Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Traballadores desprazados

Como norma xeral, os traballadores desprazados están sometidos á lexislación de Seguridade Social do país en cuxo territorio estean a exercer a súa actividade laboral.  Así e todo, se se trata dun traslado temporal poden manter a lexislación española de Seguridade Social baseándose nos termos e cumprindo os requisitos que se indican a continuación:

Só se aplica aos traballadores españois ou colombianos.

Desprazamento inicial

Para os traballadores por conta allea que exercen a súa actividade nunha empresa española que os traslada a  Colombia para realizar temporalmente a súa actividade alí e para os traballadores por conta propia en España que se trasladan a  Colombia para exercer a súa actividade temporalmente alí deben solicitar ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administracións dela a expedición do correspondente certificado de desprazamento.

Formulario que se debe tramitar

A empresa ou traballador por contra propia efectuará a súa solicitude mediante o modelo TA.200 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social.-Desprazamentos iniciais" e deberán achegar ademais o certificado E/COL.1(Cert.), cuberto por triplicado.

O formulario expedido pola dirección provincial ou administración correspondente certifica que o traballador continúa sometido á lexislación española de Seguridade Social durante o seu desprazamento nese país e, en consecuencia, está exento de cotizar á seguridade social colombiana.

Período de autorización

O prazo máximo de duración do desprazamento é de tres anos.

Prórroga ordinaria

Se os traballadores por conta allea ou por conta propia teñen que prolongar a súa estadía nese país máis alá dos tres anos inicialmente previstos, o empresario ou traballador por conta propia deberá solicitar con tres meses de antelación á finalización do período mencionado a prórroga do mantemento da lexislación española de Seguridade Social ante a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Formulario que se debe tramitar

A solicitude de prórroga deberá efectuarse mediante o modelo TA.202 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social en aplicación do art. 17 do Regulamento CEE 1408/71 e doutras prórrogas dos Convenios Bilaterais".

O prazo máximo da prórroga é de tres anos.

Outros desprazamentos

Direccións provinciais ou administracións da Tesourería Xeral da Seguridade Social

Serán os órganos competentes para autorizar os desprazamentos de:

  • O persoal itinerante de empresas de transporte aéreo con sede en España, que exerce a actividade en ambos países.
  • Traballadores asalariados que exercen a súa actividade a bordo dun buque con bandeira colombiana pero son remunerados por unha empresa ou persoa con domicilio en España.
  • Traballadores españois que residen en España e que prestan os seus servizos nunha empresa pesqueira mixta constituída en Colombia e nun buque con bandeira colombiana.

A autorización expedirase a través do modelo E/COL.1(Cert.) "Certificación relativa á lexislación aplicable". A empresa, xunto a este formulario cuberto por triplicado, achegará a solicitude TA.200.

Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais.

Para os desprazamentos de:

  • Funcionarios españois destinados en Colombia (agás os membros do persoa das misións diplomáticas e consulares).
  • Persoas enviadas en misións de cooperación.

a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais expedirá o formulario E/COL.1(Cert.) para toda a duración do desprazamento, a petición do Organismo Público, da empresa ou do traballador. A empresa, xunto a este formulario cuberto por triplicado, achegará a solicitude TA.200.

Para os desprazamentos de:

  • Os españois que desempeñan a súa actividade nas Misións Diplomáticas ou Oficinas Consulares de España en Colombia e
  • persoal ao servizo privado dos representantes das misións ou oficinas citadas anteriormente, con nacionalidade española,

que opten pola lexislación española de Seguridade Social, a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral expedirá o formulario E/COL.3(Cert.) "Exercicio do dereito de opción", para toda a duración do desprazamento, a petición do organismo público ou do traballador, e terá que ser presentado por triplicado.

Outras excepcións

A tramitación das solicitudes doutras excepcións será xestionada pola Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

A empresa ou traballador por conta propia efectuará a súa solicitude mediante o modelo TA.202 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social en aplicación do |art.  17 do Regulamento CEE 1408/71 e doutras prórrogas dos convenios bilaterais".

Dada a conformidade por parte da Seguridade Social de Colombia, a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social expedirá o formulario E/COL.2(Cert.), que acredita que o traballador continúa sometido á Seguridade Social española durante o período autorizado.

Complementary Content
${loading}