Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Convenio especial para a formación. Real Decreto 1493/2011, do 24 de outubro.

Procedemento

Procedemento de solicitude do convenio especial para a formación. Real Decreto 1493/2011, do 24 de outubro.

Información xeral

Obxecto:

O obxecto deste convenio especial é a asimilación á alta durante un período máximo de 24 meses.

Beneficiarios:

  • As persoas que con anterioridade á entrada en vigor do Real Decreto participasen en programas de formación, vinculados a estudos universitarios ou de formación profesional con realización de prácticas formativas con contraprestación económica.
  • As persoas que, á entrada en vigor do Real Decreto se atopen participando en programas de formación, vinculados a estudos universitarios ou de formación profesional con realización de prácticas formativas con contraprestación económica.
  • As persoas que tivesen participado en programas de formación de natureza investigadora, sempre que tal participación tivese lugar con anterioridade ao 4 de novembro de 2003.
Impreso:

Modelo TA-0040 Formación

Documentación:

Certificación expedida polas entidades ou organismos que financien os programas de formación, ou calquera outro medio de proba válido en dereito de non ser posible a obtención desta certificación.

Onde tramitalo:

Ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración desta. Se dispón de certificado dixital  pode acceder á Sede Electrónica e remitir telematicamente o modelo de solicitude e a documentación requirida a través do trámite Alta en Convenio Especial, situado na Sede Electrónica da Seguridade Social.

Prazos:

As solicitudes poderanse presentar entre o 01/11/2011 e o 31/12/2014.

Efectos:

Recoñeceranse como asimilados á alta os períodos de formación realizados anteriores ao 01/11/2011 e ata 2 anos como máximo.

Requisitos:

Acreditar por parte do solicitante o ter participado en programas de formación mediante certificación expedida polas entidades ou organismos que os financien, na que haberá de constar que o programa de formación reúne os requisitos esixidos, así como a súa duración.

No suposto de que os programas estean cofinanciados por dúas ou máis entidades ou organismos, a referida certificación será expedida por aquel ao que corresponda facer efectiva a respectiva contraprestación económica.

Presentar a solicitude nos prazos adecuados.

Extinción:

O convenio extinguirase de concorrer algunha das seguintes circunstancias:

  • Por falecemento do interesado/a.
  • Por decisión do interesado/a comunicada por escrito á Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  • Por falta de aboamento de tres mensualidades consecutivas ou cinco alternativas.
Complementary Content
${loading}