Valore este contenido
Procedemento de solicitude do Convenio especial durante a situación de alta especial como consecuencia de folga legal ou peche patronal
A continuación preséntase o procedemento xeral
Quen pode solicitalo?
Os traballadores que se atopen en situación de alta especial como consecuencia de folga legal ou peche patronal.
Cando ten que ser presentado?
Nos 90 días seguintes á finalización da folga legal ou peche patronal.
Que trámites se teñen que realizar?
Deberán presentar o Modelo TA-0040.
Onde se tramita?
Vía Presencial:
Ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente ao domicilio do solicitante.
Vía telemática:
A través da Sede Electrónica, se dispón dun certificado dixital.