Solicitude de prestacións
Solicitude de prestacións
As solicitudes de prestacións españolas e australianas deberán dirixirse á Institución competente do país onde resida o interesado e terán eficacia nos dous países se se alega na solicitude ou se deduce da documentación presentada, que existe ou existiu unha afiliación á Seguridade Social en ambos os países.
Cando se solicite unha pensión australiana desde España, o interesado debe ahcegar, xunto coa solicitude, os formularios AUS-140 e MOD (IA). Para máis información, poden dirixirse a www.centrelink.gov.au > Overseas Claim Forms.
En España:
-
Centro de atención e información da Seguridade Social máis próximo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social) ou
-
direccións provinciais do Instituto Social da Mariña, cando se trate de traballadores incluídos no réxime especial de traballadores do mar.
En Australia:
-
Centrelink International Services (www.centrelink.gov.au)