Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Recargas e Intereses de Demora Aplicables ás Cotas.

Transcorrido o prazo regulamentario establecido para o pagamento das cotas á Seguridade Social, sen que estas se ingresasen e sen prexuízo das especialidades previstas para os aprazamentos, devindicaranse as seguintes recargas:

  • Cumprimento das obrigas do artigo 29 da Lei Xeral da Seguridade Social

    • Recarga do 10 por cento da débeda, se se aboasen as cotas debidas dentro do primeiro mes natural seguinte ao do vencemento do prazo para o seu ingreso.
    • Recarga do 20 por cento da débeda, se se aboasen as cotas debidas a partir do segundo mes natural seguinte ao do vencemento do prazo para o seu ingreso.

  • Sen cumprimento das obrigas do artigo 29 da Lei Xeral da Seguridade Social

    • Recarga do 20% da débeda, se se aboasen as cotas debidas antes da terminación do prazo de ingreso establecido na reclamación de débeda ou na acta de liquidación.
    • Recarga do 35% da débeda, se se aboasen as cotas debidas a partir da terminación deste prazo de ingreso.

  • Xuros de demora:

    Os xuros de demora devindicaranse a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo regulamentario de ingreso das cotas, aínda que serán esixibles unha vez transcorridos quince días dende a notificación da providencia de constrinximento ou comunicación do inicio do procedemento de dedución, sen que se aboase a débeda.

    Así mesmo, serán esixibles estes xuros cando non se aboase o importe da débeda no prazo fixado nas resolucións desestimatorias dos recursos presentados contra as reclamacións de débeda ou actas de liquidación, se a execución destas resolucións fose suspendida nos trámites do recurso contencioso-administrativo que contra elas se interpuxese.

    Os xuros de demora esixibles serán os que reportase o principal da débeda desde o vencemento do prazo regulamentario de ingreso e os que reportase, ademais, a recarga aplicable no momento do pagamento, desde a data en que, segundo o apartado anterior, sexan esixibles.

    O tipo de xuro de demora será o xuro legal do diñeiro vixente en cada momento do período de acumulación de xuros, incrementado nun 25 por cento, agás que a Lei de Orzamentos Xerais do Estado estableza un diferente. Para o ano actual, o 4,0625%.

  • Ingreso separado das achegas dos traballadores

    Se o ingreso das achegas dos traballadores se efectúa dentro do prazo, non procederá aplicar recarga polas cotas dos traballadores. Se se efectúa fóra de prazo, a recarga aplicable será a prevista nos apartados anteriores, e dependerá de se a presentación dos documentos se realizou dentro ou fóra de prazo.

    O ingreso da achega empresarial realizarase mediante unha liquidación que comprenderá exclusivamente o boletín de cotización TC-1, e débese xustificar o ingreso das cotas retidas aos traballadores. As recargas aplicables serán as correspondentes, se os documentos se presentaron en prazo ou fóra deste.    

    Incorrerán nunha infracción, tipificada como moi grave (Art. 23 do R.D. Lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social), os empresarios que reteñan indebidamente, sen ingresar dentro de prazo, a cota de Seguridade Social descontada aos seus traballadores. 


Complementary Content
${loading}