Para os traballadores que se despracen a exercer a actividade a Francia e sexa aplicable o artigo 17 do Regulamento 1408/1971 ou o artigo 16 do Regulamento 883/2004, débese achegar o "cuestionario CLEISS" cuberto na súa totalidade.
Modelo de solicitude TA.300
TA.300:
Este modelo cubrirase cando un empresario envíe algún dos seus traballadores a realizar a actividade temporalmente noutro país e en aplicación das normas internacionais de Seguridade Social poida ser de aplicación a lexislación española de Seguridade Social. E igualmente o traballador por conta propia que se traslade temporalmente a realizar a súa actividade a outro país e poida seguir mantendo a súa alta no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia de acordo coa norma internacional aplicable. Tamén se cubrirá no suposto de realizar a actividade por conta allea ou propia simultánea ou alternativamente en varios países da Unión Europea, Espazo Económico Europeo e Suíza.
Se dispón de certificado dixital ou Cl@ve permanente pode acceder ao servizo da Sede Electrónica Solicitude Traballadores Desprazados. Modelo TA 300 para xestionar telematicamente a súa solicitude, por rexistro electrónico.
Cando se trate da aplicación dos Convenios bilaterais, do Convenio Multilateral Iberoamericano ou do Convenio Europeo será necesario achegar o formulario correspondente establecido para cada Convenio, en tres ou catro exemplares segundo se indica nas instrucións de cada formulario.
Documentos | Descarga | Fecha |
---|---|---|
51664 TA.300 |
|
23/04/2014 |