Beneficiarios / requisitos
Quen estando afiliado ao sistema da Seguridade Social, se atope ou non en situación de alta nalgún dos seus Réximes, sexan víctimas dun acto de terrorismo do cal non sexan responsables.
Aviso Cookies
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
Estas pensións extraordinarias teñen por obxecto outorgar unha protección especial ás persoas que resulten incapacitadas presumiblemente de forma definitiva como consecuencia ou con ocasión de actividades delituosas cometidas por bandas armadas ou elementos terroristas.
Quen estando afiliado ao sistema da Seguridade Social, se atope ou non en situación de alta nalgún dos seus Réximes, sexan víctimas dun acto de terrorismo do cal non sexan responsables.
O 200% da contía resultante de lle aplicar a porcentaxe que lle corresponda á base reguladora. Esta contía determínase de acordo coas normas que regulan o método de cálculo das pensións por incapacidade permanente derivadas de accidente de traballo, con certas peculiaridades.
Se se trata de persoas en alta ou en situación asimilada á de alta na data do atentado, determínase dividindo por 14 o resultado de multiplicar por 12 a última base mensual de cotización.
Se a persoa non se atopase en alta ou situación asimilada no momento de producirse aquel, tomarase como base mensual de cotización a base mínima do Réxime Xeral (contía do salario mínimo interprofesional vixente en cada momento, incrementada nun sexto).
Se a persoa tivese a condición de pensionista da Seguridade Social, tomarase como base reguladora a correspondente á pensión que estivera percibindo, actualizándoa conforme a evolución experimentada polo IPC dende o mes de determinación da base reguladora ata o segundo mes anterior ao que se produciu a comisión do atentado.
Porcentaxe:
Segundo o tipo de pensión do que se trate, en función do grao de incapacidade recoñecido, esta porcentaxe será:
Se se trata de incapacidade permanente total, o 55%.
Se se trata de incapacidade permanente total cualificada, o 75% (a partir dos 55 anos e non realización de traballo).
Se se trata de incapacidade permanente absoluta, o 100%.
Se se trata de grande invalidez, a pensión recoñecida nos apartados anteriores incrementarase cun complemento destinado ao beneficiario para que poida remunerar á persoa que lle atenda.
Importe mínimo mensual:
Teñen establecido un importe mínimo mensual equivalente ao triple do IPREM vixente en cada momento.
A contía da pensión pode superar o importe máximo establecido para o resto das pensións públicas.
Están exentas do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).
Non obstante, as pensións extraordinarias serán compatibles coas pensións ordinarias de igual natureza que, en razón da pluriactividade do interesado, puidese este causar noutro réxime distinto do sistema de Seguridade Social.
En todos os casos mencionados de incompatibilidade, quen tivese dereito a dous ou máis pensións poderá optar entre causar dereito ás pensións extraordinarias por actos de terrorismo ou ás que correspondan no sistema da Seguridade Social.
A xestión e o recoñecemento do dereito corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), agás que se trate de beneficiarios comprendidos no campo de aplicación do réxime especial dos traballadores do mar, en cuxo caso, a entidade xestora competente é o Instituto Social da Mariña (ISM).
Satisfanse en 14 pagas, unha por cada un dos meses do ano e dúas pagas extraordinarias que se percibiran nos meses de xuño e novembro.
Esta documentación pode presentarse en calquera dos centros de atención e información da Seguridade Social.