Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Glosario

Os menores de 18 anos, ou maiores con discapacidade igual ou superior ao 65 %, e foran abandonados polos seus pais, sempre que non se atopen en réxime de acollemento familiar, poden ser beneficiarios da asignación económica por fillo ou menor acollido a cargo.

Enténdese por accidente de traballo toda lesión corporal que o traballador sufra con ocasión ou por consecuencia do traballo que execute por conta allea. No traballo por conta propia dos Réximes Especiais de traballadores Autónomos e de traballadores do Mar, entenderase coma accidente de traballo o ocorrido como consecuencia directa e inmediata do traballo que realiza pola súa propia conta e que determina a súa inclusión no campo de aplicación do réxime especial. A lei establece, ademais, diversas consideracións e presuncións para determinar o concepto de accidente de traballo.

Lesión ou alteración da saúde derivada de accidente sempre que este non sexa consecuencia do traballo realizado. Correspóndelle a acción protectora na mesma forma que na enfermidade común, sen esixencia de período previo de cotización, salvo para acceder a pensións de incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez, ou de morte e supervivencia, dende situacións de non-alta.

Posibilidade de exercicio dun dereito subxectivo público, anterior ao proceso, a unha tutela xurisdicional específica, e referido a un interese xurídico concreto, que conceden as leis para pedir a intervención dos órganos competentes do Poder Xudicial.

En Dereito comunitario, medidas dirixidas a un grupo determinado, coas que se pretende suprimir e previr unha discriminación ou compensar as desvantaxes resultantes de actitudes, comportamentos e estruturas existentes (denominadas, ás veces, “discriminación positiva”).

(A Sentenza do Tribunal Constitucional 28/1992, intenta deslindar as accións positivas das medidas protectoras, afirmando ao respecto que "a prohibición da discriminación por razón de sexo admite a existencia de medidas singulares a favor da muller, que traten de corrixir unha situación desigual de partida, como son as medidas de acción positiva ou similares, pero ao mesmo tempo, esixe a eliminación, en principio, das normas protectoras do traballo feminino, e que poden supoñer un obstáculo para o acceso real da muller ao emprego en igualdade de condicións de traballo cos varóns". Deste modo, dáse entrada a unha concepción da igualdade que permite tratamentos razoablemente desiguais para conseguir a igualdade efectiva, considerando que a formal xa se conseguiu).

Comprende o conxunto de prestacións, en cartos ou en especie, que o Sistema da Seguridade Social establece para prever, reparar ou superar os estados de necesidade nacidos ou derivados das continxencias ou situacións sufridas polos suxeitos protexidos e determinadas na Lei.

Recursos económicos achegados polo Estado previstos na lei e incluídos nos presupostos xerais de cada exercicio para financiar aqueles gastos que legalmente así se establecese.

As que cada Mutua colaboradora coa Seguridade Social efectúa para o sostemento dos Servizos Comúns e Sociais da Seguridade Social e que a Tesouraría Xeral da Seguridade Social deduce ao transferir a cada Mutua a recadación das cotas mensuais que lle corresponden. Determínase mediante a aplicación a estas cotas dun coeficiente que anualmente fixa o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
As empresas colaboradoras ingresan estas achegas xunto coas cotas.

Institución que ten coma fin a protección necesaria para a garda dos menores en situación de desamparo, ou por solicitude de pais e titores, en circunstancias graves. É unha das situacións protexidas, mediante os subsidios por maternidade e paternidade, durante os períodos de descanso que con motivo do acollemento gocen os traballadores, aboándose o equivalente ao 100 % da base reguladora. Protéxese tanto a garda con fins de adopción como o acollemento familiar e permanente e, nalgúns casos, o temporal, sempre que, neste último caso, a súa duración non sexa inferior a un ano, e aínda que os devanditos acollementos sexan provisionais.

Documento polo que a Inspección de Traballo e Seguridade Social inicia o procedemento sancionador no que se constatan os feitos e fundamentos de dereito en que se basea a sanción, cuxo importe tamén se indica, derivada do incumprimento de normas laborais ou de seguridade social. As Actas de Infracción gozan da presunción de legalidade, polo que quen se opón a elas debe probalo, xa que se inverte a carga da proba.

Documento polo que a Inspección de Traballo e Seguridade Social inicia a tramitación de expedientes liquidatorios por débedas á Seguridade Social nos supostos en que legalmente proceden. As Actas de liquidación gozan da presunción de legalidade, polo que quen se opón a elas debe probalo, xa que se inverte a carga da proba.

Acto xurídico polo que se concede a patria potestade sobre un menor, creando vínculos xurídicos de parentesco análogos á filiación.

Acto administrativo da Tesourería Xeral da Seguridade Social polo que se realiza a incorporación ao Sistema da Seguridade Social dun suxeito protexido, o que o converte en titular de dereitos e obrigas co mesmo. En xeral, solicítase polo empregador para os traballadores por conta allea e polo propio traballador se o é por conta propia. Dá lugar á asignación do Número de Afiliación, de carácter vitalicio e único para todo o Sistema.

Ata que o incapacitado permanente faga os 65 anos, (agás que a causa da incapacidade proveña de enfermidade profesional), a Administración, o interesado, as entidades colaboradoras ou os empresarios responsables das prestacións, poden promover a revisión por agravación do estado incapacitante, conforme ao procedemento establecido.

Alta que se produce por chegar a coñecemento da TGSS a existencia dunha persoa que debendo figurar en alta no sistema, por cumprir os requisitos, non o está.

Os traballadores por conta allea e asimilados, incluídos no campo de aplicación dos réximes do Sistema da Seguridade Social, consideraranse, de pleno dereito, en situación de alta nos mesmos, a efectos de accidentes de traballo e enfermidades profesionais e desemprego, aínda que o seu empresario tivese incumprido as súas obrigas ao respecto. Igualmente se aplica para os exclusivos efectos da asistencia sanitaria por enfermidade común, maternidade, risco durante o embarazo e accidente non laboral. También se denomina a este tipo de alta como "alta presunta".

A que ten lugar en supostos de folga, peche patronal e outras situacións que poidan determinarse e ten os efectos que fixe a norma que establecese este tipo de alta.

A que establece a primeira relación do traballador co Sistema da Seguridade Social.

Declaración médica, mediante o parte médico de alta, nas situacións de incapacidade temporal, tras o recoñecemento do traballador, que establece a plena aptitude para o traballo ou a alta con proposta de invalidez. O parte médico de alta é expedido polo facultativo do Servizo Público de Saúde, do INSS ou da Mutua colaboradora coa Seguridade Social (en caso de continxencias profesionais). Ata o cumprimento da duración máxima de 365 días dos procesos de incapacidade temporal, tanto o INSS como o ISM poderán emitir unha alta médica para todos os efectos. Unha vez esgotado o prazo máximo de duración da incapacidade temporal (365 días), o INSS e o ISM son os únicos competentes para emitir a alta médica, recoñecer a situación de prórroga cun límite de 180 días máis ou determinar a iniciación dun expediente de Incapacidade Permanente.

Comunicación á Tesourería Xeral da Seguridade Social da incorporación dun traballador a unha actividade que o converte nun suxeito protexido do Sistema de Seguridade Social.

A que se produce cada vez que o traballador reinicia a súa actividade laboral nunha ocupación que obriga á inclusión no Sistema da Seguridade Social.

As Entidades xestoras, Mutuas colaboradoras coa Seguridade Social ou, se é o caso, os Servizos comúns procederán de acordo coas súas respectivas competencias ao pagamento das prestacións aos beneficiarios nos casos de incumprimento en materia de afiliación, altas, baixas e cotización determinados regulamentariamente, coa conseguinte subrogación nos dereitos e accións de tales beneficiarios; o indicado pagamento procederá, aínda cando se trate de empresas desaparecidas ou daquelas que pola súa especial natureza non poidan ser obxecto de procedemento de constrinximento. Igualmente, as mencionadas Entidades, Mutuas e Servizos asumen o pagamento das prestacións, na medida na que se atenúe o alcance da responsabilidade dos empresarios respecto a este pagamento.

O anticipo das prestacións non poderá exceder en ningún caso da cantidade equivalente a dúas veces e media o importe do indicador público de renda de efectos múltiples vixente no momento do feito causante ou, se é o caso, do importe do capital custo necesario para o pagamento anticipado, co límite indicado polas Entidades xestoras, Mutuas ou Servizos.

Resolución administrativa de carácter discrecional instada por un suxeito responsable pola que a Tesourería Xeral da Seguridade Social pode conceder o aprazamento ou fraccionamento no pagamento de calquera tipo de débedas coas Entidades Xestoras ou Servizos Comúns da Seguridade Social, agás as de cotas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, en todo caso, e as achegadas polos traballadores cando o suxeito responsable do ingreso sexa o empresario.

É aprazamento ordinario o solicitado dentro dos vinte primeiros días naturais do prazo regulamentario e o suxeito responsable non pode realizar o ingreso neste prazo. É extraordinario en calquera outra circunstancia.

Prestación familiar, de modalidade non contributiva, de carácter económico, que se recoñece en determinadas condicións, por cada fillo menor de 18 anos ou, cando sendo maior da devandita idade, está afectado por unha discapacidade, nun grao igual ou superior ao 65 por 100, a cargo do beneficiario, calquera que sexa a natureza legal da filiación daquel, así como polos menores ao seu cargo en réxime de acollemento familiar permanente ou garda con fins de adopción.

Resolución contida na Orde do 25-6-63 pola que se asimilaron as categorías profesionais existentes naquela data nas distintas Regulamentacións de Traballo aos Grupos de Cotización establecidos no Decreto 56/1963, do 17 de xaneiro (BOE  |Nº.  17). Cando por convenio colectivo ou por norma se crea unha categoría profesional solicítase e obtense desta Tesourería Xeral a asimilación adecuada.

Servizo prestado por un asistente persoal que realiza ou colabora en tarefas da vida cotiá dunha persoa en situación de dependencia, para fomentar a súa autonomía persoal.

 

 Garantirase a asistencia sanitaria con cargo a fondos públicos, a través do Sistema Nacional de Saúde ás persoas que ostenten a condición de asegurado ou beneficiario. Considéranse asegurados as persoas que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

- Ser traballadores por conta propia ou allea, afiliados á Seguridade Social e en alta ou situación asimilada

- Ostentar a condición de pensionistas do sistema da Seguridade Social

- Ser perceptores de prestacións periódicas, incluída a prestación e o subsidio de desemprego

- Ter esgotado a prestación ou o subsidio de desemprego e atoparse en situación de  desemprego, non acreditando a condición de asegurado por ningún outro título.

 

 Aínda que non se cumpran ningún destes supostos, as persoas de nacionalidade española ou dalgún Estado membro da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou de Suíza que residan en España e os estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español, poderán ostentar a condición de asegurado sempre que acrediten que non obteñen ingresos superiores a 100.000€ en cómputo anual.

 

 Pola súa parte, terán a condición de beneficiarios dun asegurado, sempre que residan en España, o cónxuxe ou persoa con análoga relación de afectividade, que deberá acreditar a inscrición oficial correspondente, o ex cónxuxe a cargo do asegurado, así como os descendentes e persoas asimiladas a cargo do mesmo que sexan menores de 26 anos ou que teñan unha discapacidade en grao igual ou superior ao 65%.

 

 Ademais, os estranxeiros non rexistrados nin autorizados como residentes en España, recibirán asistencia sanitaria nas seguintes modalidades:

a) De urxencia por enfermidade grave ou accidente, calquera que sexa a súa causa, ata a situación de alta médica.

b) De asistencia ao embarazo, parto e posparto.

 

 En todo caso, os estranxeiros menores de dezaoito anos recibirán asistencia sanitaria nas mesmas condicións que os españois.

Asistencia Sanitaria prestada por entidades públicas ou privadas en virtude de concerto cos Organismos da Administración de Seguridade Social e aprobados polos Departamentos Ministeriais competentes.

Dereito a participar gratuitamente nos preitos laborais e de Seguridade Social por parte dos traballadores, beneficiarios, Entidades Xestoras e outras persoas, nos termos recoñecidos polas leis.

Obriga da Administración de permitir ao interesado que poida efectuar alegacións na súa defensa. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, ponse de manifesto o expediente ao interesado para que poida efectuar as súas alegacións e presentar os documentos e xustificantes que estime pertinentes, nun prazo non inferior a dez días nin superior a quince. Nalgúns casos, o dereito a determinadas informacións ou datos contidos no expediente non pode ser exercido. Considérase realizado o trámite se, antes do vencemento do prazo, o interesado manifesta a súa decisión de non efectuar alegacións nin achegar novos documentos ou xustificacións e, así mesmo, poderase prescindir do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións e probas máis que as aducidas polo interesado.

Resolución dos Xuíces ou Tribunais que decide a admisión ou inadmisión dos recursos contra providencias, cuestións incidentais, presupostos procesuais, nulidade do procedemento ou cando as leis procesuais o establezan. Serán sempre fundados e conterán en parágrafos separados e numerados os feitos e fundamentos de dereito e a parte dispositiva, debendo firmalos o Xuíz ou o Maxistrado ou Maxistrados que o diten.

Traballador por conta propia, maior de 18 anos, que realiza de forma habitual, persoal e directa, unha actividade económica a título lucrativo, en territorio nacional, sen suxeición por ela a contrato de traballo e aínda que utilice o servizo remunerado doutras persoas, sexa ou non titular de empresa, actividade que lle obriga á inclusión no Sistema de Seguridade Social no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos.

Traballadores que realizan unha actividade económica ou profesional a título lucrativo e de forma habitual, persoal, directa e predominante para unha persoa física ou xurídica, denominada cliente, do que dependen economicamente por percibir del, polo menos, o 75% dos seus ingresos por rendementos de traballo e de actividades económicas ou profesionais.

Designa a calquera persoa ou órgano a quen a lei lle atribúe competencia en determinada materia, para cada Estado membro, o ministro, os ministros ou calquera outra autoridade correspondente da cal dependan, para o conxunto do territorio do Estado de que se trate, os réximes de Seguridade Social.

É unha das prestacións por morte e supervivencia, consistente nunha cantidade a tanto alzado de que para o ano 2012 ascende a  45,10 euros, actualizándose a partir dese ano conforme ao índice de prezos ao consumo (IPC), para facer fronte aos gastos de enterro a quen os soportase. Presúmese, agás proba en contrario, que estes gastos foron satisfeitos por esta orde: polo cónxuxe supervivente, o sobrevivente dunha parella de feito, fillos e parentes do falecido que convivisen con el habitualmente.

Auxilios económicos en atención a estados ou situacións de necesidade.

Declaración médica, mediante o parte médico de baixa, expedido polo facultativo do Servizo Público de Saúde, ou da Mutua colaboradora coa Seguridade Social, que determina a baixa no traballo e se é o caso, o dereito á prestación económica por incapacidade temporal. É o acto que orixina a iniciación de actuacións conducentes á declaración ou denegación do dereito ao subsidio.

Comunicación obrigatoria que debe facer o empresario cando un traballador cesa na empresa ou o traballador por conta propia cando este cesa na súa actividade profesional.

Cadro que recolle tanto as lesións, mutilacións e deformidades de carácter definitivo, causadas por accidente de traballo ou enfermidade profesional que, sen chegar a constituír unha incapacidade permanente, supoñen unha diminución ou alteración da integridade física do traballador, como as indemnizacións a tanto alzado que corresponden a cada unha delas.

Cadro de valoracións de factores físicos, psíquicos ou sensoriais para a determinación dos graos de discapacidade ou enfermidade crónica, a efectos da pensión de invalidez (modalidade non contributiva), da asignación económica por fillo ou menor a cargo e doutras medidas de protección.

Son as cantidades sobre as que se aplican os tipos de cotización para a obtención das cotas da Seguridade Social, que os suxeitos responsables ingresan no Sistema e que constitúen o seu principal recurso económico.

É un dos factores que interveñen no cálculo das prestacións económicas da Seguridade Social e consiste en fixar unha contía ou obter un resultado a través dunha fórmula de cálculo, -determinada en función das bases polas que se efectuasen as cotizacións durante os períodos que se sinalan para cada prestación,- á que se aplican as porcentaxes sinaladas para cada unha das prestacións económicas, obtendo así o importe final a percibir polo beneficiario.

Importes mínimos e máximo entre os que han de estar, en todo caso, as bases de cotización para Continxencias Comúns, en función do grupo de cotización ao que corresponda a categoría profesional do traballador.

Traballadores, familiares dos mesmos, ou outras persoas determinadas na Lei ou nas normas regulamentarias, a quen corresponde unha prestación da Seguridade Social.

Este beneficio recollido na disposición adicional sesaxésima da Lei Xeral da Seguridade Social consiste en que para todos os efectos, agás para o cumprimento do período mínimo de cotización esixido, se computará como cotizado o período de interrupción da cotización, derivado da extinción da relación laboral ou da finalización do cobramento de prestacións de desemprego producidas entre os nove meses anteriores ao nacemento ou os tres meses anteriores á adopción ou acollemento permanente e a finalización do sexto ano posterior á devandita situación. A duración deste cómputo será de 112 días por cada fillo ou menor adoptado ou acollido. O devandito período irase incrementando anualmente ata alcanzar 270 días por fillo no ano 2019. Só se recoñecerá un dos proxenitores

Principio xeral do Dereito que debe rexer a actuación da Administración Pública e as relacións laborais de empresarios e traballadores. En xeral, os dereitos deben exercitarse conforme ás esixencias da boa fe.

A idade de xubilación rebáixase nun período equivalente ao que resulte de aplicar ao período de tempo efectivamente traballado en determinadas categorías e especialidades profesionais (pola súa perigosidade, toxicidade, insalubridade, discapacidade, |etc.), uns coeficientes conforme a escalas establecidas. (por exemplo, 10 anos como picador de minería do carbón permitirían rebaixar 5 anos, -coeficiente de 0,50-, a idade de 65 para poder xubilarse e, por tanto, o traballador causaría a pensión aos 60 anos reais ou 65 ficticios). Ademais, o período de tempo no que resulte rebaixada a idade do traballador, compútase como cotizado a efectos de determinar a porcentaxe aplicable á base reguladora da pensión.

Son deducións nas achegas por cotizacións sociais que resultan da aplicación de determinadas porcentaxes, para a corrección á baixa (minoracións) tanto de bases coma de tipos ou de cotas. Diferéncianse en:
Reducións: son medidas que pretenden a universalización efectiva, a unificación progresiva, ou establecer incentivos que favorezan a sostibilidade e os fins do Sistema de Seguridade Social. En canto ao financiamento, as reducións supoñen un menor ingreso para o Sistema de Seguridade Social, sen que exista ningunha aplicación presupostaria que as recolla ou as compense.
Bonificacións: son medidas de fomento do emprego que pretenden incentivar ou fomentar a actividade económica e o emprego con carácter xeral ou en determinados sectores, ou a contratación de determinados colectivos (ex. discapacitados) con independencia das funcións e fins da Seguridade Social. Respecto ao financiamento, as bonificacións de cotas teñen a súa contrapartida nunha partida correspondente no Presuposto de Gastos do Servizo Público de Emprego Estatal ou noutras partidas dos Presupostos Xerais do Estado

a) Decadencia ou perda do dereito á percepción das prestacións no prazo previsto para o efecto (un ano dende a notificación da concesión nas prestacións a tanto alzado e un ano nas prestacións periódicas dende o vencemento da mensualidade). O prazo non admite interrupción.
b) En materia de devolución de cotas: prazo de caducidade de catro anos, do dereito a esixir o pagamento unha vez recoñecido o dereito á devolución de ingresos indebidos (art. 44.3 do RGRSS).

Principio básico do sistema da Seguridade Social, declarado pola lei, que centraliza na Tesouraría Xeral da Seguridade Social a xestión da recadación dos recursos e o pagamento das obrigas do sistema e a custodia dos fondos, valores e créditos.

É a consideración do ámbito subxectivo ao que se estende o Sistema da Seguridade Social. Coa meta final que establece o artigo 41 da Constitución de «...un réxime público de Seguridade Social para todos os cidadáns...» o actual Sistema da Seguridade Social delimita o campo de aplicación de quen realiza unha actividade profesional nunha serie de Réximes.

O Réxime Xeral abrangue aos traballadores por conta allea ou asimilados das distintas ramas da actividade económica, ben sexan eventuais, de tempada ou fixos, aínda de traballo descontinuo e incluídos os traballadores a domicilio, sexa cal sexa a súa categoría profesional e a forma e contía da remuneración que perciban, agás os que desenvolvan unha actividade que dea lugar á súa inclusión nalgún dos seguintes Réximes Especiais que acollen, ademais, aos seus propios traballadores autónomos:  dos Traballadores do Mar;  para a Minaría do Carbón;  dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos. Con efectos do 1 de xaneiro de 2008, estableceuse un Sistema Especial para Traballadores por Conta Propia Agrarios dentro do RETA , no que quedan incluídos os traballadores por conta propia agrarios, maiores de 18 anos, que cumpran determinados requisitos.

Con efectos do 1 de xaneiro de 2012, os antigos réximes especiais de Empregados de Fogar e Agrario conta allea incorporáronse como Sistemas Especiais ao Réxime Xeral da Seguridade Social.

Así mesmo, o ámbito subxectivo esténdese, na modalidade non contributiva, a todos os españois residentes en territorio nacional.

Prestación económica non periódica, que se paga dunha soa vez, polas continxencias e situacións de necesidade determinadas regulamentariamente (lesións permanentes non invalidantes, incapacidade permanente parcial, indemnización especial a tanto alzado por falecementos a causa de accidentes de traballo ou enfermidades profesionais, |etc. ).

Aptitude para comparecer, actuar e intervir en actos procesuais ante os Xulgados e Tribunais de Xustiza. Habilita a quen a ten para poder actuar eficazmente no proceso.

Valor actuarial da pensións e demais prestacións económicas de carácter periódico da Seguridade Social derivadas tanto de continxencias comúns como de accidente de traballo e enfermidade profesionais, calculado segundo as bases técnicas aprobadas polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. O seu importe debe ser ingresado na Tesouraría Xeral da Seguridade Social polas correspondentes Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social, organismo ou empresario responsable"

Obriga que teñen as Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social e as empresas declaradas responsables no aboamento de pensións e demais prestacións económicas de carácter periódico da Seguridade Social derivadas tanto de continxencias comúns coma de accidente de traballo e enfermidade profesional, de ingresar o capital-custo na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, incluíndo os xuros de capitalización e as recargas que procedan.

Período mínimo de cotización esixido agás excepcións, entre outros requisitos, para ter dereito ás prestacións da Seguridade Social.

Recurso de carácter extraordinario mediante o cal se unifica a doutrina de sentenzas ditadas en suplicación polas Salas do Social dos Tribunais Superiores de Xustiza, cando sobre idéntica cuestión se ditaron sentenzas contraditorias entre si.

Recurso extraordinario contra as resolucións expresamente previstas e polos motivos sinalados na lei, que ten como finalidade o control da aplicación da lei feita polos tribunais de instancia e crear doutrina xurisprudencial, unificando criterios dispares, así como velar polo cumprimento das garantías constitucionais na tramitación dos procesos.
O Tribunal Supremo é quen coñece o Recurso de casación para a unificación de doutrina. Do Recurso de casación simple pode coñecer o Tribunal Superior de Xustiza cando a materia é dereito foral.

Persoa que sucedeu ou se subrogou por calquera título no dereito doutra ou outras.

Persoa de quen provén o dereito que alguén ten (dereitohabente ou causahabente).

Unidade produtiva con organización específica, que sexa dada de alta, como tal, ante a autoridade laboral. Na actividade de traballo no mar, considérase como centro de traballo o buque, entendéndose situado na provincia onde radique o seu porto de base.

Documento emitido polo empresario polo que se acredita o tempo traballado e as cotizacións efectuadas polo traballador.

Situación na que poden atoparse os traballadores autónomos e que foi obxecto dun sistema específico de protección, mediante unha prestación por cesamento de actividade, sempre que iso responda ás súas necesidades e preferencias, e que garante os principios de contributividade, solidariedade e sostibilidade financeira.

Finalización da relación laboral e xustificación da mesma documentalmente. Requisito necesario, conxuntamente con outros, para acceder ao dereito a algunhas prestacións da Seguridade Social.

Convocatoria realizada a unha persoa para que acuda ante a Seguridade Social ou ante calquera Organismo ou autoridade para realizar determinado trámite ou acto.

Código numérico que a Tesourería Xeral da Seguridade Social asigna aos empresarios e demais suxeitos responsables do pagamento de cotas ao Sistema da Seguridade Social. Correspóndese cos antigos números patronais e de inscrición.

Porcentaxe de redución da contía da pensión de xubilación, en determinados supostos, por cada trimestre que os traballadores, con idades inferiores á idade ordinaria de xubilación que en cada caso resulte aplicable, a anticipen, cun máximo de dous anos no caso da xubilación voluntaria e de catro no da involuntaria. A devandita porcentaxe varía en función do número de anos cotizados en toda a vida laboral e do número de trimestres de anticipación.

No caso dos traballadores con condición mutualista, a anticipación compútase por anos e aplícase a partir de chegar aos 60 anos.

Porcentaxe que, aplicado ao tipo ou porcentaxe de cotización, reduce a cota a ingresar á Seguridade Social. Aplícanse á cota íntegra de empresas excluídas dalgunha ou algunhas das continxencias ou situacións definidas normativamente ou de empresas autorizadas a colaborar voluntariamente na xestión da Asistencia Sanitaria e Incapacidade Temporal, derivadas de enfermidade común ou accidente non laboral, así como aos traballadores que subscriben Convenio Especial.

 

Prestación económica para os proxenitores, adoptantes, gardadores con fins de adopción ou acolledores con carácter permanente, naqueles casos en que ambos os dous traballen, para o coidado dun menor ao seu cargo afectado por cancro ou outra enfermidade grave que requira ingreso hospitalario de longa duración. Esixe unha redución de xornada de polo menos un 50 por cento para dedicarse ao coidado directo, continuo e permanente do menor. A prestación consiste nun subsidio equivalente ao 100 por 100 da base reguladora da incapacidade temporal derivada de continxencias profesionais, en proporción á redución da xornada de traballo.

Atención prestada a persoas en situación de dependencia no seu domicilio, por persoas da familia ou do seu ambiente, non vinculadas a un servizo de atención profesionalizada.

Os prestados por unha institución pública ou entidade, con e sen ánimo de lucro, ou profesional autónomo entre cuxas finalidades se atope a prestación de servizos a persoas en situación de dependencia, xa sexan no seu fogar ou nun centro.

É a participación na xestión asumida por empresarios ben en forma obrigatoria, como no pagamento delegado de determinadas prestacións (Incapacidade Temporal, Desemprego parcial, |etc.), ben en forma voluntaria, como a realizada en materia de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais polas Mutuas  Colaboradoras coa Seguridade Social ou a efectuada por empresarios que soliciten asumir a Asistencia Sanitaria e a Incapacidade Temporal e sexan autorizadas para iso por cumprir os requisitos establecidos.

En xeral, é a profesión demandada polo traballador e tamén aquela que se corresponda coa súa profesión habitual ou calquera outra que se axuste ás súas aptitudes físicas e formativas. En todo caso, enténdese por colocación adecuada a coincidente coa última actividade laboral desempeñada, sempre que a súa duración fose igual ou superior a tres meses.

Supervisan e controlan a aplicación dos acordos do Consello Xeral. Están integradas por nove vogais que representan a partes iguais (3) a Administración Pública, os Sindicatos e as Organizacións Empresariais.

Posibilidade legal de simultanear o cobro de dúas prestacións (por exemplo, viuvez con xubilación) ou o traballo por conta allea ou propia cunha prestación (así, traballo con pensión de viuvez).

a) É un medio para extinguir parcial ou totalmente débedas que os suxeitos obrigados teñan co Sistema e que se encontren en período voluntario de recadación neutralizándoas con créditos que lles fosen recoñecidos, liquidados e notificados e que estean orixinados por determinados dereitos regulamentariamente establecidos.
b) Forma de extinción total ou parcial das débedas coa Seguridade Social distintas de cotas e demais conceptos de recadación conxunta, con créditos recoñecidos, liquidados e notificados pola Administración da Seguridade Social a favor do debedor. É necesario para que se produza resolución do Director Xeral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Contía que se aboa ao pensionista de grande invalidez, destinada a que poida remunerar á persoa que lle atenda. O importe será o resultado de sumar o 45 por cento da base mínima de cotización vixente no momento do feito causante e o 30 por cento da última base de cotización do traballador, correspondente á continxencia da que se derive a situación de incapacidade. Este complemento non poderá ser inferior ao 45 por cento do importe da pensión sen o complemento.

Cantidade complementaria que se engade ao importe da pensión, na súa modalidade contributiva, cando non alcance o mínimo fixado legalmente, se o beneficiario non percibe rendas de capital ou traballo persoal, ou percibíndoas, non excedan da contía que se establece anualmente na Lei de Orzamentos Xerais do Estado.

Paridade na presenza de mulleres e homes de forma que, no conxunto a que se refira, as persoas de cada sexo non superen o sesenta por cento nin sexan menos do corenta por cento.

É o que adquire o solicitante ou beneficiario das prestacións por desemprego de buscar activamente emprego, aceptar unha colocación adecuada e participar en accións específicas de motivación, información, orientación, formación, reconversión ou inserción profesional para incrementar a súa ocupabilidade.

Totalización dos períodos de cotización en varios réximes da Seguridade Social e de Clases Pasivas, sempre que non se superpoñan, para a conservación e adquisición do dereito ás prestacións. En xeral, é a consideración conxunta das cotizacións efectuadas aos distintos Réximes públicos da Seguridade Social para o recoñecemento do dereito ás prestacións.
Tamén se poden totalizar os períodos traballados e cotizados nos distintos países da Unión Europea, a través da regra "pro rata temporis".

Unha das 3 Comunidades Europeas, a máis importante, creada polo Tratado de Roma de 25 de marzo de 1957, co nome inicial de Comunidade Económica Europea, á que España se adheriu en 1986, e que tras o Tratado de Maastricht se denominou Comunidade Europea, e hoxe Unión Europea, composta por 28 países.

Harmonización de responsabilidades laborais e familiares entre homes e mulleres, que configura un sistema que contempla as novas relacións sociais xurdidas (incorporación da muller ao traballo, entre outras) e un novo modo de cooperación e compromiso entre mulleres e homes, que permita un reparto equilibrado de responsabilidades na vida profesional e na privada. Inclúe importantes reformas lexislativas (permisos de maternidade, paternidade, excedencias laborais, redución de xornada, |etc.) e a necesidade de promover adicionalmente servizos de atención a persoas, nun marco amplo de política de familia.

Órgano superior colexiado, para a participación no control e vixilancia da xestión das Entidades Xestoras no que figuran 39 membros, por partes iguais, 13 representantes da Administración Pública, 13 dos  Sindicatos e 13 das Organizacións Empresariais.

Pode entenderse por continxencia o risco cuxa materialización provoca o estado de necesidade, protexible mediante a prestación de Seguridade Social correspondente.

As continxencias comúns son aquelas que non gardan relación co desempeño dunha actividade laboral, en tanto que as continxencias profesionais derívanse, directa ou indirectamente, do traballo. Así, a enfermidade común e o accidente non laboral inclúense entre as continxencias comúns, xa que aparecen sen relación algunha co traballo. O accidente de traballo e a enfermidade profesional pertencen ao grupo típico das continxencias profesionais, por estar asociadas ao desempeño dun traballo ou actividade. A partir da Lei de Igualdade efectiva de mulleres e homes, tamén teñen a consideración de continxencias profesionais os riscos durante o embarazo e durante a lactación natural, porque a súa existencia está asociada ao desempeño dun posto de traballo concreto e, fóra del, non habería risco.

É o que a empresa debe celebrar (simultaneamente ao celebrado a tempo parcial cunha persoa que se xubila parcialmente) cun traballador en situación de desemprego ou que tivese concertado coa empresa un contrato de duración determinada, co obxecto de substituír a xornada de traballo deixada vacante polo traballador que se xubila parcialmente. O contrato de relevo é obrigatorio para substituír os traballadores que se xubilasen parcialmente antes da idade que en cada caso resulte aplicable e potestativo se xa fixeron a devandita idade. O contrato debe axustarse, ademais, a determinadas particularidades legais.

É o que acorda a prestación de servizos durante un número de horas ao día, á semana, ao mes ou ao ano, inferior á xornada de traballo dun traballador a tempo completo comparable, entendido este coma un traballador a tempo completo da mesma empresa e centro de traballo, co mesmo tipo de contrato de traballo e que realice un traballo idéntico ou similar. O contrato de traballo pode concertarse por tempo indefinido ou por duración determinada.

En Dereito comunitario, todo instrumento bilateral ou multilateral que vincule ou poda vincular exclusivamente a dous ou varios Estados membros, así como todo instrumento multilateral que vincule ou poda vincular polo menos a dous Estados membros e a un ou varios outros Estados no campo da Seguridade Social, para o conxunto ou parte das ramas e réximes, así coma os acordos de calquera natureza concluídos no marco destes instrumentos.

En xeral, é un Acordo entre dous ou máis Estados, (e outros suxeitos de dereito internacional) para a conservación ou a adquisición dos dereitos en curso no outro país, xeralmente totalizando os períodos de seguro en cada un deles, e distribuíndo a carga das prestacións baixo a fórmula de pro rata, é dicir, en proporción aos tempos cotizados en cada país.

Acordo subscrito entre a Tesourería Xeral da Seguridade Social (ou, no seu caso, o Instituto Social da Mariña) e os traballadores que causen baixa no seu Réxime da Seguridade Social e non queden comprendidos en calquera outro do Sistema que teña establecido con aquel o cómputo recíproco de cotizacións. Os titulares de Convenio Especial están en situación asimilada á alta, coa cotización ao seu exclusivo cargo e con coeficiente redutor por ser válida aquela unicamente para a cobertura das prestacións de Incapacidade Permanente e Morte e Supervivencia derivadas de enfermidade común e accidente non laboral, Xubilación e Servizos Sociais.

Vida en común con outra persoa que pode atribuír dereitos a algunhas prestacións ou a elevar a súa contía. Tamén pode ter incidencia no Réxime de encadramento dos traballadores (por exemplo á hora de presumir control efectivo sobre a sociedade, por parte de socios traballadores).

Persoa con vínculo matrimonial- validamente recoñecido en España- con outra, o que pode atribuír dereitos a determinadas prestacións ou a incrementar a súa contía. 

Importe que mensualmente ingresan os suxeitos obrigados nas entidades financeiras autorizadas a colaborar coa Tesourería Xeral da Seguridade Social. A cota resulta da aplicación do tipo de cotización á base de cotización, segundo a normativa vixente en cada momento.

No Réxime Xeral e naqueles nos que o traballo se realiza por conta allea a cota normalmente comprende a achega dos empresarios e traballadores. No caso de ser traballadores por conta propia, a cota é integramente ao seu cargo.

Obriga contributiva imposta a empresarios e traballadores para o sostemento das cargas económicas da Seguridade Social. Actividade financeira en virtude da cal os suxeitos obrigados achegan recursos económicos ao Sistema da Seguridade Social.

Nun aspecto máis formal consiste na determinación da débeda polos suxeitos obrigados, mediante actos e cálculos alleos á Tesourería Xeral da Seguridade Social, aínda que efectuados en impresos editados por ela e realizados conforme á normativa do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Os seus elementos básicos son a base de cotización, o tipo de cotización e a cota.

Cotización ao Sistema Especial Agrario que realizan os empresarios que ocupan traballadores por conta allea en labores agrarios, consistente na aplicación dunha porcentaxe ou tipo á base de cotización por cada xornada que se realice, fixados anualmente.

Son aqueles cuxo titular ten preferencia para ser pagado, fronte a outros, cos bens do debedor común. Teñen este carácter as prestacións a cargo do empresario as cotas da Seguridade Social e certos créditos salariais.

Declaración da situación de incapacidade permanente, efectuada polo Instituto Nacional da Seguridade Social, a través dos seus órganos, e fundamentada no informe preceptivo dos Equipos de Valoración de Incapacidades, aos efectos do recoñecemento das prestacións económicas. A incapacidade permanente clasifícase conforme aos graos de parcial para a profesión habitual, total para a profesión habitual, absoluta para todo traballo e gran invalidez.

Asunto que un órgano xurisdicional nacional, ante o que se está substanciando un litixio que require a aplicación dunha norma comunitaria, presenta ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea, sobre a interpretación ou validez desa norma.

Escrito polo que se solicita a tutela xudicial, formulando unha petición concreta ante un órgano xurisdicional, iniciándose o procedemento correspondente.

Retraso da cualificación da incapacidade permanente no caso de que a situación clínica do traballador o fixera aconsellable, cando continúe a necesidade de tratamento médico pola expectativa de recuperación ou pola mellora do estado do traballador, con vistas á súa incorporación laboral. Esta demora non poderá superar os 24 meses seguintes á data en que se inicie a incapacidade temporal.

Estado en que se atopan as persoas que, por razóns ligadas á falta ou á perda de autonomía física, psíquica ou intelectual, teñen necesidade de asistencia e/ou axudas importantes a fin de realizar os actos correntes da vida diaria (Consello de Europa). En xeral, situación de necesidade asistencial por parte doutra persoa, para os actos esenciais da vida e comunicación cos demais.

Os traballadores que desaparecesen con ocasión dun accidente, sexa ou non de traballo,  en circunstancias que fagan presumible a súa morte, e sen ter noticias durante 90 días naturais seguintes ao do accidente, poderán causar pensións de morte e supervivencia, agás o auxilio por defunción, con efectos retroactivos á data do accidente.

Permiso laboral (conta allea) ou de inactividade no traballo (conta propia), que dá lugar á situación protexida por causa de parto, garda con fins de adopción e acollemento, sempre que neste último caso, a súa duración non sexa inferior a un ano de duración taxada pola lei, que atribúe o dereito a unha prestación equivalente ao 100 % da base reguladora ou a un subsidio de carácter non contributivo equivalente ao 100 % do IPREM, agás que a base reguladora fose inferior, en cuxo caso tomará esta. O pai pode gozar, simultánea o sucesivamente, deste descanso, nas condicións que se establecen regulamentariamente.

Permiso laboral (conta allea) ou de inactividade no traballo (conta propia), que dá lugar á situación protexida por causa de parto, garda con fins de adopción e acollemento, sempre que neste último caso, a súa duración non sexa inferior a un ano de duración taxada pola lei, que atribúe o dereito a un subsidio equivalente ao 100 % da base reguladora.

Situación protexida de quen, podendo e querendo traballar, perden o seu emprego, ou ven reducida a súa xornada de traballo, e que atribúe un posible dereito a prestacións económicas, ben coma prestación ou coma subsidio.

Cualificación da causa da incapacidade ou a morte que dá lugar a unha prestación, en orde ao seu recoñecemento, coas consecuencias que da mesma se derivan sobre o alcance, contido e réxime de xestión da protección dispensada. Esta competencia corresponde á Entidade Xestora, calquera que sexa a entidade que cubra a continxencia.

O suxeito responsable do pagamento de calquera dos recursos que son obxecto de xestión da recadación pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, independentemente do momento en que se tivese realizado o ingreso e a causa que o tivese orixinado, terá dereito á devolución total ou parcial do importe dos ingresos que por erro tivese realizado, agás que no momento da súa realización fose debedor á Seguridade Social ou tivese concedido un aprazamento ou moratoria; neste caso, o importe do ingreso erróneo aplicarase á débeda pendente de ingreso ou de amortización, agás para o caso de débeda esixible garantida mediante o aval xenérico. As devolucións de ingresos indebidos incluirán o xuro de mora previsto, ata a proposta de pagamento. Non procederá a devolución de cotas ou outros recursos ingresados maliciosamente. Se os ingresos se consideran indebidos mediante resolución xudicial firme serán obxecto de devolución nos termos fixados na devandita resolución xudicial.

Días correspondentes a dúas gratificacións extraordinarias obrigatorias, que se computan como cotizados para completar o período mínimo de cotización esixido para acceder ao dereito a distintas prestacións, con excepción da xubilación.

Nos procedementos administrativos, cando os prazos se sinalen por días, enténdese que estes son hábiles, excluíndo do cómputo os domingos e os declarados festivos. Nos procesos xudiciais son, ademais, inhábiles todos os días do mes de agosto, agás para actuacións xudiciais que se declaren urxentes polas leis procesuais.

A Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social (DGOSS) é un órgano directivo dependente da Secretaría de Estado da Seguridade Social, ao cal lle corresponde entre outras o desenvolvemento das funcións de ordenación xurídica e económico-financeiras da Seguridade Social, a planificación e realización de estudos económico-financeiros e demográficos, a elaboración do anteproxecto de presupostos da Seguridade Social, o seguimento económico e presupostario das Entidades Xestoras e Servizos Comúns e o coñecemento e avaliación da xestión e situación económico-financeira das Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social.

Acto motivado, emanado do Parlamento europeo e o Consello conxuntamente, do Consello ou da Comisión, que obriga ao Estado membro destinatario en canto ao resultado que debe conseguirse, deixando ás autoridades nacionais a elección da forma e dos medios.

Calquera alteración na condición da saúde dun individuo que pode xerar dor, sufrimento ou interferencia coas actividades diarias. A discapacidade non só supón unha diminución das condicións físicas da persoa, senón que os factores ambientais externos inflúen e condicionan a calidade de vida ao existir unha relación directa entre o individuo e o seu ambiente.

A efectos do principio de igualdade de trato, existirá discriminación indirecta cando unha disposición, criterio ou práctica aparentemente neutral perxudique a unha proporción considerablemente máis importante de persoas dun sexo, especialmente en relación coa situación matrimonial ou familiar, a menos que o obxectivo perseguido mediante a aplicación desta disposición, criterio ou práctica estea obxectivamente xustificado e que os medios para alcanzalo sexan apropiados e necesarios.

Extinción do matrimonio que, para os efectos da Seguridade Social, non extingue o dereito a pensión de viuvez nos supostos en que o cónxuxe supérstite sexa acredor de pensión compensatoria e esta quede extinguida á morte do causante. Se, despois de mediar divorcio, se produce concorrencia de beneficiarios con dereito, procede o rateo da prestación de viuvez en función ao tempo de convivencia, garantíndose, en todo caso, o 40 % a favor do cónxuxe ou parella de feito supervivente.

O que a Tesourería Xeral da Seguridade Social facilita a cada suxeito protexido no momento da súa afiliación ao Sistema da Seguridade Social e que acredita a condición de afiliado. Ten eficacia ante todas as Entidades Xestoras e carácter permanente. Ademais dos datos persoais do afiliado, contén o número do seu Documento Nacional de Identidade e o Número de Afiliación que a Tesourería Xeral da Seguridade Social lle asigna con carácter vitalicio e único para o Sistema da Seguridade Social en todo o territorio nacional.

Impresos editados pola Tesourería Xeral da Seguridade Social  que serven para a determinación e ingreso da débeda por cotas da Seguridade Social, e que han de encherse conforme ás instrucións establecidas ao respecto.

As persoas que concluísen un tratamento de deshabituación da súa drogodependencia e non teñan dereito á prestación por desemprego poden ser beneficiarios do subsidio por desemprego nos casos que determina a Lei Xeral de Seguridade Social.

Dereito que asiste ao beneficiario para elixir facultativo dos servizos públicos de saúde nos casos recoñecidos polos regulamentos.

(Véxase “Risco durante o embarazo”)

Traballadores que, en territorio nacional, se dediquen a prestar servizos exclusivamente domésticos para un ou varios representantes do fogar familiar, no domicilio en que estes habitan e percibindo por iso unha remuneración, quedando incluídos por iso no campo de aplicación do Réxime Especial dos Empregados de Fogar.

Toda empresa que ocupe 1.000 ou máis traballadores nos Estados membros e, polo menos en dous Estados membros diferentes, empreguen 150 ou máis traballadores en cada un deles.

Toda persoa natural ou xurídica, aínda que a súa actividade non estea motivada por ánimo de lucro, á que prestan servizos, coa consideración de traballadores por conta allea, as persoas incluídas no campo de aplicación de calquera Réxime da Seguridade Social.

Ten como obxecto lograr unha maior integración das persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo. Consiste nun contrato que se formaliza entre unha empresa do mercado ordinario de traballo e un centro especial de emprego, para a realización de obras ou servizos que garden relación directa coa actividade normal de aquela e, para cuxa realización, un grupo de traballadores con discapacidade, do centro especial de emprego, se despraza temporalmente ao centro de traballo da empresa colaboradora.

Alteración da saúde que non teña a condición de accidente non laboral, accidente de traballo ou enfermidade profesional.

A contraída a consecuencia do traballo executado por conta allea nas actividades especificadas como causantes da mesma no cadro de Enfermidades Profesionais aprobado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, e que estea provocada pola acción dos elementos ou substancias que neste cadro se indican para cada enfermidade profesional.

No traballo por conta propia dos Réximes Especiais de Autónomos e de traballadores do Mar, entenderase como enfermidade profesional a contraída como consecuencia directa e inmediata do traballo que se realiza e que determina a inclusión no réxime especial.

A enfermidade profesional, en moitas ocasións, é provocada pola acción dun determinado axente nocivo, que actúa no medio laboral no que o traballador desenvolve a súa actividade e que está sometida a un longo período de incubación, de forma que a súa manifestación e os efectos incapacitantes da mesma poden ter lugar moito despois de ser contraída, podendo incluso ter cesado na actividade que a xerou.

Entidades públicas con personalidade xurídica que, baixo a dirección e tutela dos respectivos departamentos ministeriais, efectúan a xestión e administración das prestacións e servizos que son competencia da Seguridade Social. Teñen tal carácter o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), e o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO). O Instituto Social da Mariña (ISM), aínda que xuridicamente non é Entidade xestora, leva a cabo as funcións e servizos encomendados en relación coa xestión do Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar.

Órgano colexiado formado por distintos profesionais, existente en cada Dirección Provincial do INSS, (agás nas de Cataluña), que ten como función, entre outras, examinar a situación de incapacidade do traballador e formular ao Director Provincial o ditame-proposta, preceptivo e non vinculante, en materia de anulación ou diminución da capacidade para o traballo, a procedencia ou non de revisión, a determinación do carácter común ou profesional da enfermidade, |etc.

Equivocación sufrida ao cualificar a enfermidade que dá lugar á incapacidade permanente e que pode fundar a súa revisión en calquera momento, en tanto o interesado non faga a idade mínima para acceder ao dereito á pensión de xubilación.

Para determinar o número de anos de cotización e aplicar a porcentaxe da que depende a contía da pensión de xubilación, ao número de días cotizados na vida laboral súmase, no seu caso, o número de anos e fraccións de ano que correspondan ao traballador, segundo a idade que tiña o 1 de xaneiro de 1967, de acordo cunha escala establecida. Esta asigna 250 días a quen nesa data tivese 21 anos e, partindo desta idade,  vai aumentando en igual proporción –250 días- por cada ano máis de idade.

O Estado membro en cuxo territorio se atopa a institución competente.

Dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres, de duración non superior a tres anos para atender o coidado de cada fillo, por natureza ou adopción, garda con fins de adopción ou acollemento familiar, a contar dende a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa. No caso de excedencia para coidado de familiares, a duración non pode superar os dous anos, e alcanza familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non poden valerse por si mesmos e non desempeñan actividade retribuída. Os tres primeiros anos de excedencia para o coidado de fillo ou menor acollido terán a consideración de período de cotización efectiva, para os efectos das prestacións da Seguridade Social por xubilación, incapacidade permanente, morte e supervivencia, maternidade e paternidade. De igual modo, considerarase efectivamente cotizado, a efectos das referidas prestacións, o primeiro ano de excedencia para o coidado doutros familiares.

Solicitude ao Órgano Xudicial para que se leve a efecto o resolto nun proceso declarativo.

a) Os empresarios e traballadores por conta allea, así como os traballadores por conta propia incluídos nos Réximes Especiais de Traballadores do Mar e Autónomos, están exentos de cotizar á Seguridade Social por continxencias comúns, agás por incapacidade temporal derivada destas (conta allea) e agás por incapacidade temporal e continxencias profesionais (conta propia, se é o caso), cando concorran nos traballadores as circunstancias de ter feitos os 65 anos e acreditar 38 e 6 meses de cotización efectiva á Seguridade Social, ou 67 anos de idade e 37 anos de cotización. Se ao chegar á idade correspondente, o traballador non tivese cotizados os anos requiridos, a exención será aplicable a partir da data en que se acrediten os anos de cotización esixidos para cada suposto.
b) Suposto no que mediante norma con rango de Lei se procede a eximir do pagamento de cotas e demais conceptos de recadación conxunta, co alcance que se estableza na devandita norma. Normalmente acontece con supostos catastróficos. Así mesmo tamén se establece para empresarios, traballadores por conta allea e traballadores por conta propia incluídos nos Réximes Especiais de Traballadores do Mar e Autónomos que reúnan determinados requisitos de idade e período de cotización, con respecto a determinas continxencias protexidas.

A efectos das prestacións familiares, a constituída por un só proxenitor co que convive o fillo nacido ou adoptado e que constitúe o sustentador único da familia.

En termos xerais, enténdese por familia numerosa a integrada por un ou dous ascendentes con tres ou máis fillos, sexan ou non comúns. Non obstante, a lei equipara a familia numerosa as familias constituídas noutros termos, entre outras e como suposto de máis recente incorporación, as constituídas polo pai ou a nai con dous fillos, cando falecese o outro proxenitor, e establece as condicións para recoñecer e manter o dereito a ostentar a condición de familia numerosa e, en función do número de fillos ou outras consideracións, clasifícaas en categoría especial e xeral.

Prestación (pensión ou subsidio) establecida en favor de certos familiares do traballador ou pensionista falecido, que conviviron con el e baixo a súa dependencia económica.

Enténdese por feito causante dunha prestación aquel que dá lugar á realización da continxencia ou situación protexida e que foi fixado pola lei ou polo regulamento en data determinada (por exemplo, a morte para a pensión de viuvez, o cumprimento da idade e o cesamento no traballo para a pensión de xubilación, |etc.).

Obxectivo da Seguridade Social que consiste en proporcionar ao traballador e aos familiares ou asimilados que tivese ao seu cargo, a protección adecuada fronte ás continxencias e nas situacións previstas pola lei.

É o traballador cun contrato por tempo indefinido de fixo-descontinuo que se concerta para realizar traballos que teñan o carácter de fixos-descontinuos e non se repitan en datas certas, dentro do volume normal de actividade da empresa. Aos supostos de traballos descontinuos que se repitan en datas certas seralles de aplicación a regulación do contrato a tempo parcial celebrado por tempo indefinido. Os traballadores fixos-descontinuos deben ser chamados na orde e a forma que se determine nos respectivos convenios colectivos, podendo o traballador, en caso de incumprimento, reclamar en procedemento de despido.

Dereito básico dos traballadores que causa a suspensión do contrato de traballo e, por conseguinte, das obrigas recíprocas de traballar e de aboar a remuneración, así como da obriga de cotizar. O traballador permanece en situación de alta especial.

Organismo Autónomo, dependente do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, con personalidade xurídica e capacidade de obrar, que ten como fins aboarlles aos traballadores o importe dos salarios pendentes de pagamento a causa de insolvencia ou concurso de acredores dos empresarios.

Está constituído na Tesourería Xeral da Seguridade Social coa finalidade de atender necesidades futuras do sistema da Seguridade Social, en materia de prestacións contributivas. Os excedentes de ingresos que financian as prestacións contributivas e demais gastos necesarios para a súa xestión que, no seu caso, resulten da consignación orzamentaria de cada exercicio ou da liquidación orzamentaria do mesmo, destinaranse prioritaria e maioritariamente, sempre que as posibilidades económicas e a situación financeira do sistema de Seguridade Social o permitan, á dotación deste Fondo de Reserva.

Instrumentos de previsión voluntaria, complementaria das prestacións da Seguridade Social, polos cales unha persoa contrata, con determinadas entidades aseguradoras e/ou financeiras recoñecidas, o dereito a percibir rendas ou capitais por xubilación, supervivencia, viuvez e orfandade mediante a capitalización das achegas periódicas realizadas ao longo da súa vida. Os Fondos de Pensións son patrimonios creados ao exclusivo obxecto de dar cumprimento a Plans de Pensións, cuxa xestión, custodia e control se realizan de acordo coa lei.

Situación que se equipara ao anterior acollemento preadoptivo. Introdúcese na Lei 26/2015, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia. A súa disposición adicional segunda establece que todas as referencias que nas leis e demais disposicións se realizasen ao «acollemento preadoptivo» deberán entenderse feitas á «delegación de garda para a convivencia preadoptiva» prevista no artigo 176 bis do Código Civil.

Incapacidade permanente cando, por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesítase a asistencia doutra persoa para os actos máis esenciais da vida, como vestirse, desprazarse, comer ou análogos. Terá dereito á pensión por incapacidade permanente absoluta, incrementada cun complemento equivalente ao resultado de sumar o 45% da base mínima de cotización vixente no momento do feito causante e o 30% da última base de cotización do traballador correspondente á continxencia da que derive a incapacidade, destinado a que o inválido poida remunerar á persoa que lle atenda.

Este complemento non poderá ser inferior ao 45% da pensión que perciba o traballador sen o complemento.

Distintos estados da redución, diminución ou anulación da capacidade de traballo do interesado, que poden constituír incapacidade permanente parcial, total, absoluta e de grande invalidez, e que poden atribuír dereitos a prestacións de diversa contía.

A determinación do grao de discapacidade responde a criterios técnicos, fixados mediante baremos que especifican tanto o grao das persoas afectadas por discapacidade como, no seu caso, os factores sociais complementarios relativos ao seu ambiente familiar e á súa situación laboral, educativa e cultural, que dificultan a integración social destas persoas.

Cada un dos actuais 11 grupos, dos 12 establecidos no Decreto 56/1963, do 17 de xaneiro, nos que se clasificaron, a efectos de cotización á Seguridade Social, as categorías profesionais existentes nas distintas Regulamentacións de Traballo, en equiparación efectuada mediante Orde do 25-6-63. Os grupos 1 a 7 comprenden bases de cotización mensuais e os grupos 8 a 11 bases de cotización diarias.

Aquelas cuxa posibilidade de realización fose acordada, como adición ás horas ordinarias pactadas no contrato a tempo parcial, conforme ao réxime xurídico establecido no Estatuto dos Traballadores e, no seu caso, nos convenios colectivos sectoriais ou, no seu defecto, de ámbito inferior. Están suxeitas a regras particulares.

Aquelas horas de traballo que se realicen, con carácter voluntario, sobre a duración máxima da xornada ordinaria de traballo. Pódese optar, mediante convenio colectivo ou contrato individual, entre aboalas ou compensalas por tempos equivalentes de descanso retribuído. O seu número non pode ser superior a oitenta por ano, agás as traballadas para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes.

Tempo transcorrido dende o nacemento dunha persoa ata un día determinado que incide na inclusión no campo de aplicación dos réximes do Sistema, así como no dereito a prestacións por incapacidade permanente, xubilación, orfandade, protección familiar, |etc. .

É a idade mínima que en cada caso resulte aplicable para causar dereito á pensión de xubilación. Pode, non obstante, anticiparse en certos supostos con aplicación de porcentaxes de redución da contía da pensión (coeficientes redutores da idade), por realizar actividades profesionais consideradas penosas, tóxicas, perigosas ou insalubres (traballadores do mar, persoal de voo de traballos aéreos, mineiros e outros), ou por tratarse de traballadores con discapacidade; tamén, en determinadas condicións, pode anticiparse en supostos de xubilación parcial, de xubilación con condición mutualista ou de xubilación anticipada voluntaria ou involuntaria.

Enténdese por principio de igualdade de trato a ausencia de calquera discriminación por razón de sexo, xa sexa directa ou indirecta, por referencia, en particular, a unha determinada situación (matrimonial, familiar, |etc.)

Dereito ao recoñecemento da pensión de xubilación e das prestacións por morte e supervivencia, con excepcións, que non se extingue polo transcurso do tempo, sen prexuízo de que os efectos de tal recoñecemento se produzan a partir dos tres meses anteriores á data na que se presente a correspondente solicitude.

Expresión latina, pola cal se considera accidente de traballo o que sufra o traballador por conta allea ao ir ou ao volver do lugar de traballo. No Réxime Especial de Traballadores por conta propia ou Autónomos non se considera accidente de traballo esta circunstancia, agás no caso de traballadores autónomos economicamente dependentes.

Situación do traballador que, despois de estar sometido ao tratamento prescrito e de ser dado de alta medicamente, presenta reducións anatómicas ou funcionais graves, susceptibles de determinación obxectiva e previsiblemente definitivas, que diminúan ou anulen a súa capacidade laboral, e que pode causar dereito a unha prestación de contía variable segundo o grao da incapacidade (parcial, total, absoluta ou grande invalidez). É causa de extinción da relación laboral, agás no caso de incapacidade permanente parcial e cando, en incapacidade permanente total, se declare a suspensión da relación laboral, con reserva de posto de traballo (2 anos).

A que, sen alcanzar o grao de total, ocasione ao traballador unha diminución non inferior ao 33% no seu rendemento normal para a profesión habitual, sen impedirlle a realización das tarefas fundamentais da mesma. A prestación consiste nunha cantidade a tanto alzado.

A que inhabilita ao traballador para a realización de todas ou das fundamentais tarefas da súa profesión habitual, sempre que poida dedicarse a outra distinta. Atribúe dereito a unha prestación do 55% da base reguladora, aínda que, en determinadas circunstancias, pode incrementarse nun 20%, a partir dos 55 anos.

Situación de enfermidade común ou profesional e accidente, sexa ou non de traballo, que pode atribuír o dereito a un subsidio mentres se reciba asistencia sanitaria da Seguridade Social e se estea impedido para o traballo, cunha duración máxima de 12 meses, prorrogables por outros 6 cando se presuma que durante eles poida o traballador ser dado de alta médica por curación. Tamén son situacións determinantes de incapacidade temporal, os períodos de observación por enfermidade profesional nos que se prescriba a baixa no traballo, cunha duración máxima de 6 meses prorrogables por outros 6, cando se estime necesario para o estudo e diagnóstico da enfermidade. A incapacidade temporal é unha das causas de suspensión do contrato de traballo.

Principio xeral establecido pola lei, segundo o cal as prestacións son incompatibles entre si cando coinciden no mesmo beneficiario, agás que, legal ou regulamentariamente, se dispoña expresamente o contrario; nestes casos, deberase optar por unha delas. A incompatibilidade pode darse tamén entre unha prestación e un traballo por conta allea ou propia, en cuxo caso a prestación non pode percibirse mentres se realice o traballo ou actividade que dea lugar á inclusión nalgún réxime público de Seguridade Social.

Incremento da pensión dos traballadores cualificados como incapacitados permanentes totais para a súa profesión habitual, cando pola súa idade, 55 anos ou máis, falta de preparación xeral ou especializada, e circunstancias sociais e laborais do lugar de residencia, se presume a dificultade de obter emprego en actividade distinta da habitual anterior.

Situación producida pola negación total ou parcial do dereito a ser oído e a defenderse nun procedemento ou nun xuízo e que ocasiona ao que a sofre un prexuízo real. Anúlanse ou restrínxense de maneira inxustificada as oportunidades de defensa dunha parte en relación coa contraria, en trámite de alegacións ou de proba.

Prestación económica aboable, conforme a un baremo establecido, por unha soa vez, a causa da existencia de lesións permanentes non invalidantes, producidas por continxencia profesional e que non chegan a alcanzar un grao de incapacidade.

Segundo a lexislación civil, indemnización á que terá dereito o cónxuxe de boa fe cuxo matrimonio fose declarado nulo, se existise convivencia conxugal. En caso de falecemento, o dereito á pensión de viuvez corresponderá ao supervivente ao que se lle recoñecese o dereito a esta indemnización, sempre que non contraíse novas nupcias ou constituíse unha parella de feito.

Utilízase como indicador ou referencia do nivel de renda que serve para determinar a contía de determinadas prestacións ou para acceder a determinados beneficios, prestacións ou servizos públicos, substituíndo ao salario mínimo interprofesional nesta función, de forma obrigatoria para o caso das normas do Estado e de forma potestativa para o caso das Comunidades Autónomas, das Cidades de Ceuta e Melilla e das entidades que integran a Administración local.

Proporción de persoas que sería necesario que cambiasen de sector para que mulleres e homes estiveran distribuídos entre os distintos sectores nas mesmas proporcións. Este índice foi proposto pola Unión Europea para a comparación por sexos en ocupacións e sectores económicos.

Dereito dos interesados e das persoas que acrediten un interese persoal e directo, a ser informados polos Organismos da Administración acerca dos datos a eles referentes que obren nos mesmos.

Contén información respecto das situacións de alta ou baixa dunha persoa no conxunto dos distintos réximes do sistema da Seguridade Social, durante toda a súa vida de traballo.

Nos supostos de incapacidade temporal, cando a proposta de alta formulada por unha Mutua no fose resolta nos prazos establecidos, a Mutua poderá optar entre reiterar a proposta ante o Servizo Público de Saúde, ou presentar a iniciativa de alta médica ante os servizos médicos do INSS. Igualmente, se opta por reiterar a proposta inicial ao Servizo Público de Saúde sen que teña de novo contestación, poderá presentar a iniciativa de alta aos servizos médicos do INSS.

Acto administrativo polo que a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a solicitude dun empresario, realiza a súa inscrición no Sistema da Seguridade Social, que será válida durante a existencia da persoa natural ou xurídica, ou do ente empregador solicitante. Consecuente coa inscrición da empresa, a Tesourería Xeral da Seguridade Social asigna o «Código de Conta de Cotización» para a súa identificación numérica.

En Dereito comunitario, é a institución á cal o interesado estea afiliado no momento da solicitude de prestacións; ou a institución da cal o interesado ten dereito a prestacións ou tería dereito a prestacións se residise, ou se o membro ou os membros da súa familia residisen no territorio do Estado membro onde se atopa esta institución; ou a institución designada pola autoridade competente do Estado membro de que se trate.

O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) é a Entidade Xestora da Seguridade Social, integrada no Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e adscrita á Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, dotada de personalidade xurídica, á que se encomenda a xestión das pensións non contributivas, e a dos servizos complementarios das prestacións do Sistema da Seguridade Social orientadas fundamentalmente aos colectivos da terceira idade, persoas con discapacidade e outros.

O IMSERSO transferiu as súas competencias a todas as Comunidades Autónomas, agás ás cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) é unha Entidade Xestora con personalidade xurídica propia, adscrita ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a través da Secretaría de Estado da Seguridade Social, e cuxa competencia xenérica se estende á xestión e administración das prestacións económicas do Sistema da Seguridade Social, con excepción daquelas cuxa xestión está atribuída ao Instituto de Maiores e Servizos Sociais ou aos servizos competentes das Comunidades Autónomas.

Concretamente, o Instituto Nacional da Seguridade Social ten atribuídas, entre outras, as seguintes competencias: recoñecemento e control do dereito ás prestacións económicas que outorga o Sistema da Seguridade Social na súa modalidade contributiva, sen prexuízo das competencias atribuídas ao Servizo Público de Emprego Estatal, en materia de prestacións de protección por desemprego e ao Instituto Social da Mariña en relación co Réxime Especial dos Traballadores do Mar; recoñecemento e control do dereito á asignación económica por fillo a cargo, e pagamentos únicos por nacemento ou adopción de fillo en supostos de familias numerosas, monoparentais, e nos casos de nais con discapacidade, ou por parto ou adopción múltiple; recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria; relacións Internacionais de carácter institucional e negociación e execución dos Convenios Internacionais de Seguridade Social; xestión e funcionamento do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas; xestión das prestacións económicas e sociais da síndrome tóxica, |Etc. 

O Instituto Nacional de Xestión Sanitaria (INGESA) é a Entidade Xestora da Seguridade Social, con personalidade xurídica propia e adscrita ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a través da Secretaría Xeral de Sanidade e Consumo, á que se atribúe a xestión das prestacións sanitarias da Seguridade Social no ámbito das Cidades de Ceuta e Melilla. As competencias en materia de asistencia sanitaria, anteriormente asignadas ao extinguido Instituto Nacional da Saúde, xa foron transferidas a todas as Comunidades Autónomas.

Constitucionalmente, o Estado ten competencia exclusiva en materia de sanidade exterior, bases e coordinación xeral da Sanidade, lexislación sobre produtos farmacéuticos e, así mesmo, sobre a lexislación básica e o réxime económico da Seguridade Social, sen prexuízo da execución dos seus servizos polas Comunidades Autónomas.

O Instituto Social da Mariña (ISM) é unha Entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, de ámbito nacional, e que baixo a dirección e tutela do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, desenvolve unha dobre dimensión de competencias: por unha parte, como Organismo encargado da problemática social do sector marítimo-pesqueiro e, por outra, como Entidade con atribucións de xestión do Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar.

Cando, no período que haxa de tomarse para o cálculo da base reguladora das pensións de xubilación e de incapacidade permanente, derivada de enfermidade común, ou tamén, de accidente non laboral en situacións de non alta, se se trata de traballadores por conta allea, aparecen meses durante os cales non existiu obriga de cotizar, as primeiras corenta e oito mensualidades integraranse coa base mínima de entre todas as existentes en cada momento, e o resto de mensualidades co 50 por cento da devandita base mínima. No caso de que nalgún dos meses a ter en conta para o cálculo da base reguladora, só exista a obriga de cotizar durante unha parte do mes, procederá a integración pola parte en que non exista obriga de cotizar, sempre que a base de cotización correspondente ao primeiro período non alcance a contía da base mínima mensual sinalada. En tal suposto, a integración alcanzará ata esta última contía.

Porcentaxe aplicable ao importe dunha débeda coa Seguridade Social (principal máis recarga) non aboada en prazo regulamentario, que se devindicará dende o vencemento do devandito prazo e será esixible a partir dos quince días seguintes á notificación da providencia de constrinximento ou comunicación do inicio do procedemento de dedución e ás devolucións de ingreso indebidas que incluirán o xuro de mora ata a proposta de pagamento. O tipo será o do interese legal do diñeiro vixente en cada momento, incrementado nun 25 por 100, agás que a Lei de Orzamentos Xerais do Estado establecera outro distinto.

Rédito ou beneficio fixado anualmente pola Lei de Orzamentos Xerais do Estado. O principal da débeda, os recargos sobre a mesma e as costas do procedemento que foran obxecto de aprazamento devindican interese, que será esixible dende a súa concesión ata a data de pagamento, conforme ao interese legal do diñeiro que se atope vixente en cada momento durante a duración do aprazamento. Así mesmo, no Réxime Especial de Autónomos, as cotizacións esixibles correspondentes a períodos anteriores á formalización da alta, que dan tamén lugar á devindicación de intereses, serán esixibles dende a correspondente data na que deberon ser ingresadas, de conformidade co tipo de interese legal do diñeiro vixente no momento do pagamento.

Baixo a dependencia funcional da Intervención Xeral da Administración do Estado, é o órgano de control interno e de dirección e xestión da contabilidade das entidades que integran o sistema da Seguridade Social.

Poden ser constitutivas desta situación as deficiencias previsiblemente permanentes de carácter físico ou psíquico, conxénitas ou non, que anulen ou modifiquen a capacidade física, psíquica ou sensorial dos que as padecen, e que poden dar dereito a unha pensión cuxa contía é fixada na correspondente Lei de Presupostos Xerais do Estado de cada ano, sempre que careza de rendas ou ingresos propios, segundo a unidade económica de convivencia, nos termos fixados na citada Lei e residise determinado tempo en territorio nacional.

No caso de traballadores que sexan responsables do ingreso de cotizacións, para o recoñecemento das correspondentes prestacións económicas da Seguridade Social é necesario que o causante se atope ao corrente no pagamento das cotizacións da Seguridade Social, aínda que a correspondente prestación sexa recoñecida, como consecuencia do cómputo recíproco de cotizacións, nun réxime de traballadores por conta allea. Agora ben, se cuberto o período mínimo de cotización preciso para ter dereito á prestación de que se trate, se solicitara esta, e o interesado, calquera que sexa o Réxime de Seguridade Social en que estivese incorporado, non estivera ao corrente no pagamento das restantes cotas esixibles na data en que se entenda causada a prestación, a Entidade xestora invitaralle para que, no prazo improrrogable de trinta días naturais a partir da invitación, ingrese as cotas debidas.

Se o interesado, atendendo a invitación, ingresase as cotas debidas dentro do prazo sinalado, consideraráselle ao corrente nas mesmas a efectos da prestación solicitada. Se o ingreso se realizase fóra deste prazo, concederase a prestación menos un 20 por 100, se se trata de prestacións de pagamento único e subsidios temporais; se se trata de pensións, concederanse as mesmas con efectos a partir do día primeiro do mes seguinte a aquel en que tivo lugar o ingreso das cotas debidas.

 

Principio xeral consagrado pola Lei de Seguridade Social conforme ao cal é nulo todo pacto individual ou colectivo polo cal o traballador renuncie aos dereitos que lle confire a citada Lei.

Principio de dereito segundo o cal as leis non teñen efecto en canto aos feitos anteriores á súa promulgación, agás expresa disposición en contrario. A norma nova non será aplicable a situacións orixinadas durante a vixencia doutra que se derroga e só producirá efectos a partir da súa entrada en vigor. A Constitución garante o principio de irretroactividade das disposicións sancionadoras non favorables ou restritivas de dereitos individuais.

As lesións, mutilacións e deformidades de carácter definitivo, causadas por accidentes de traballo ou enfermidades profesionais que, sen chegar a constituír unha incapacidade permanente, supoñan unha diminución ou alteración da integridade física do traballador e aparezan recollidas no baremo anexo ás disposicións de desenvolvemento da Lei Xeral da Seguridade Social, serán indemnizadas, por unha soa vez, coas cantidades alzadas que no mesmo se determinan, pola entidade que estivese obrigada ao pagamento das prestacións de incapacidade permanente, todo iso sen prexuízo do dereito do traballador a continuar ao servizo da empresa.

O importe inicial das pensións contributivas por cada beneficiario non poderá superar a contía íntegra mensual que estableza anualmente a correspondente Lei de Orzamentos Xerais do Estado. Así mesmo, o importe da revalorización anual das pensións contributivas non poderá determinar para estas, unha vez revalorizadas, un valor íntegro anual superior á contía establecida na correspondente Lei de Orzamentos Xerais do Estado, sumado, no seu caso, ao importe anual íntegro xa revalorizado das outras pensións públicas percibidas polo seu titular.

Nivel de rendas ou ingresos que establece a lei para determinar se unha persoa compre ou non o requisito de carecer de rendas ou ingresos suficientes, a efectos de percibir unha pensión de xubilación ou de invalidez en modalidade non contributiva. Considerarase que existen rendas ou ingresos insuficientes cando a suma, en cómputo anual, dos mesmos sexa inferior ao importe, tamén en cómputo anual, da prestación.

Os límites de acumulación de recursos, no suposto de unidade económica, serán equivalentes á contía, en cómputo anual, da pensión, máis o resultado de multiplicar o setenta por cento desta cifra polo número de conviventes, menos un. Cando a convivencia, dentro dunha mesma unidade económica, se produza entre o solicitante e os seus descendentes ou ascendentes en primeiro grao, os límites de acumulación de recursos serán equivalentes a dúas veces e media da contía que resulte de aplicar o indicado anteriormente.

Aumento voluntario das cotizacións ou das prestacións sociais na forma e condicións que autorizan as normas regulamentarias do Réxime Xeral e dos réximes especiais da Seguridade Social.

Actividade de explotacións mineiras de carbón regulada, en determinados aspectos específicos, polo Réxime Especial da Seguridade Social para a Minería do Carbón.

Aplícanse estes termos, en xeral, ás clases das prestacións segundo se calcule ou non o seu importe sobre as cotizacións efectuadas ao Sistema da Seguridade Social. A modalidade contributiva ten un carácter eminentemente profesional, destinada á protección dos traballadores cotizante, en tanto que a modalidade non contributiva se dirixe á protección de quen, acreditando unha situación de carencia ou insuficiencia de recursos, non cotizou nunca ao Sistema da Seguridade Social ou non cotizou o suficiente para acceder a prestacións do nivel contributivo. A contía das pensións e asignacións da modalidade non contributiva fíxanse anualmente na Lei dos Orzamentos Xerais do Estado.

A protección dispensada polo Sistema da Seguridade Social ten dous niveis, o contributivo ou profesional e aquel non contributivo ou asistencial, para dar cumprimento ao principio de universalidade que consagra o art. 41 da CE de 1978.

Os traballadores en situación de alta, e en certos casos en non-alta, os subsidiados e os pensionistas poden causar dereito, ao seu falecemento, ás seguintes prestacións en favor dos familiares ao seu cargo:

 a) un auxilio por defunción;

b) unha pensión vitalicia de viuvez;

c) unha prestación temporal de viuvez;

d) pensións de orfandade;

e) indemnización especial a tanto alzado se o falecemento tivo lugar por accidente de traballo ou enfermidade profesional;

f) unha pensión vitalicia ou, no seu caso, subsidio temporal en favor de familiares.

 

Son entidades aseguradoras que exercen unha modalidade aseguradora de carácter voluntario complementaria ao sistema de Seguridade Social obrigatoria, mediante achegas a prima fixa ou variable dos mutualistas, persoas físicas ou xurídicas, ou doutras entidades ou persoas protectoras. Algunhas delas poden ser optativas ao RETA como a Mutualidade de Previsión da Avogacía.

En canto ao ámbito de cobertura, na previsión de riscos sobre as persoas, as continxencias que poden cubrir son as de morte, viuvez, orfandade e xubilación, garantindo prestacións económicas en forma de capital ou renda. Así mesmo, poderán outorgar prestacións por razón de matrimonio, maternidade, fillos e defunción. E poderán realizar operacións de seguro de accidentes e invalidez para o traballo, enfermidade, defensa xurídica e asistencia, así como prestar axudas familiares para custear necesidades motivadas por feitos ou actos xurídicos que impidan temporalmente o exercicio da profesión.

Son asociacións privadas de empresarios constituídas mediante autorización do Ministerio de Emprego e Seguridade Social e inscrición no Rexistro especial dependente deste, que teñen por finalidade colaborar na xestión da Seguridade Social, baixo a dirección e tutela deste, sen ánimo de lucro e asumindo os seus asociados responsabilidade mancomunada nos supostos e co alcance establecidos na lei que as regula.

As Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social, unha vez constituídas, adquiren personalidade xurídica e capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins. O ámbito de actuación destas esténdese a todo o territorio do Estado.

A colaboración na xestión da Seguridade Social comprenderá as seguintes actividades: a xestión de prestacións económicas e de asistencia sanitaria comprendidas na protección das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, así como as actividades de prevención das devanditas continxencias; a xestión da prestación económica de incapacidade temporal derivada de continxencias comúns, e das prestacións de risco durante o embarazo e risco durante a lactación; xestión das prestacións económicas por cesamento na actividade dos traballadores autónomos; xestión da prestación por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave, así como as demais actividades da Seguridade Social que lles sexan atribuídas legalmente.

Acto polo que deben comunicarse ao interesado as resolucións e actos administrativos que afecten aos seus dereitos e intereses, nas condicións e termos que se establecen pola Lei.

O que a Tesourería Xeral da Seguridade Social asigna ao traballador, sexa por conta allea ou propia, cando causa alta inicial na Seguridade Social. Ten carácter vitalicio e único para o Sistema da Seguridade Social en todo o territorio nacional.

Son as entidades financeiras e outros órganos ou axentes autorizados polo Ministerio de Traballo e Seguridade Social para a recadación dos recursos do Sistema da Seguridade Social e o seu posterior ingreso na Tesourería Xeral da Seguridade Social. Fundamentalmente, os bancos e as caixas de aforro para a recadación de cotas.

Pensión que perciben os fillos do causante falecido, calquera que sexa a natureza legal da súa filiación, e os achegados ao matrimonio polo cónxuxe sobrevivinte (se reúnen os demais requisitos esixidos), sempre que ao falecer o causante, sexan menores de vinte e un anos ou estean incapacitados para o traballo e que o causante se encontrase en alta ou situación asimilada á alta. En caso de que o causante se encontrase en situación de non alta, esixirase que, ao seu falecemento, tivese cuberto un período mínimo de cotización de 15 anos. Nos casos nos que o fillo do causante non efectúe un traballo lucrativo por conta allea ou propia, ou cando realizándoo, os ingresos que obteña en cómputo anual resulten inferiores ao importe do salario mínimo interprofesional, que se fixe en cada momento, tamén en cómputo anual, poderá ser beneficiario da pensión de orfandade sempre que, á data de falecemento do causante, fose menor de 25 anos. Se o orfo estivese a cursar estudos e fixese os vinte e cinco anos durante o transcurso do curso escolar, a percepción da pensión de orfandade manterase ata o día primeiro do mes inmediatamente posterior ao do inicio do seguinte curso académico.

Os fillos, calquera que sexa a natureza legal da súa filiación, que ao falecer os seus proxenitores, ou un dos dous, teñen dereito á pensión de orfandade cando reúnen a idade e condicións que se determinan legalmente.

Forma de colaboración obrigatoria consistente no pagamento, por delegación da Entidade xestora, das prestacións correspondentes á incapacidade temporal.

A efectos das prestacións de morte e supervivencia, é a constituída, con análoga relación de afectividade á conxugal, por quen no se atopen impedidos para contraer matrimonio, no teñan vínculo matrimonial con outra persoa e acrediten, mediante o certificado de empadroamento, unha convivencia ininterrompida de, polo menos, os cinco anos inmediatamente anteriores ao falecemento. A existencia de parella de feito acreditarase mediante certificación da inscrición nalgún dos rexistros específicos existentes nas comunidades autónomas ou concellos do lugar de residencia ou mediante documento público no que conste a constitución desta parella. Tanto a mencionada inscrición como a formalización do correspondente documento público deberán terse producido cunha antelación mínima de dous anos con respecto á data do falecemento do causante.

Úsase na súa acepción de comunicación á Tesourería Xeral da Seguridade Social dalgunha circunstancia pola que un suxeito protexido establece, cesa ou varía a súa relación co Sistema da Seguridade Social, coa denominación de parte de alta, parte de baixa ou parte de variación. Realízase sempre nun modelo oficial establecido e editado pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Intervención dos sindicatos e organizacións empresariais no control e vixilancia da xestión das Entidades Xestoras por órganos colexiados existentes a nivel estatal e provincial. (Véxase “Consello Xeral do INSS  e do ISM  e Comisións Executivas”).

(Véxase “Descanso por maternidade”)

Dereito polo que se permite ao empresario o peche do centro de traballo e, por tanto, a suspensión do contrato de traballo, o que suspende así mesmo as obrigas recíprocas de traballar e de percibir o salario e a cotización á Seguridade Social, entre outros dereitos. Os traballadores permanecen en situación de alta especial durante o peche patronal.

Compensación consistente nunha pensión temporal ou por tempo indefinido, ou nunha prestación única, segundo se determine no convenio regulador ou na sentencia, que se aboa ao cónxuxe ao que a separación ou o divorcio produza un desequilibrio económico en relación coa posición do outro, que implique un empeoramento na súa situación anterior no matrimonio.

Son prestacións económicas da Seguridade Social, de pagamento e de duración normalmente vitalicia ou ata que o beneficiario alcance unha idade predeterminada. Poden ser de modalidade contributiva (cando se recoñece o dereito en virtude das cotizacións efectuadas) e de modalidade non contributiva (cando se carece de rendas ou ingresos suficientes e se cumpren as restantes condicións establecidas pola lei).

Período esixido en xeral, agás excepcións, entre outros requisitos, para ter dereito ás prestacións da Seguridade Social. Denomínase tamén “período de carencia”.

Para as pensiones contributivas de xubilación e de incapacidade permanente de calquera réxime da Seguridade Social, compútanse, a favor da traballadora solicitante da pensión, un total de 112 días completos de cotización por cada parto dun só fillo e de 14 días máis por cada fillo a partir do segundo, este incluído, se o parto fora múltiple, agás se, por ser traballadora ou funcionaria no momento do parto, se cotizara durante a totalidade das dezaseis semanas ou, se o parto fose múltiple, durante o tempo que corresponda.

En Dereito comunitario, os períodos definidos ou admitidos como tales pola lexislación baixo a cal fosen cubertos, así coma todos os períodos asimilados na medida na que sexan recoñecidos por esta lexislación como equivalentes aos períodos de emprego.

En Dereito comunitario, os períodos de cotización ou de emprego, definidos ou admitidos como períodos de seguro pola lexislación baixo a cal foron cubertos ou se consideran como cubertos, así como todos os períodos asimilados na medida na que sexan recoñecidos por esta lexislación como equivalentes aos períodos de seguro.

En Dereito comunitario, dereito individual - e, en principio, non transferible - de todos os traballadores, homes ou mulleres, a ausentarse do traballo por motivo de nacemento ou adopción dun fillo.

 

Persoa que convive e depende economicamente do traballador ou beneficiario dunha prestación e que pode atribuír maior contía da referida prestación (por exemplo: complementos por mínimos nas pensións de xubilación e viuvez).

Configúranse como institucións de previsión voluntaria e libre, que definen o dereito das persoas, a cuxo favor se constitúen, a percibir rendas ou capitais por xubilación, supervivencia, viuvez, orfandade ou invalidez; de carácter privado; poden ou non ser complemento do preceptivo sistema da Seguridade Social obrigatoria, ao que en ningún caso substitúen. A norma establece o principio de non discriminación, garantindo o acceso como partícipe dun plan a calquera persoa física que reúna as condicións de vinculación ou de capacidade de contratación.

Situación do traballador que desenvolve o seu traballo en dúas ou máis actividades que obrigan á inclusión en distintos Réximes da Seguridade Social, polo que ha de considerarse se reúne os requisitos que cada Réxime teña establecidos.

Situación do traballador que desenvolve a súa actividade en dúas ou máis empresas do mesmo Réxime. Tal situación debe comunicarse á Tesourería Xeral da Seguridade Social para que, se procede, efectúe a distribución dos límites de cotización entre as empresas afectadas.

As persoas comprendidas no campo de aplicación do Sistema da Seguridade Social non poderán estar incluídas polo mesmo traballo, con carácter obrigatorio, noutros Réximes de Seguridade Social distintos dos que integran este Sistema.

É aquel no que o suxeito obrigado ao pagamento dunha débeda coa Seguridade Social debe proceder a dar cumprimento a esta obriga sen incorrer en mora. Forma parte do período voluntario de recadación.

Orde de preferencia na que deben aboarse os créditos de distintos acredores dun só debedor.

Medio de execución forzosa dos actos administrativos, que conleva a prerrogativa da Administración derivada da executoriedade de tales actos. Permítese á Administración da Seguridade Social, nos casos en que deba aboarse unha cantidade líquida, a que recorra ao procedemento de recadación en vía executiva.

Lapso de tempo, transcorrido o cal sen interrupción válida, extínguense os dereitos e as accións non exercitadas.

Período de tempo preciso para a extinción da obriga de aboamento das cotas da Seguridade Social, cuxa duración é de catro anos.

O dereito ao recoñecemento das prestacións prescribe aos cinco anos dende o momento no que teña lugar o feito causante da prestación, sen prexuízo das excepcións determinadas na lei e de que os efectos de tal recoñecemento se produzan a partir dos tres meses anteriores á data na que se presente a solicitude. O dereito á xubilación e ás prestacións por morte e supervivencia, agás excepcións, é imprescritible.

 

Prestación familiar que consiste en que os tres primeiros anos de excedencia dos que gocen os traballadores en razón do coidado de cada fillo ou de menor acollido, nos supostos de acollemento familiar permanente ou preadoptivo, aínda que estes sexan provisionais, terá a consideración de período de cotización efectiva, para os efectos das correspondentes prestacións da Seguridade Social por xubilación, incapacidade permanente, morte e supervivencia, maternidade e paternidade.

O período que se considera como cotizado, para os efectos das prestacións mencionadas, será dun ano, no caso de excedencia para o coidado doutros familiares.

 

Prestación familiar económica de pagamento único a tanto alzado (1.000 euros) e de modalidade non contributiva, que ten por obxecto compensar, en parte, o aumento de gastos que produce o nacemento ou a adopción dun fillo nunha familia numerosa ou que, con tal motivo, adquira esta condición, nunha familia monoparental ou nos supostos de nais que padezan unha discapacidade igual ou superior ao 65 por cento.

Prestación familiar económica de pagamento único que ten por obxecto compensar, en parte, o aumento de gasto que se produce nas familias nos casos de nacemento ou adopción múltiples (dous ou máis fillos). Segundo o número de fillos nacidos ou adoptados (2, 3, 4 e máis), a contía da prestación é, respectivamente, 4, 8 e 12 veces o salario mínimo interprofesional.

Mecanismo de protección consistente nunha pensión asistencial destinada a españois de orixe residentes en países onde a precariedade do sistema de protección social xustifique a existencia da prestación por razón de necesidade, unha vez que retornen a España.

Prestación que se recoñece aos proxenitores, adoptantes ou acolledores de carácter preadoptivo ou permanente, naqueles casos en que ambos traballen, para o coidado do/s menor/es que estean ao seu cargo e se atopen afectados por cancro ou por calquera outra enfermidade grave, que requira ingreso hospitalario de longa duración, durante o tempo de hospitalización e tratamento continuado da enfermidade, acreditado polo informe do Servizo Público de Saúde ou órgano administrativo sanitario da Comunidade Autónoma correspondente.

Mecanismo de protección que engloba prestacións económicas por ancianidade, por incapacidade, así como asistencia sanitaria, destinado aos españois residentes no exterior que, ao trasladarse ao exterior por razóns laborais, económicas ou calquera outra, e cumpridos 65 anos ou estando incapacitados para o traballo, se atopen nunha situación de necesidade por carecer de recursos suficientes.

Prestación de contía igual á pensión de viuvez e dous anos de duración, á que terá dereito o cónxuxe supervivente en caso de que o causante falecese por enfermidade común non sobrevenida tras o matrimonio, cando non poida acceder ao dereito á pensión de viuvez por non acreditar que o seu matrimonio con este tivo unha duración dun ano ou, alternativamente, pola inexistencia de fillos comúns.

Denomínanse así aquelas prestacións recoñecidas cuxo pagamento non se efectuou ao beneficiario, ben porque este faleceu, ou ben porque non se presentou a facelas efectivas. No primeiro caso, o aboamento faise aos herdeiros por dereito civil, xeralmente mediante un procedemento seguido ante a Dirección Provincial do INSS. No segundo caso o dereito ao percibo caduca ao ano do seu vencemento.

Dereitos de contido diñeirario que corresponden ao beneficiario cando concorren as condicións esixidas para a súa adquisición.

Primas de Accidentes de Traballo. Suxírese:" Cotas que deben pagar as empresas para cubrir os riscos de accidentes de traballo e enfermidades profesionais segundo a súa actividade. Están definidas na CNAE, Cadro nacional de actividades económicas.

En Dereito comunitario, implica, para un mesmo traballo ou para un traballo ao que se atribúe un mesmo valor, a eliminación, no conxunto dos elementos e condicións de retribución, de calquera discriminación por razón de sexo.

Conxunto de actuacións e trámites regulados pola lei, encamiñados á formulación de actos das Administracións Públicas, sobre materias que son da súa competencia.

Conxunto de actuacións e trámites xudiciais ante os Tribunais e Xulgados do Social, dirixidas á resolución dos litixios emprendidos polas partes (traballador, empresario, Organismo da Seguridade Social, |etc.) dende a presentación da demanda ata a execución da sentenza.

En caso de accidente, sexa ou non de traballo, entenderase por profesión habitual a desempeñada normalmente polo traballador ao tempo de sufrir o accidente.

En caso de enfermidade común ou profesional, entenderase por profesión habitual aquela á que o traballador dedicaba a súa actividade fundamental, durante os 12 meses anteriores á data na que se iniciase a incapacidade temporal da que derive a incapacidade permanente.

En caso de traballadores por conta propia, entenderase por profesión habitual a actividade inmediata e anterior desempeñada polo interesado e pola que estaba en alta no Réxime Especial dos traballadores por conta propia ou autónomos ao producirse a incapacidade permanente protexida polo mesmo.

Actividades que desenvolve o Instituto Social da Mariña dirixidas ao benestar dos traballadores do mar e os seus beneficiarios, así como a asistencia destes en portos nacionais e estranxeiros.

Continuidade no exercicio da actividade laboral tras facer a idade que, en cada caso, resulte aplicable para acceder á xubilación ordinaria, que é obxecto de incentivación a través de medidas tales como o incremento da porcentaxe que hai que aplicar á base reguladora para o cálculo da pensión de xubilación ou a exención de determinados conceptos na cotización.

Nos supostos de incapacidade temporal, a entidade xestora ou a mutua, neste último caso, respecto ás situacións de incapacidade temporal derivadas de continxencias comúns, poderán formular propostas motivadas de alta médica, a través dos servizos médicos adscritos a unha ou outra, cando, á vista dos partes médicos de baixa ou de confirmación da baixa, dos informes complementarios e dos recoñecementos médicos practicados a tal fin, consideren que o traballador puidese non estar impedido para o traballo.

Cando a extinción da incapacidade temporal se produce polo transcurso do prazo máximo fixado legalmente ou por alta médica con declaración de incapacidade permanente, os efectos da situación de incapacidade temporal prorróganse ata o momento da cualificación de incapacidade permanente, en cuxa data se inician as prestacións económicas desta, agás que sexan superiores ás que viña percibindo o traballador, en cuxo caso se retrotraerán aquelas no momento en que se esgotase a incapacidade temporal.

Non obstante, nos casos en que continuando a necesidade de tratamento médico pola expectativa de recuperación ou a mellora do estado do traballador, con vistas á súa reincorporación laboral, a situación clínica do interesado tivese feito aconsellable demorar a cualificación, esta poderá atrasarse polo período preciso, que en ningún caso poderá superar os 730 días seguintes á data en que se iniciase a incapacidade temporal.

 

Asignacións ou prestacións das que son beneficiarias as persoas integradas ou non na Seguridade Social, para cubrir situacións de necesidade económica ou de exceso de gastos producidos pola existencia de responsabilidades familiares e o nacemento de fillos en determinados casos. Poden consistir en asignación económica por fillo ou menor acollido a cargo, prestación económica por nacemento ou adopción de fillo nos supostos de familias numerosas, monoparentais, e nos casos de nais discapacitadas, prestación económica por parto ou adopción múltiples e prestación non económica (consideración de períodos de excedencia cotizados) por coidado de fillo ou menor acollido a cargo ou por coidado doutros familiares.

Aparato ou dispositivo cirúrxico ou ortopédico que pode ser proporcionado coma prestación sanitaria ou dar lugar á concesión de axudas nos casos e segundo os baremos que regulamentariamente se establezan.

Resolución xudicial de cuestión de trámite que non esixe fundamentos xurídicos.

Transcorrido o prazo regulamentario de ingreso e unha vez adquiran firmeza en vía administrativa a reclamación de débeda ou o acta de liquidación nos casos en que estas procedan, sen que se satisfacese a débeda, iníciase o procedemento de prema mediante a emisión de providencia de prema, na que se identifica a débeda pendente de pagamento coa recarga correspondente.

A providencia de prema, emitida polo órgano competente, constitúe o título executivo suficiente para o inicio do procedemento de prema pola Tesourería Xeral da Seguridade Social e ten a mesma forza executiva que as sentenzas xudiciais para proceder contra os bens e dereitos dos suxeitos obrigados ao pagamento da débeda.

Na notificación da providencia de prema advírtese ao suxeito responsable de que se a débeda esixida non se ingresa dentro dos 15 días seguintes á súa recepción ou publicación serán esixibles os intereses de demora devindicados e procederase ao embargo dos seus bens.

 

Actividade financeira pola que a Tesourería Xeral da Seguridade Social percibe nas Oficinas Recadadoras autorizadas, mediante a presentación dos documentos de cotización e o ingreso do líquido da débeda, o importe das cotas.

É recadación voluntaria cando se realiza no prazo regulamentario, ou fóra del, pero antes do inicio da vía executiva.

É recadación executiva a que se efectúa despois do inicio da vía executiva polo transcurso dos prazos preceptivos sen ingreso.

Porcentaxes que incrementan o importe das débedas coa Seguridade Social cando non se ingresasen no prazo regulamentario establecido. A porcentaxe da recarga variará en función do momento do ingreso efectivo das débedas polos suxeitos responsables e de que estes presenten ou non os documentos de cotización dentro do prazo regulamentario.

É a porcentaxe de incremento (entre un 30 e un 50 por 100) que recae sobre as prestacións económicas derivadas de riscos profesionais, por ter existido falta de medidas de prevención de riscos laborais establecidas nas normas da orde social. O responsable do recargo é o empresario infractor.

Documento emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social polo que se reclaman as cotas ou calquera outro recurso do sistema, nos supostos legalmente previstos. Os importes das débedas que se reclaman incrementaranse, se é o caso, coas recargas que procedan.

Escrito presentado ante a Administración da Seguridade Social, con carácter previo (a acudir) á vía xudicial, no que se solicita a modificación ou revogación dun acto administrativo.

Pretensión que formula o demandado contra o actor, aproveitando a oportunidade do proceso iniciado por este. Interponse ao tempo de contestar a demanda, mais é unha acción independente, pasando o demandado a ser demandante contra o primitivo actor.

Reclamación que se fai ante un órgano administrativo, ou ante un xuíz ou tribunal, que ditou unha resolución, ou ante outro superior, por non estar conforme con ela, co fin de que se reforme ou revoque.

Norma de alcance xeral, obrigatoria en todos os seus elementos e directamente aplicable en cada Estado membro. Produce efectos sen a intervención das autoridades nacionais e pode ser alegado polos particulares nas súas relacións xurídicas.

Obriga de devolver o importe das prestacións percibidas indebidamente polos beneficiarios. Esta obriga prescribe aos 4 anos, contados a partir do seu cobro, ou dende que foi posible exercitar a acción para esixir a súa devolución.

Dentro da acción protectora por desemprego e co réxime financeiro e de xestión determinado para aquela pola Lei Xeral da Seguridade Social, estableceuse unha axuda específica denominada renda activa de inserción, dirixida aos desempregados con especiais necesidades económicas e dificultade para atopar emprego que adquiran o compromiso de realizar actuacións favorecedoras da súa inserción laboral.

Sistema de financiamento da Seguridade Social conforme ao cal os ingresos e as cotizacións de todos os afiliados do Sistema cobren os gastos das prestacións e subsidios dos beneficiarios, en ciclos anuais.

Acto dos tribunais e xulgados ditados no proceso, que reciben o nome de providencias, autos e sentencias.

Réxime xurídico a través do cal se determina o suxeito obrigado en cada caso ao pagamento dunha prestación. Por regra xeral a responsabilidade recae sobre a Entidade Xestora, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, ou empresa colaboradora, cando houbo cumprimento dos requisitos esixidos. Non obstante, cando estes se incumpren (faltas de afiliación, alta e cotización) a responsabilidade pode imputarse tamén ao empresario incumpridor.

Integración voluntaria, por parte das empresas, das preocupacións sociais e medioambientais nas súas operacións empresariais e nas relacións cos seus interlocutores, que será fomentada polo Consello Estatal de Responsabilidade Social das Empresas.

Seguro Social de carácter obrigatorio, hoxe extinguido, creado en 1919, para asalariados entre 16 e 65 anos cuxa retribución non superase un determinado límite e no que se concibía a vellez coma invalidez por idade. En virtude de norma transitoria, quen figurase afiliado ao Retiro Obreiro Obrigatorio, conserva actualmente o dereito a causar as prestacións do Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez (SOVI), conforme ás condicións esixidas pola lexislación do mesmo, e sempre que os interesados non teñan dereito a ningunha pensión con cargo aos Réximes que integran o Sistema da Seguridade Social.

Aplicación dunha lei nova a situacións anteriores á súa entrada en vigor, por resultar máis beneficiosa para o interesado.

Actualización das pensións da Seguridade Social na súa modalidade contributiva, ao comezo de cada ano, en función do correspondente índice de prezos ao consumo previsto para este ano.

Novo exame e cualificación da incapacidade permanente, -promovido polo INSS, ou polo propio interesado, as entidades colaboradoras, os empresarios responsables das prestacións, os responsables subsidiarios ou solidarios-, por agravación, melloría ou erro do diagnóstico do estado invalidante, en tanto que o incapacitado non cumprise a idade de 65 anos.

A estrutura do Sistema da Seguridade Social está integrada polo Réxime Xeral e os Réximes Especiais establecidos para algunhas actividades profesionais pola súa natureza, as súas peculiares condicións de tempo e lugar, ou pola índole dos seus procesos produtivos. Na actualidade son Réximes Especiais os de Traballadores do Mar, Minaría do Carbón e Traballadores por conta propia ou Autónomos. Dentro deste último, existe un Sistema Especial para determinados traballadores agrarios por conta propia.

Con efectos do 1 de xaneiro de 2012, incorporáronse ao Réxime Xeral como Sistemas Especiais os anteriores Réximes Especiais de Traballadores agrarios por conta allea e de Empregados de Fogar.

Rexistro unificado, cuxa xestión e funcionamiento corresponde ao INSS, no que se integran as prestacións sociais públicas de carácter económico, destinadas a persoas ou familias (xa sexan de clases pasivas do Estado, da Seguridade Social, das entidades substitutivas, de réximes de previsión de Comunidades Autónomas, Corporacións Locais, e en xeral de entes que se financien en todo ou en parte con recursos públicos), a efectos de determinar a súa incompatibilidade e a fixación de límites máximos. Anualmente, publícase o catálogo de organismos, entidades e empresas incluídas no Rexistro.

Suspensión do contrato ou cesamento na actividade que dá lugar a unha prestación económica que consiste nun subsidio equivalente ao 100 por 100 da base reguladora, que será a establecida para a prestación de incapacidade temporal derivada de continxencias profesionais, para protexer a saúde da traballadora ou do feto durante o período de suspensión do contrato de traballo ou da actividade nos supostos en que, debendo a muller traballadora cambiar de posto de traballo por outro compatible co seu estado, este cambio de posto non resulte técnica ou obxectivamente posible, ou non poida razoablemente esixirse por motivos xustificados. Concédese nos mesmos termos e condicóns que a prestación por risco durante o embarazo, se ben se extinguirá cando o fillo faga nove meses. Trátase de riscos profesionais por incompatibilidade entre o traballo e o feito biolóxico da lactación natural.

Suspensión do contrato ou cesamento na actividade que dá lugar a unha prestación económica que consiste nun subsidio equivalente ao 100 por 100 da base reguladora, que será a establecida para a prestación de incapacidade temporal derivada de continxencias profesionais, para protexer a saúde da traballadora embarazada ou do feto durante o período de suspensión do contrato de traballo ou da actividade nos supostos en que, debendo a muller traballadora cambiar de posto de traballo por outro compatible co seu estado, este cambio de posto non resulte técnica ou obxectivamente posible, ou non poida razoablemente esixirse por motivos xustificados. Trátase de riscos profesionais por incompatibilidade entre o traballo e o feito biolóxico do embarazo.

O que con tal carácter sinala o Goberno anualmente conforme ao Estatuto dos Traballadores. Aplícase para todas as actividades sen distinción de sexo nin idade dos traballadores. Incrementado nun sexto, co pro rateo das percepcións de vencemento superior ao mensual, constitúe a base mínima de cotización á Seguridade Social.

Programa que comprende as actuacións sanitarias preventivas e asistenciais específicas dirixidas aos traballadores do mar, fundamentalmente: recoñecementos médicos previos ao embarque, formación sanitaria, Centro Radio-Médico, Centros Asistenciais no estranxeiro e Buques Sanitarios.

A Secretaría de Estado da Seguridade Social e Pensións (SESSP) é un órgano superior baixo a autoridade do Ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións ao que lle corresponden as funcións de dirección e tutela das Entidades Xestoras e Servizos Comúns da Seguridade Social, adscritas ao Departamento, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros ministerios e a outras unidades do departamento; o impulso e a dirección da ordenación xurídica do sistema da Seguridade Social; a dirección e coordinación da xestión dos recursos financeiros e gastos da Seguridade Social, a planificación e tutela da xestión exercida polas entidades colaboradoras da Seguridade Social e calquera outra competencia que, legal ou regulamentariamente, lle estea atribuída.

Creado por Lei en 1953 e previsto na Lei Xeral da Seguridade Social coma un Réxime Especial para os estudantes que, non obstante, non chegou a desenvolverse de todo. Alcanza aos matriculados en centros oficiais dende o ensino secundario ata o universitario e, como máximo, ata os 28 anos. A exigua cota abóase xunto coa matrícula e comprende prestacións sanitarias e económicas de escasa contía.

No ano 1939, o Retiro Obreiro transformouse en subsidio de vellez; oito anos máis tarde (1947), este subsidio convértese en Seguro de Vellez e Invalidez (SOVI) e, finalmente, en 1955 engádese a protección da viuvez. Mantén pervivencia actualmente, en virtude de norma transitoria, para quen no 1 de xaneiro de 1967, calquera que fose a súa idade nesa data, tivese cuberto o período de cotización esixido por este Seguro ou que, no seu defecto, figurasen afiliados ao extinguido Réxime de Retiro Obreiro Obrigatorio, conservando o dereito a causar as prestacións do primeiro destes Seguros, conforme ás condicións esixidas pola lexislación do mesmo, e sempre que os interesados non teñan dereito a ningunha pensión a cargo dos Réximes que integran o Sistema da Seguridade Social, con excepción das pensións de viuvez; entre tales pensions enténdense incluídas as correspondentes ás entidades substitutivas integradas neste Sistema.

Resolución que decide definitivamente o preito cando, segundo as leis procesuais, deba revestir esta forma. Pode ser firme ou susceptible de revisión por órgano superior.

Suspensión da vida conxugal que non extingue o matrimonio, coma o divorcio, mais dá dereito á pensión de viuvez, se se reúnen os requisitos establecidos.

O Servizo Público de Emprego Estatal é o Organismo Autónomo, dotado de personalidade xurídica propia para o cumprimento dos seus fins e adscrito ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a través da Secretaría Xeral de Emprego, que ten coma principais competencias a xestión e o control das prestacións por desemprego; manter as bases de datos que garantan o rexistro público de ofertas, demandas e contratos; manter o observatorio das ocupacións e elaborar as estatísticas en materia de emprego a nivel estatal; levar a cabo investigacións, estudos e análises sobre a situación do mercado de traballo e os instrumentos para melloralo, en colaboración coas respectivas Comunidades Autónomas e colaborar coas Comunidades Autónomas na elaboración do Plan nacional de acción para o emprego, axustado á Estratexia Europea de Emprego, e do programa anual de traballo do Sistema Nacional de Emprego.

O Servizo Xurídico da Seguridade Social (SJSS) é un Servizo Común da Seguridade Social, ao que lle corresponde o exercicio das funcións e competencias relativas ao asesoramento xurídico e representación e defensa en xuízo das Entidades Xestoras e Servizos Comúns da Seguridade Social.

Prestacións en materia de reeducación e rehabilitación de discapacitados, asistencia á terceira idade, asistencia social e noutras competencias do IMSERSO.

Remisión Electrónica de Datos pola que se posibilita que o suxeito responsable do cumprimento das obrigas coa Seguridade Social poida remitir os datos relativos á inscrición de empresas, afiliación, altas e baixas de traballadores, así como de cotización e recadación a través de medios electrónicos, informáticos e telemáticos, de acordo coas disposicións establecidas ao efecto.

Expresión que se usa para designar, dentro del Régimen General o del Régimen Especial de Trabajadores Autónomos, las variaciones en las normas comunes de afiliación, cotización, recaudación y acción protectora establecidas (para determinadas empresas) por la peculiaridad de sus actividades económicas (Frutas y Hortalizas, Industria Resinera, Servicios Extraordinarios de Hostelería, Industria de Conservas Vegetales y Manipulado y Empaquetado de Tomate Fresco, Estudios de mercado y opinión pública, entre otros).

Con efectos de 1 de enero de 2012, se han incorporado al Régimen General de la Seguridad Social los Sistemas Especiales para Trabajadores por cuenta ajena agrarios y para Empleados de Hogar.

A dos suxeitos protexidos que, sen estar en situación de actividade laboral, reúnen determinadas condicións regulamentariamente establecidas que permiten o acceso inmediato ou latente a toda ou parte da acción protectora da Seguridade Social.
Para causar dereito ás prestacións é requisito necesario, agás excepcións, estar afiliado e en alta. Non obstante, diversas disposicións legais establecen situacións asimilidas por circunstancias especiais do traballador, tales como o desemprego, a excedencia forzosa, o traslado do traballador pola empresa fóra do territorio nacional, |etc.

Os subsidios de garantía de ingresos mínimos quedaron suprimidos pola Lei 26/1990 (actual Disposición Transitoria Undécima do Real Decreto Lexislativo 1/1994, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social), mantendo o dereito os beneficiarios que os tiñan recoñecidos, nos termos e condicións previstos na lexislación específica que os regula. Pero, naturalmente, non caben novos recoñecementos, senón que unicamente poden continuar percibindo estes subsidios os que xa os tivesen recoñecidos antes da súa supresión.

Trátase dunha prestación económica de carácter periódico destinada ás persoas con discapacidade maiores de idade, afectados por unha discapacidade en grao igual ou superior ao 65 por 100, e que se vexan imposibilitados para obter un emprego axeitado, sempre que carezan de medios económicos e non perciban prestación pecuniaria do Estado, Comunidades Autónomas, Corporacións Locais ou da Seguridade Social. Cando perciban unha prestación económica, o subsidio reducirase en contía igual ao seu importe.

Prestación económica de carácter periódico destinada a atender os gastos orixinados polos desprazamentos fóra do seu domicilio habitual daquelas persoas con discapacidade maiores de 3 anos, afectados por perdas anatómicas ou funcionais en grao igual ou superior ao 33 por 100, que non estean imposibilitados para efectuar tales desprazamentos.

Os subsidios por axuda de terceira persoa quedaron suprimidos pola Lei 26/1990 (actual Disposición Transitoria Undécima do Real Decreto Lexislativo 1/1994, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social), mantendo o dereito os beneficiarios que os tiñan recoñecidos, nos termos e condicións previstos na lexislación específica que os regula. Pero, naturalmente, non caben novos recoñecementos, senón que unicamente poden continuar percibindo estes subsidios os que xa os tivesen recoñecidos antes da súa supresión.

Trátase dunha prestación económica de carácter periódico destinada ás persoas con discapacidade maiores de idade, afectados por unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 por 100, que carezan de medios económicos, e que, como consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesiten a asistencia doutra persoa para realizar os actos máis esenciais da vida, tales como vestirse, desprazarse, comer ou outros análogos.

Familiares que sobreviven ao suxeito causante falecido, que poden acceder ás prestacións por morte e supervivencia determinadas pola Lei, se reúnen as condicións esixidas para iso.

É o que se interpón ante as Salas do Social dos Tribunais Superiores de Xustiza contra determinadas sentenzas ditadas polos Xulgados do Social da súa circunscrición.

Persoa á que, estando comprendida no campo de aplicación da Seguridade Social, o Estado, por medio desta, lle garante, por cumprir os requisitos esixidos nas modalidades contributiva ou non contributiva, así como aos familiares ou asimilados que tivese ao seu cargo, a protección adecuada fronte ás continxencias e nas situacións que se contemplan na Lei.

Persoa natural ou xurídica á que a normativa impón as obrigas de solicitar a afiliación e comunicar as altas e as baixas e de realizar achegas ao Sistema da Seguridade Social

Toda persoa física incluída no ámbito de protección do Sistema da Seguridade Social.

Persoa natural ou xurídica á que a normativa vixente impón a obriga de realizar o ingreso material das cotizacións da Seguridade Social. Nos réximes por conta allea é responsable do ingreso a empresa.

É o documento que emite o INSS ou o ISM, en aplicación dos Regulamentos Comunitarios de Seguridade Social, con carácter independente (é persoal e intransferible) e que permite o acceso dos seus titulares aos servizos sanitarios da rede sanitaria pública no Estado membro de estancia, xa sexa por motivos de traballo, estudos, turismo, |etc.  Non obstante, cando o desprazamento a outro país distinto ao de aseguramento se realiza para recibir tratamento médico, debe obterse o formulario E112 (suposto de enfermo autorizado).

Documento administrativo que as Administracións sanitarias autonómicas e o Instituto Nacional de Xestión Sanitaria (Ceuta e Melilla) emiten, con soporte informático, ás persoas residentes no seu ámbito territorial que teñan acreditado o dereito á asistencia sanitaria pública. A tarxeta sanitaria individual emitida por calquera das Administracións sanitarias competentes será válida en todo o Sistema Nacional de Saúde, e permitirá o acceso aos centros e servizos sanitarios do sistema nos termos previstos pola lexislación vixente. A súa validez e utilización restrínxese unicamente ao territorio nacional.

Con obxecto de dispoñer de datos normalizados de cada persoa, na súa condición de usuario do Sistema Nacional de Saúde, independentemente do título polo que accede ao dereito á asistencia sanitaria e da Administración sanitaria emisora, todas as tarxetas sanitarias incorporan unha serie de datos básicos comúns e estarán vinculadas a un código de identificación persoal único para cada cidadán no Sistema Nacional de Saúde.

A tarxeta sanitaria individual conterá, de maneira normalizada e de forma visible, os seguintes datos: Administración sanitaria emisora da tarxeta; apelidos e nome do titular da tarxeta; código de identificación persoal asignado pola Administración sanitaria que emite a tarxeta; modalidade da prestación farmacéutica e lenda que informa da súa validez en todo o Sistema Nacional de Saúde.

As pensións (de invalidez ou de morte e supervivencia) causadas por actos de terrorismo teñen o carácter de pensións extraordinarias, de regulación específica.

A Tesourería Xeral da Seguridade Social é un Servizo Común da Seguridade Social dotado de personalidade xurídica, ao que compete a xestión dos recursos económicos e a administración financeira do sistema, en aplicación dos principios de solidariedade financeira e caixa única.

Entre as funcións encomendadas á Tesourería Xeral da Seguridade Social, pódense destacar as seguintes: a inscrición de empresas; afiliación, altas e baixas dos traballadores; a xestión e control da cotización e da recadación e dos demais recursos financeiros do Sistema da Seguridade Social; a titularidade e xestión dos bens e dereitos que constitúen o patrimonio único da Seguridade Social; a ordenación do pagamento das obrigas da Seguridade Social e a distribución das dispoñibilidades financeiras para satisfacer estas obrigas e evitar desaxustes financeiros; a autorización da apertura de contas en institucións financeiras destinadas a situar fondos da Seguridade Social; a xestión dos réximes de previsión voluntaria; a recadación das cotas de desemprego, fondo de garantía salarial e formación profesional en tanto se efectúe conxuntamente coa das cotas da Seguridade Social; o desenvolvido dos programas de loita contra o fraude que correspondan e, finalmente, a xestión do Fondo de Reserva da Seguridade Social.

 

Porcentaxe que se aplica ás bases de cotización para a obtención das cotas da Seguridade Social, que se fixa anualmente por lei. No traballo por conta allea o tipo de cotización distribúese entre empregador e empregado, agás os Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais e os que expresamente se establecen a cargo exclusivo do empresario (Fondo de Garantía Salarial).

O marco xurídico da xubilación presenta, dentro da modalidade contributiva, diversas clases, tipos ou posibilidades para causar as pensións de xubilación. Así: xubilación parcial; anticipada por razón da actividade profesional ou por discapacidade; anticipada coa condición mutualista; anticipada sen a condición mutualista tanto voluntaria como involuntaria; ordinaria, gradual e flexible.

Tope máximo das prestacións, importe máximo ou límite da contía das prestacións que, en ningún caso, poderá exceder do 100% da base reguladora, agás nos supotos de recargo por falta de medidas de seguridade, gran invalidez e nas pensións extraordinarias orixinadas por actos terroristas. Aplícase tamén o termo para referirse á contía máxima ou tope de cobertura que fixa anualmente a Lei de Orzamentos Xerais do Estado.

Cantidades máximas e mínimas entre as que debe estar sempre comprendida a base de cotización para Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais. Se se supera, por exceso, computarase como base o tope máximo e, se non se alcanza, por defecto, tomarase o tope mínimo.

Toda persoa física que realiza unha actividade por conta propia ou allea que determina a súa inclusión no campo de aplicación dos réximes que compoñen o Sistema da Seguridade Social.

Persoa que celebra un contrato de traballo no que se acorda a prestación de servizos durante un número de horas ao día, á semana, ao mes ou ao ano inferior á xornada de traballo dun traballador a tempo completo comparable, (mesma empresa e centro de traballo, co mesmo tipo de contrato de traballo e un traballo idéntico ou similar). Pode concertarse por tempo indefinido ou por duración determinada.

En Dereito comunitario, designa a todo traballador por conta allea que se despraza ao territorio dun Estado membro distinto daquel onde reside, co fin de efectuar alí, por conta dunha empresa ou dun empresario deste Estado, un traballo de carácter estacional cuxa duración non poderá sobrepasar en ningún caso oito meses se permanece no territorio deste Estado mentres dura o seu traballo; por traballo de carácter estacional enténdese un traballo que depende do ritmo das estacións e que se repite automaticamente cada ano.

Todo traballador que exerza a súa actividade profesional no territorio dun Estado membro e resida no territorio doutro Estado membro, ao que regrese en principio cada día ou polo menos unha vez por semana; non obstante, o traballador fronteirizo que estea destacado pola empresa da que depende normalmente, no territorio do mesmo Estado membro ou doutro Estado membro, conservará a calidade de traballador fronteirizo durante un tempo que non excederá de catro meses, aínda cando durante a súa estada como destacado non poida regresar cada día ou polo menos unha vez por semana, ao lugar da súa residencia.

Toda persoa física que voluntariamente presta os seus servizos retribuídos por conta allea e dentro do ámbito de organización e dirección doutra persoa, física ou xurídica, denominada empregador ou empresario.

Estratexia de integrar a igualdade de oportunidades en todas as áreas políticas fundamentais. Tamén é a integración da dimensión de xénero en todas as ramas do ordenamento xurídico.

Para determinar o requisito de carencia de rendas ou ingresos suficientes, a efectos de acceder ás pensións de xubilación e invalidez de modalidade non contributiva, é preciso comprobar se o beneficiario convive ou non con outros familiares. Existe unidade económica de convivencia en todos os casos nos que o beneficiario conviva con outras persoas, sexan ou non beneficiarias, unidas con el por matrimonio ou por lazos de parentesco de consanguinidade ata o segundo grao.

A Unión Europea (UE) é unha familia de países europeos democráticos, que se comprometeron a traballar xuntos pola paz e a prosperidade. Non se trata dun Estado destinado a substituír aos actuais Estados, porén é máis que calquera outra organización internacional. En realidade, a UE é única. Os seus Estados membros crearon institucións comúns nas que delegan parte da súa soberanía, co fin de que se poidan tomar democraticamente decisións sobre asuntos específicos de interese común a escala europea. Esta unión de soberanías tamén se denomina "integración europea".

A UE conta con cinco institucións, cada unha delas cunha función específica: Parlamento Europeo (elixido polos cidadáns dos Estados membros), Consello da Unión Europea (representa os gobernos dos Estados membros), Comisión Europea (motor e órgano executivo), Tribunal de Xustiza (garante o cumprimento da lei) e Tribunal de Contas (efectúa o control da legalidade e a regularidade da xestión do orzamento da UE).

Estas institucións están acompañadas doutros cinco importantes organismos: Comité Económico e Social Europeo (expresa a opinión da sociedade civil organizada respecto de cuestións económicas e sociais), Comité das Rexións (expresa as opinións das autoridades rexionais e locais), Banco Central Europeo (responsable da política monetaria e da xestión do euro), Defensor do Pobo Europeo (ocúpase das denuncias dos cidadáns sobre a mala xestión de calquera institución ou organismo da UE) e Banco Europeo de Investimentos (contribúe a lograr os obxectivos da UE financiando proxectos de investimento).

O estado de dereito é fundamental para a Unión Europea. Todas as decisións e procedementos da UE baséanse nos tratados, que son acordados por todos os países da UE.

Inicialmente a UE estaba composta por só seis países: Bélxica, Alemaña, Francia, Italia, Luxemburgo e os Países Baixos. En 1973 adheríronse Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido; en 1981 adheriuse Grecia; en 1986 adheríronse España e Portugal; e en 1995 adheríronse Austria, Finlandia e Suecia. En 2004 tivo lugar a maior ampliación, coa adhesión da República Checa, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta e Polonia. Finalmente, en 2007, incorporáronse Romanía e Bulgaria.

Nos primeiros anos da súa existencia, gran parte da cooperación entre os países da UE referíase ao comercio e á economía, pero na actualidade a UE tamén trata outros moitos temas con repercusión directa na nosa vida cotiá, tales como os dereitos dos cidadáns; a garantía da liberdade, a seguridade e a xustiza; a creación de postos de traballo; o desenvolvemento rexional; a protección do ambiente; a creación da globalización en beneficio de todos.

Violencia que, como manifestación da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres, se exerce sobre estas por parte de quen sexa ou fora o seu cónxuxe ou de quen estea ou estivese ligado a elas por relacións similares de afectividade, aínda sen convivencia.

Comprende todo acto de violencia física e psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria de liberdade.

O período de suspensión do contrato de traballo por decisión da traballadora que se vexa obrigada a abandonar o seu posto de traballo como consecuencia de ser vítima de violencia de xénero terá a consideración de situación asimilada á de alta, e de período de cotización efectiva a efectos das correspondentes prestacións da Seguridade Social por xubilación, incapacidade permanente, morte ou supervivencia, maternidade e desemprego. Este período de suspensión terá unha duración inicial que non poderá exceder de 6 meses, prorrogables por períodos de 3 meses, cun máximo de 18 meses.

Ás traballadoras por conta propia vítimas de violencia de xénero que cesen na súa actividade para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral, suspenderáselles a obriga de cotización durante un período de 6 meses, que serán considerados como de cotización efectiva para os efectos das prestacións de Seguridade Social. Así mesmo, a súa situación será considerada como asimilada á alta.

Quen sexa condenado, por sentenza firme, pola comisión dun delito doloso de homicidio en calquera das súas formas ou de lesións, perderá a condición de beneficiario da pensión de viuvez que lle corresponda, cando a vítima destes delitos fose a causante da pensión, agás que, no seu caso, medie reconciliación entre eles.

En tales casos, a pensión de viuvez que se tivese que recoñecer incrementará as pensións de orfandade, se as houbese, sempre que tal incremento estea establecido na lexislación reguladora do réximen de Seguridade Social de que se trate.

A quen sexa condenado, por sentenza firme, pola comisión dun delito doloso de homicidio en calquera das súas formas ou de lesións cando a ofendida polo delito fose a súa cónxuxe ou excónxuxe ou estivese ou estivera ligada a el por unha relación de afectividade análoga, aínda sen convivencia, non lle será aboable, en ningún caso, a pensión de orfandade da que poideran ser beneficiarios os seus fillos, agás que, no seu caso, mediara reconciliación entre aqueles.

Estado civil que outorga o dereito a prestación da Seguridade Social en determinadas circunstancias e na contía que corresponda.

Con natureza de Servizo Común da Seguridade Social, depende funcionalmente da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, de cada Entidade Xestora da Seguridade Social, da Intervención Xeral da Seguridade Social e da Tesourería Xeral da Seguridade Social, respecto dos programas e proxectos que afecten á súa competencia respectiva.

As súas actuacións axustaranse ás directrices establecidas polo Consello xeral de tecnoloxías da información e as comunicacións da Seguridade Social. Ten atribuídas, entre outras, as funcións de elaboración e proposición dos plans directivos de sistemas de tecnoloxías da información e das telecomunicacións; a proposta de creación, desenvolvemento e modificación dos sistemas de información; a creación, custodia e administración das bases de datos corporativas do sistema, así coma os sistemas de seguridade e de confidencialidade, etc.

Autorización que a Tesourería Xeral da Seguridade Social concede a empresas con centros de traballo en varias provincias para que realicen nunha soa determinadas xestións administrativas relacionadas coa cotización-recadación.

Pensión vitalicia recoñecida ao traballador que, unha vez alcanzada a idade legal, cesa (ou xa cesara) no traballo, despois de cumprir os requisitos esixidos.  Existen distintas clases ou tipos de xubilación.

Ten este carácter a que se concede en certos casos antes de facer a idade legal que en cada caso resulte aplicable, con ou sen aplicación de porcentaxes de redución da súa contía. Así,  a idade  de xubilación  pode ser rebaixada ou anticipada naqueles grupos ou actividades profesionais, cuxos traballos sexan de natureza excepcionalmente penosa, perigosa, tóxica e insalubre, e así o recoñeza a normativa aplicable. A idade mínima pode ser reducida tamén no caso de persoas con discapacidade nun grao igual ou superior ao 65 por 100. Así mesmo, poden causar a pensión de xubilación, en virtude de normas de dereito transitorio, a partir dos 60 anos, con aplicación de coeficientes redutores, os traballadores que o 1-1-67 (ou data equivalente), ou con anterioridade, tiñan a condición mutualista. Por último, pode recoñecerse a pensión, con aplicación de coeficientes redutores aos traballadores por conta allea que anticipen a súa xubilación un máximo de catro anos respecto á idade que en cada caso resulte aplicable, sempre que acrediten, polo menos, 33 anos de cotización, ter estado inscritos 6 meses como demandantes de emprego e ter cesado no traballo por causa non imputable a eles mesmos. Tamén se poderá anticipar voluntariamente ata un máximo de dous anos, con aplicación de coeficientes, no caso de traballadores maiores de 63 que acrediten un mínimo de 35 anos de cotización efectiva.

Pensión de xubilación que, unha vez causada, se compatibiliza cun traballo a tempo parcial, coa consecuente minoración daquela en proporción inversa á redución aplicable á xornada de traballo do pensionista.

Cando se acceda á pensión, con posterioridade á idade que en cada caso resulte aplicable, o traballador poderá percibir un complemento adicional por cada ano que prolongue a súa vida laboral, podendo elixir entre unha porcentaxe de incremento da súa pensión, unha cantidade a tanto alzado ou unha combinación de ambas as dúas opcións.

A iniciada despois de facer a idade esixida segundo os períodos cotizados no momento do feito causante, ou despois dos 60, se se trata de traballadores mutualistas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 1967, simultánea cun contrato de traballo a tempo parcial e vinculada cun contrato de relevo celebrado cun traballador en situación de desemprego ou que teña concertado coa empresa un contrato de duración determinada. Esíxense ademais 6 anos de antigüidade na empresa, un mínimo de 33 anos de cotización e que a redución da xornada de traballo se ache entre o 25 e o 75%.

O contrato de relevo non é necesario cando o xubilado teña feito a idade que en cada caso resulte de aplicación sendo neste caso a redución de entre un 25% e un 50% da xornada de traballo.

Órgano xurisdicional para coñecer en primeira e única instancia sobre as materias atribuídas á xurisdición social que non estean asignadas a órganos superiores (que son as atribuídas en primeira instancia aos Tribunais Superiores de Xustiza e á Audiencia Nacional). Nos Xulgados do Social tratarase tanto da instancia como da execución.

Orde xurisdicional a quen a Lei Orgánica do Poder Xudicial atribúe as competencias para coñecer das pretensións que se susciten e teñan por fundamento material normas de Dereito do Traballo e da Seguridade Social.

Complementary Content
${loading}