Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Afiliación de traballadores

Tema:

  • Afiliación de traballadores

    • Como cambiar os datos persoais nos rexistros da Seguridade Social?
      Categoría: > Tema:

      Para cambiar os seus datos persoais, deberá dirixirse á Administración da Tesourería Xeral da Seguridade Social máis próxima. Para iso, deberá de presentar o seu DNI e documentación acreditativa das súas alegacións ou tamén pode solicitar por teléfono, chamando ao 901 50 20 50  e 91 541 02 91, o formulario de actualización de datos que leva impresa a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade  Social que lle corresponda e co selo de franqueo pagado para que, unha vez cuberto e asinado, sexa depositado nunha caixa do correo. Esta Dirección Provincial efectuará o cambio solicitado.

      Accións dispoñibles
    • Como obter o Informe de Vida Laboral?
      Categoría: > Tema:

      O Informe de vida laboral pódese obter, mesmo dende o estranxeiro, a través dos seguintes medios:

      1. Pode solicitalo a través da Sede Electrónica, mediante as seguintes vías:

        1. Vía SMS, se previamente comunicou á Tesouraría Xeral da Seguridade Social un número de teléfono móbil. Neste caso e previa solicitude dun código que recibirá vía SMS, poderá obter, imprimir ou consultar o informe de vida laboral no mesmo momento da súa petición, a través do seu propio ordenador.


        2. Sen certificado dixital, neste suposto:

          • Os datos de Número da Seguridade Social, DNI e domicilio deben coincidir cos da base de datos da Seguridade Social para que se envíe o informe ao seu domicilio en España, que conste na nosa base de datos.
          • Realizada a petición, enviaráselle unha mensaxe ao enderezo de correo electrónico que nos facilite, informándoo do seu estado.
          • Transcorridas 24 horas da recepción deste correo, poderá coñecer o estado da súa petición a través do servizo "Consulta de estado de solicitude de informes".
        3. Usuario+ Contrasinal (Cl@ve permanente), sempre que dispoña dun usuario activo e un contrasinal en vigor. Para activar o usuario e xerar o contrasinal deberá dispoñer dun Código de Activación que se obtén de forma presencial en calquera Oficina de Rexistro Cl@ve e poderá obter, imprimir e/ou consultar o informe de vida laboral no mesmo momento da súa petición, a través do seu propio ordenador.

        4. Con certificado dixital,  pódeo obter directamente tamén dende o seu ordenador.

      2. Chamando ao 901 50 20 50  e 91 541 02 91, sempre que na nosa base de datos teña un domicilio en España.
      Accións dispoñibles
    • Como rectificar erros no Informe de Vida Laboral?
      Categoría: > Tema:

      De observar algunha incidencia ou erro na información subministrada no informe de vida laboral, se dispón dun certificado dixital ou Usuario/Contrasinal (Cl@ve permanente), poderá solicitar a rectificación de calquera erro detectado no informe mediante o servizo de Solicitude de rectificación de informe de vida laboral da Sede Electrónica.

      Se o prefire, para notificar o erro, pode poñerse en contacto coa Administración da Seguridade Social máis próxima, xunto coa documentación que acredite o dereito alegado, co fin de que por esta se realicen, se procede, as modificacións que sexan pertinentes.

      Accións dispoñibles
    • Pódese compatibilizar o traballo por conta propia e allea?
      Categoría: > Tema:

      Se se realizan actividades por conta allea e por conta propia simultaneamente, enmarcables en dous Réximes distintos da Seguridade Social, débese figurar de alta e cotizar en ámbolos dous Réximes.

      En primeiro lugar, hai que determinar se procede enmarcar a situación do traballador no Réxime Especial de Traballadores Autónomos. O artigo do Decreto 2530/1970, do 20 de agosto, regulador do Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), define o traballador por conta propia ou autónomo como aquel que realiza de forma habitual, persoal e directa, unha actividade económica a título lucrativo, sen suxeición por ela a contrato de traballo e aínda que utilice o servizo remunerado doutras persoas. En calquera caso, será a Administración da Tesourería Xeral da Seguridade Socialque lle corresponda a que, á vista da documentación concreta, lle indique se procede ou non o seu encadramento no RETA. 
        
      No referente á cotización, a normativa actual en materia de Seguridade Social non prevé ningún desconto na cotización se por razón da súa actividade laboral debe estar incluído simultaneamente nos Réximes Xeral e de Traballadores Autónomos.

      A dobre cotización ou pluriactividade poderá dar dereito á remuneración das prestacións por cada un dos Réximes nos que estea dado de alta, cando se acrediten as correspondentes cotizacións superpostas e sempre que se cumpran os requisitos esixidos por cada Réxime para acadar o dereito a estas.


       

      Accións dispoñibles
    • ¿Quen está incluído no Réxime Especial do Mar?
      Categoría: > Tema:
      • Traballadores por conta allea, retribuídos con salario ou coa parte proporcional, empregados en calquera das actividades seguintes:

        • Mariña mercante.
        • Pesca marítima en calquera das súas modalidades.
        • Extracción doutros produtos do mar.
        • Tráfico interior de portos e embarcacións deportivas e de recreo.
        • Traballadores de carácter administrativo, técnico e subalternos das empresas anteriores.
        • Traballo de estibadores portuarios.
        • Servizo auxiliar sanitario e de fonda e cociña prestado aos emigrantes españois a bordo das embarcacións que os transportan.
        • Persoal ao servizo das confrarías de pescadores e as súas federacións, e de cooperativas do mar.
        • Calquera outra actividade marítimo-pesqueira cuxa inclusión neste Réxime sexa determinada polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
      • Os armadores de embarcacións que sexan de máis de 10 toneladas ou leven enrolados máis de cinco tripulantes, se figuran no rol e perciben como retribucións polo seu traballo unha participación no "Monte Menor" ou un salario como tripulante, quedan asimilados a traballadores por conta allea, agás a efectos de desemprego.

      • Traballadores por conta propia que realizan de forma habitual, persoal e directa, algunha das actividades que a continuación se enumeran, sempre que esta constitúa o seu medio fundamental de vida:

        • Armadores de embarcacións que non excedan de 10 toneladas de rexistro bruto, non leven máis de cinco persoas enroladas incluído o armador, e nas cales este vaia enrolado como técnico ou tripulante.
        • Os que se dediquen á extracción de produtos do mar.
        • Os redeiros que non realicen as súas faenas por conta dunha empresa pesqueira determinada

      • Tamén poden incluírse o cónxuxe e os familiares, ata o segundo grao de consanguinidade, afinidade ou adopción do traballador autónomo, se traballan, conviven e dependen economicamente daquel, agás proba de que son traballadores por conta allea.
      Accións dispoñibles
    • Como coñecer o número de afiliación á Seguridade Social e obter un duplicado do Documento de Afiliación?
      Categoría: > Tema:

      Pode coñecelo a través da Sede Electrónica, mediante o Servizo Duplicado de Documento de Afiliación

      • vía SMS, se previamente comunicou á Tesouraría Xeral da Seguridade Social un número de teléfono móbil. Neste caso, e previa solicitude dun código que recibirá vía SMS, poderá obter, imprimir ou consultar este duplicado no que consta o seu número de afiliación á Seguridade Social no mesmo momento da súa petición, a través do propio ordenador.
      • Usuario + contrasinal (Cl@ve permanente)
      • Con certificado dixital

      Por último, tamén pode coñecer o número de afiliación á Seguridade Social, dirixíndose a calquera Administración da Seguridade Social e facilitaranlle tanto o número, como un duplicado do documento de afiliación.

      Accións dispoñibles
    • Como adherirse a un convenio colectivo?
      Categoría: > Tema:

      Os convenios colectivos non entran dentro das competencias da Seguridade Social, senón que son competencia da autoridade laboral que lle corresponda en función do ámbito territorial de aplicación do convenio do que se trate, é dicir, a Dirección Xeral de Traballo se é un convenio de ámbito estatal ou o organismo competente no ámbito da Comunidade Autónoma de que se trate se é de aplicación nunha determinada Comunidade Autónoma.

      Accións dispoñibles
    • ¿Como realizar trámites relacionados coa tarxeta sanitaria da Seguridade Social?
      Categoría: > Tema:

      Para calquera tema relacionado coa tarxeta sanitaria da Seguridade Social, deberá dirixirse ao ambulatorio ou centro de atención primaria que lle asignara o organismo correspondente encargado de prestar a asistencia sanitaria na súa Comunidade Autónoma. Esta información, non obstante, non lle compete ao ámbito da nosa web.

      Accións dispoñibles
Complementary Content
${loading}