime xeral da Seguridade Social.

Información xeral


Obxecto:

O obxecto deste Convenio Especial é a cobertura da Incapacidade Permanente, Morte e Supervivencia derivadas de continxencias comúns, Xubilación, Servizos Sociais e Asistencia Sanitaria

Beneficiarios:
  • Os traballadores por conta allea incluídos nalgún dos Réximes do Sistema polo exercicio de traballos de tempada levados a cabo nunha actividade que teña ese carácter, polo período que medie entre dúas tempadas consecutivas.
  • Os traballadores de tempada que presten servizos en empresas dedicadas ás actividades de manipulación, envasado e comercialización de froitas e hortalizas e de fabricación de conservas vexetais, incluídos nos Sistemas Especiais de Froitas e Hortalizas e de Conservas Vexetais do Réxime Xeral da Seguridade Social, que causen baixa neste.

Máis información sobre beneficiarios

Impreso:

Modelo TA-0040

Documentación:
  • Documento Nacional de Identidade, Tarxeta de Estranxeiro ou Pasaporte, segundo o caso. 
  • Certificado da empresa acreditativo da data de cesamento no traballo.
  • E o Certificado esixido aos traballadores  procedentes de desemprego contributivo.
Onde tramitalo:

Ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente ao domicilio do solicitante. Se dispón de certificado dixital  pode acceder á Sede Electrónica e remitir telematicamente o modelo de solicitude e a documentación requirida a través do trámite Alta en Convenio Especial, situado no Rexistro Electrónico de Solicitudes.

Prazos:
  • No mes natural seguinte ao cesamento do traballo de tempada,
  • Ao esgotamento da prestación económica contributiva por desemprego.
  • No transcurso do período de sesenta días de subsidio de desemprego dos traballadores fixos descontinuos con dereito a cotización pola continxencia de xubilación.

Máis información sobre prazos

Efectos:

Producirá efectos dende o día natural seguinte a aquel en que producise efectos a baixa no réxime de procedencia ou se extinguisen as prestacións citadas.

Máis información sobre efectos

Requisitos:
  • Presentar a solicitude nos prazos indicados.
  • Acreditar cotizacións como traballador de tempada, polo menos durante tres anos ou tres campañas completas dentro dos sete anos inmediatamente anteriores á data do cesamento no traballo ou esgotamento das prestacións indicadas no apartado relativo á solicitude.

Máis información sobre requisitos

Extinción:

Causas de extinción:

  • Por adquirir o interesado a condición de pensionista de xubilación ou incapacidade permanente.
  • Por falecemento do interesado.
  • Por falta de aboamento das cotas correspondentes a tres mensualidades consecutivas ou cinco alternativas.
  • Por quedar o interesado comprendido no campo de aplicación dalgún Réxime que teña establecido cómputo recíproco de cotizacións co Réxime Xeral da Seguridade Social.
  • Por decisión do interesado debidamente comunicada á Tesourería Xeral da Seguridade Social
Outros datos de interese:
Complementary Content
${loading}