Información básica
Concepto de provedor
Provedor é unha persoa física ou xurídica que prestou servizos ou entregou bens ao sistema da Seguridade Social, consonte á normativa reguladora da mesma.
Alta de provedor
1.- Persoa xurídica:
• Onde presentar a documentación?
Sede Electrónica da Seguridade Social.
• Documentación a presentar:
- Cubrir a información requirida e asinar electronicamente a solicitude.
- Anexar documentación xustificativa:
- Copia do DNI, NIF ou NIE.
- Certificado bancario electrónico orixinal con, como máximo, dous anos de antigüidade, emitido pola entidade financeira e asinado electronicamente por ela. Para obter o certificado bancario electrónico probe directamente na súa banca dixital ou contacte coa súa entidade financeira.
- Poder de representación ou apoderado.
- Documento xustificativo da contratación: documento de licitación, factura, documento de contratación pública, etc.
2.- Persoa física:
• Onde presentar a documentación?
Sede Electrónica da Seguridade Social ou Rexistro público dirixido á Dirección Provincial da TGSS correspondente.
• Documentación a presentar:
A. Sede Electrónica da Seguridade Social
- Cubrir a información requirida e asinar electronicamente a solicitude.
- Anexar documentación xustificativa
- Copia do DNI, NIF ou NIE
- Certificado bancario electrónico orixinal con, como máximo, dous anos de antigüidade, emitido pola entidade financeira e asinado electronicamente por ela. Para obter o certificado bancario electrónico probe directamente na súa banca dixital ou contacte coa súa entidade financeira.
- Poder de representación ou apoderado, se é o caso.
- Documento xustificativo da contratación: documento de licitación, factura, documento de contratación pública, etc.
- Modelo de solicitude de alta de provedor dirixido á Dirección Provincial da TGSS da provincia correspondente.
- Copia do DNI ou NIE do titular, representante legal ou apoderado, se é o caso.
- Certificado bancario con, como máximo, dous anos de antigüidade, asinado e selado pola entidade financeira.
- Documento xustificativo da contratación: documento de licitación, factura, documento de contratación pública, etc.
Modificación de provedor
1.- Persoa xurídica:
• Onde presentar a documentación?
Sede Electrónica da Seguridade Social.
• Documentación a presentar:
- Cubrir a información requirida e asinar electronicamente a solicitude.
- Anexar documentación xustificativa:
- Copia do DNI, NIF ou NIE.
- Certificado bancario electrónico orixinal con, como máximo, dous anos de antigüidade, emitido pola entidade financeira e asinado electronicamente por ela. Para obter o certificado bancario electrónico probe directamente na súa banca dixital ou contacte coa súa entidade financeira.
- Poder de representación ou apoderado.
2.- Persoa física:
• Onde presentar a documentación?
Sede Electrónica da Seguridade Social ou Rexistro público dirixido á Dirección Xeral da TGSS.
• Documentación a presentar:
A. Sede Electrónica da Seguridade Social
- Cubrir a información requirida e asinar electronicamente a solicitude.
- Anexar documentación xustificativa:
- Copia do DNI, NIF ou NIE
- Certificado bancario electrónico orixinal con, como máximo, dous anos de antigüidade, emitido pola entidade financeira e asinado electronicamente por ela. Para obter o certificado bancario electrónico probe directamente na súa banca dixital ou contacte coa súa entidade financeira.
- Poder de representación ou apoderado, se é o caso.
- Modelo de solicitude de alta de provedor dirixido á Dirección Xeral da TGSS.
- Copia do DNI ou NIE do titular, representante legal ou apoderado, se é o caso.
- Certificado bancario con, como máximo, dous anos de antigüidade, asinado e selado pola entidade financeira.
Modelo de solicitude de alta dun provedor
Documentos | Descarga | Fecha |
---|---|---|
39962 Modelo de solicitude de alta dun provedor |
|
16/11/2022 |
Modelo de solicitude de modificación de datos dun provedor
Documentos | Descarga | Fecha |
---|---|---|
40042 Modelo de solicitude de modificación de datos dun provedor |
|
12/04/2023 |