Información para empresas sobre prestacións
Incluímos aquí diferentes servizos que o Instituto Nacional da Seguridade Social ten en funcionamento para facilitar ás empresas a xestión das súas relacións laborais cos seus traballadores.
Entre tales servizos, o INSS puxo en marcha o de comunicación de prestacións ás empresas, mediante o cal, estas poderán descargarse información sobre as variacións que experimenten as prestacións de Seguridade Social recoñecidas aos seus traballadores, tanto subsidios coma outras que afecten os contratos de traballo ou as obrigas empresariais coa Seguridade Social.