Categoría:
> Tema:
23. Cales son as medidas aprobadas para a protección de traballadores autónomos polo RD-lei 2/2022, do 22 de febreiro, polo que se adoptan medidas urxentes para a protección dos traballadores autónomos, para a transición cara aos mecanismos estruturais de defensa do emprego, e para a recuperación económica e social da illa da Palma, e prorróganse determinadas medidas para facer fronte a situacións de vulnerabilidade social e económica?
Art. 2. Prestación extraordinaria por cesamento de actividade para os traballadores autónomos afectados por unha suspensión temporal de toda a actividade como consecuencia de resolución da autoridade competente como medida de contención da propagación do virus COVID-19.
CARACTERÍSTICAS
- Traballadores autónomos que se vexan obrigados a suspender todas as súas actividades como consecuencia dunha resolución adoptada pola autoridade competente como medida de contención na propagación do virus COVID-19, ou manteñan polos mesmos motivos a suspensión da súa actividade iniciada con anterioridade a 01 de marzo de 2022.
- A partir do 01 de marzo de 2022
- Os socios traballadores das cooperativas de traballo asociado que optasen polo seu encadramento como traballadores por conta propia no réxime especial que corresponda terán dereito igualmente a esta prestación extraordinaria, sempre que reúnan os requisitos establecidos neste artigo.
REQUISITOS
a) Estar afiliados e en alta en RETA ou, se é o caso, no RETAMAR, polo menos 30 días naturais antes da data da resolución que acorde a suspensión da actividade e en todo caso antes da data de inicio desta cando esta se decretase con anterioridade ao 1 de marzo de 2021.
b) Estar ao corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social.
CONTÍA
- Con carácter xeral: 70% BASE MÍNIMA COTIZACIÓN.
- Persoas conviventes en mesmo domicilio unidas por vínculo familiar ou unidade análoga de convivencia ata o primeiro grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade e dous ou máis membros con dereito a esta prestación: 40% BASE MÍNIMA COTIZACIÓN.
COTIZACIÓN
- Durante o tempo que permaneza a actividade suspendida manterase a alta no réxime especial correspondente quedando o traballador autónomo exonerado da obriga de cotizar. A exoneración do ingreso das cotas estenderase dende o primeiro día do mes no que se adopte a medida de peche de actividade, ou dende o 01 de marzo de 2022 cando se manteña a suspensión de actividade iniciada con anterioridade a esta data, ata o último día do mes seguinte ao que se levante a devandita medida, ou ata o 30 de xuño de 2022 se esta última data fose anterior.
- A base de cotización aplicable durante todo o período de percepción desta prestación extraordinaria será en todo caso a establecida no momento de inicio da devandita prestación.
PRAZO DE SOLICITUDE - NACEMENTO DO DEREITO E DURACIÓN
O recoñecemento da prestación poderá solicitarse dentro dos primeiros vinte e un días naturais seguintes á entrada en vigor do acordo ou resolución de peche de actividade ou antes do 21 de marzo cando a suspensión de actividade se acordase con anterioridade ao 01 de marzo de 2022 e non se estivese a percibir a prestación extraordinaria considerada no artigo 9 do Real Decreto-Lei 18/2021, do 28 de xaneiro.
O dereito á prestación nacerá dende o día seguinte á adopción da medida de peche de actividade adoptada pola autoridade competente, ou dende o 01 de marzo de 2022 cando se manteña a suspensión de actividade iniciada con anterioridade a esta data.
No caso de que a solicitude se presente fóra do prazo establecido, o dereito á prestación iniciarase o primeiro día do mes seguinte ao da solicitude. Nestes casos, o traballador ou traballadora quedará exento da obriga de cotizar dende o día que teña dereito a percibir a prestación.
A percepción da prestación terá unha duración máxima de catro meses, finalizando o dereito a esta o último día do mes en que se acorde o levantamento das medidas ou o 30 de xuño de 2022, se esta última data fose anterior.
INCOMPATIBILIDADES
- A percepción da prestación é incompatible coa exención na cotización establecida no artigo 1 do RD Lei 2/2022.
- O percibo da prestación será incompatible coa percepción dunha retribución polo desenvolvemento dun traballo por conta allea, agás que os ingresos do traballo por conta allea sexan inferiores a 1,25 veces o importe do SMl;
- Co desempeño doutra actividade por conta propia;
- Coa percepción de rendementos procedentes da sociedade cuxa actividade se vise afectada polo peche;
- Coa percepción dunha prestación de Seguridade Social salvo aquela que o beneficiario viñera percibindo por ser compatible co desempeño da actividade que desenvolvía.
- Polo que se refire aos traballadores por conta propia incluídos no Réxime Especial dos Traballadores do Mar, a prestación por cesamento de actividade será incompatible coas axudas por paralización da frota. Sen prexuízo diso, no suposto de percepción de tales axudas, e previa acreditación de tal extremo, os traballadores autónomos tamén quedarán exonerados da obriga de cotizar nos termos sinalados para esta prestación.
Solicitud art. 2 R-D Ley 2/2022
Declaración responsable art 2 R-D Ley 2/2022.pdf