O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións asumirá a Xestión das pensións de clases pasivas a partir de 6 de outubro
Con efectos do 6 de outubro de 2020 o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións asumirá as competencias en materia de recoñecemento, xestión e proposta de pagamento das prestacións do Réxime de Clases Pasivas. Por conseguinte, calquera trámite ou xestión anterior ao 6 de outubro de 2020 relacionada cunha pensión ou prestación do réxime de Clases Pasivas do Estado será competencia da Dirección Xeral de Custos de Persoal, no caso de pensións causadas por funcionarios civís, ou da Dirección Xeral de Persoal-Área de Pensións do Ministerio de Defensa no caso de pensións causadas por persoal militar e garda civil.
Para obter información adicional existen as seguintes posibilidades:
- No portal de Clases Pasivas poderá obter información detallada e actualizada das pensións do Réxime do Clases Pasivas do Estado. Así mesmo, poderá obter os formularios para solicitar tales prestacións, coñecer a normativa que as regulamenta, os enderezos e teléfonos dos distintos puntos de contacto, así como informarse sobre o procedemento administrativo que se segue para o seu recoñecemento ou calcular o importe da súa futura pensión, se é un funcionario próximo a xubilarse. Tamén poderá formular unha consulta sobre Clases Pasivas no apartado “Atención ao pensionista” dentro da pestana “Pensionistas”.
- Na páxina web do Ministerio de Defensa, poderá obter información detallada e actualizada sobre as pensións do Réxime do Clases Pasivas do Estado causadas por persoal militar e garda civil, obter os formularios para solicitar tales prestacións, coñecer a normativa que as regulamenta, os enderezos e teléfonos de contacto, así como informarse sobre o procedemento administrativo que se segue para o seu recoñecemento ou calcular o importe da súa futura pensión, se é persoal próximo a retirarse. Tamén poderá formular a súa consulta sobre Clases Pasivas militares no Servizo de información, cuxos datos de contacto aparecen na citada ligazón: “Apartado CONTACTO”.
- Na Sede electrónica da Dirección Xeral de Custos de Persoal e na Sede electrónica do Ministerio de Defensa, poderá acceder a servizos electrónicos e á solicitude electrónica de prestacións de Clases Pasivas.
Normativa aplicable:
- Real Decreto 2/2020, do 12 de xaneiro, polo que se reestruturan os departamentos ministeriais, que crea o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións ao que se atribúe a competencia en materia de Seguridade Social e de Clases Pasivas do Estado.
- Real Decreto 497/2020, do 28 de abril, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, no que se establece un proceso gradual para a asunción da competencia nesta materia.