Categoría:
> Tema:
Derrógase expresamente a actual denominada “tarifa plana” nas súas distintas modalidades.
Non obstante, para aqueles autónomos que sexan alta a partir de xaneiro de 2023, sendo a devandita alta a primeira alta no RETA ou non estivesen de alta no réxime nos dous anos anteriores á nova alta, establécese unha nova modalidade de tarifa plana de cota reducida fixada na LPGE (actualmente 80 €), cunha duración inicial de 12 meses ampliable a 24 meses se non se obteñen ingresos superiores ao SMI superado o período inicial.
As prestacións económicas ás que puidesen ter dereito os autónomos que se beneficien desta cota reducida determinarase de acordo coa base mínima do tramo inferior da táboa xeral.
Estas cotizacións non serán obxecto de regularización.
Aínda que a lei derrogou expresamente a denominada TARIFA PLANA nas súas distintas modalidades, poderase continuar gozando destes beneficios na cotización ata que se esgote a súa duración máxima a quen foran beneficiarios destes antes do 1 de xaneiro de 2023.