A Sede transformouse nun portal que che permite autenticarte e manter a túa identificación para acceder aos servizos. Podes acceder dende a cabeceira ou ao entrar nalgún dos servizos.
Dependendo do trámite que queiras realizar pedirémosche que te identifiques cun medio que garanta un determinado nivel de seguridade para a túa propia protección.
Existen catro niveis de seguridade clasificados do 0 ao 3. Poderás visualizar o nivel requirido na figura que, en forma de cadeado, se sitúa ao lado da denominación de cada servizo electrónico. O cadeado amosarase aberto cando te identifiques cun medio que garanta ese nivel de seguridade. Se algún servizo precisa un nivel superior permitirache logarte de novo co tipo de acceso necesario.
Nivel 0 | Non require identificación previa |
|
Nivel 1 | Vía SMS Clave PIN (nivel básico ou avanzado) Cl@ve Permanente (nivel básico ou avanzado) Cl@ve Permanente (nivel avanzado) + SMS de reforzo (OTP) Certificado electrónico/DNIe |
|
Nivel 2 | Clave PIN (nivel avanzado) Cl@ve Permanente (nivel avanzado) Cl@ve Permanente (nivel avanzado) + SMS de reforzo (OTP) Certificado electrónico/DNIe EU Login |
|
Nivel 3 |
Cl@ve Permanente (nivel avanzado) + SMS de reforzo (OTP) Certificado electrónico/DNIe |
Os servizos están organizados alfabeticamente por niveis de seguridade e hai dous modos de visualización: acordeón ou tarxetas.
Algúns servizos son ligazóns externas a outros portais que pedirán a autenticación necesaria no portal de destino.