Solicitude de prestacións
As solicitudes de prestacións españolas e andorranas deberán dirixirse á institución competente do país no cal resida o interesado e terá eficacia nos dous países se se alega na solicitude ou se deduce da documentación presentada en exercicio dunha actividade profesional no outro país.
Se o interesado ou os seus causantes residen nun terceiro país, deberán dirixir a súa solicitude ao país (España ou Andorra) baixo a lexislación da cal aquel estivo asegurado por última vez.
En España:
-
o Centro de Atención e Información da Seguridade Social máis próximo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social) ou
-
as Direccións Provinciais do Instituto Social da Mariña, cando se trate de traballadores incluídos no Réxime especial dos Traballadores do Mar
En Andorra:
- á Caixa Andorrana de Seguretat Social.