Traballadores desprazados
Traballadores desprazados
Como norma xeral, os traballadores desprazados están sometidos á lexislación de Seguridade Social do país en cuxo territorio estean a exercer a súa actividade laboral. Agora ben, se se trata dun traslado temporal poden manter a lexislación española de Seguridade Social nos termos e requisitos que se indican a continuación:
Aplícase aos traballadores de calquera nacionalidade.
Desprazamento Inicial
Os traballadores por conta allea que exercen a súa actividade nunha empresa española que os despraza aos Estados Unidos para realizar a súa actividade alí temporalmente han solicitar ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou administracións dela a expedición do correspondente certificado de desprazamento.
Os traballadores por conta propia non poden acollerse ao disposto neste apartado para que nos seus desprazamentos aos Estados Unidos superiores a 90 días poidan manter a lexislación española de Seguridade Social. Así e todo, poden realizar a súa solicitude de acordo co establecido no apartado "Outras excepcións".
Formulario que hai que tramitar
A empresa efectuará a súa solicitude mediante o modelo TA.300 "Solicitude de información sobre a lexislación de Seguridade Social aplicable" e acompañará o formulario E/USA-1 "Certificación relativa á lexislación aplicable" cuberto en triplicado exemplar.
O formulario expedido pola Dirección Provincial ou Administración correspondente certifica que o traballador continúa sometido á lexislación española de Seguridade Social durante o seu desprazamento nese país e, en consecuencia, está exento de cotizar á Seguridade Social estadounidense.
Para os desprazamentos dos artistas do Réxime Xeral ou Autónomos en xira polos Estados Unidos, cuxo período de actividade nese país non supere os noventa días, expedirase o formulario E/USA-1 A, exclusivo para persoas que realicen esta actividade por un período inferior ao citado.
Período que hai que autorizar
O prazo máximo de duración do desprazamento é de cinco anos.
Prórroga ordinaria
Se os traballadores por conta allea deben prolongar a súa estancia nese país máis alá dos cinco anos inicialmente previstos, o empresario deberá solicitar con suficiente antelación á finalización do período autorizado, a prórroga do mantemento da lexislación española de Seguridade Social ante a Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
Formulario que hai que tramitar
A solicitude de prórroga deberá efectuarse no modelo TA.300 "Solicitude de información sobre a lexislación de Seguridade Social aplicable e achegarase o formulario E/USA.1". Certificado de lexislación aplicable.
A Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, logo de acordo entre o empregador e traballador, expedirá o formulario E/USA.1 sen o consentimento da Seguridade Social americana.
Período que se autoriza.
O prazo máximo da prórroga é de dous anos.
Outros Desprazamentos
Direccións Provinciais ou Administracións da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
Serán os órganos competentes para autorizar os desprazamentos relativos a:
- Persoal itinerante das empresas de transporte aéreo con sede en España que exerce a actividade nos dous países.
- Tripulación de buques con bandeira española.
A autorización expedirase a través do modelo E/USA-1 , "Certificación relativa á lexislación aplicable". A empresa, xunto a este formulario cuberto en triplicado exemplar, acompañará a solicitude |TA -300.
Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED.
Para os desprazamentos de:
- Españois que exercen a súa actividade nas Misións Diplomáticas ou Oficinas consulares de España nos Estados Unidos ou noutros Organismos dependentes do Goberno español.
A Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED da Tesouraría Xeral expedirá, a petición do Organismo Público de envío, o formulario E/USA-1
Outras excepcións
A tramitación das solicitudes doutras excepcións é levada a cabo pola Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
A empresa ou traballador por conta propia efectuarán a súa solicitude mediante o modelo TA.300; "Solicitude de información sobre a lexislación de Seguridade Social aplicable".
Dada a conformidade por parte da Seguridade Social dos Estados Unidos, a Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED da Tesouraría Xeral da Seguridade Social expedirá o formulario E/USA.1, que acredita que o traballador continúa sometido á Seguridade Social española durante o período que foi autorizado.
A tramitación das solicitudes relativas aos traballadores dos medios de comunicación realízase ante a Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED da Tesouraría Xeral, que expedirá o formulario E/USA.1. O período máximo para estes desprazamentos é de nove anos.
Para os traballadores autónomos que exercen a súa actividade en ambos os dous países e que só están sometidos á lexislación española por ter residencia en España, será emitido pola Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED da Tesouraría Xeral da Seguridade Social o formulario E/USA.1, durante os seus desprazamentos ao outro país sen límite de tempo pero sempre e cando non estean obrigados a ter residencia nos Estados Unidos.