Categoría:
> Tema:
Non. Os traballadores autónomos aos que se estea a aplicar o beneficio coñecido como “tarifa plana” non poden cotizar por cesamento de actividade nin por formación profesional ata que finalice o período máximo de gozo das devanditas reducións.
A partir do día primeiro do mes seguinte á súa finalización deberase cotizar por todas as prestacións protexidas.
Tanto a exclusión da cotización por cesamento da actividade e por formación profesional, coma a cotización por estas continxencias unha vez finalizado o período máximo da “tarifa plana” realizarase de oficio pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.