Que novidades podo encontrar en Importass?
Ata agora dende o portal podías consultar e descargar o informe da túa vida laboral, realizar os teus trámites se es autónomo ou tes unha persoa empregada no teu fogar, coñecer e pagar as túas débedas e modificar os teus datos persoais.
Agora tamén poderás:
- Ademais de consultar on line a túa vida laboral, visualizar as túas bases de cotización e descargar os informes.
- Ver o detalle da túa alta na Seguridade Social se es traballador autónomo.
- Consultar máis información sobre a túa cotización se es traballador por conta allea.
- Recibir avisos na túa Área Persoal.