
Está vostede en: Inicio > Trámites e Xestións > Pensión de Xubilación
| Obxecto: |
A pensión de xubilación é unha prestación económica incluída en todos os réximes do Sistema da Seguridade Social que trata de substituír as rendas do traballo por unha pensión vitalicia, única e imprescritible, cando o traballador a causa da súa idade cesa na súa actividade laboral. |
|---|---|
| Beneficiarios: |
As persoas incluídas en calquera réxime da Seguridade Social, afiliadas, que reúnan os requisitos establecidos de idade, período mínimo de cotización e feito causante. |
| Requisitos: |
|
| Contía: |
A contía da pensión está determinada pola base reguladora que é o cociente que resulte de dividir por 210 as bases de cotización do interesado durante os 180 meses inmediatamente anteriores ao feito causante actualizadas e a porcentaxe que se lle aplica en función dos anos cotizados. |
| Efectos económicos: |
Traballadores en alta: desde o día seguinte ao cesamento na actividade, cando a solicitude se presente dentro dos 3 meses anteriores ou posteriores ao cesamento. Noutro caso, terase dereito á percepción cunha retroactividade máxima de 3 meses desde a data de presentación da solicitude. |
| Pagamentos: |
A pensión abóase mensualmente con dúas pagas extraordinarias que acumulan coa mensualidade de xuño e de novembro. A pensión de xubilación ten garantidas contías mínimas, así como a súa revalorización ao comezo de cada ano, de acordo co IPC previsto para ese ano. A pensión de xubilación está suxeita ao imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF). |
| Incompatibilidades: |
A percepción da pensión de xubilación é incompatible coa realización de traballos por conta propia ou allea, ou coa realización de actividades para as administracións públicas que dean lugar á súa inclusión nun réxime da Seguridade Social, excepto na xubilación parcial e na xubilación flexible. |
| Prazos: |
A tramitación da pensión de xubilación deberá resolverse e notificarse ao interesado nun prazo máximo de 90 días (actualmente o prazo medio é de 19 días). |
| Extinción: |
Ao ser unha pensión vitalicia só se extingue coa morte do beneficiario. |
| Impresos: | |
| Documentación: |
A documentación que se debe presentar para tramitar a pensión está detallada no modelo de solicitude. |
| Onde se tramita: |
Nos centros de atención e información da Seguridade Social. |
| Entidade competente: |
A xestión e o recoñecemento do dereito á pensión de xubilación corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social, excepto para os traballadores incluídos no campo de aplicación do réxime especial do mar, para quen corresponde ao Instituto Social da Mariña. |
| Outros datos de interese: |
Xubilación anticipada por razón do grupo ou actividade profesional Pódese ter dereito a pensión de xubilación en varios réximes da Seguridade Social se se reúnen os requisitos esixidos en cada un deles. No caso de acceder á pensión desde a situación de non alta, é necesario que as cotizacións acreditadas en cada réxime se superpoñan, polo menos, 15 anos. |