Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Contenido principal

Incapacidade temporal

É a situación na que se atopa o traballador cando está imposibilitado temporalmente para traballar e precisa asistencia sanitaria da Seguridade Social.

Son beneficiarios os traballadores afiliados e en alta, que teñan cuberto un período mínimo de cotización de 180 días dentro dos 5 anos anteriores á data da baixa, cando esta se deba a enfermidade común. En caso de accidente ou enfermidade profesional, non se esixe período previo de cotización.

 

Incapacidade temporal Continxencias
Contía sobre a base reguladora Nacemento do dereito Duración da situación
Enfermidade Común e accidente non laboral 60% (4º ao 20º día) *
75% (dende o 21º)
4º día 365 días + 180 días de prórroga
AT e EP 75% Día seguinte ao accidente ou baixa
(Día da baixa, a cargo da empresa)
365 días + 180 días de prórroga
Período de observación     6 meses + 6

* Do 4º ao 15º día, a cargo da empresa
** Tamén, aos 365 días, o INSS pode emitir alta ou iniciar expediente de incapacidade permanente
Aboamento do subsidio.........................................mentres dura a IT
Folga e peche patronal...................................non existe dereito


Incapacidade temporal

Contenido complementario
${loading}