
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Risco durante a lactación natural » Réximes especiais
Réximes especiais
Integración do Réxime Especial Agrario no Réxime Xeral:
Os traballadores por conta allea agrarios incluídos no REA, así como os empresarios aos que prestan os seus servizos, quedan integrados, con efectos do 01-01-12, no Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante o establecemento dun Sistema especial para estes traballadores, tendo dereito ás prestacións da Seguridade Social nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral, coas particularidades establecidas regulamentariamente (Lei 28/2011, do 22 de setembro).
Integración do Réxime Especial de Empregados de Fogar no Réxime Xeral:
Con efectos do 01-01-2012, o Réxime Especial dos Empregados de Fogar queda integrado no Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante o establecemento dun sistema especial para estes traballadores, quen terá dereito ás prestacións da Seguridade Social nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral, coas peculiaridades que se determinen regulamentariamente (Lei 27/2011, do 1 de agosto).
Os requisitos xerais para causar dereito á prestación nos Réximes Especiais son os seguintes:
-
Estar en alta no réxime correspondente.
-
Estar ao corrente no pagamento das cotas, das que sexan responsables directos os traballadores, aínda que a prestación sexa recoñecida, como consecuencia do cómputo recíproco de cotizacións, nun réxime de traballadores por conta allea.
A tales efectos, será de aplicación o mecanismo de invitación ao pagamento previsto no |art. 28.2 do Decreto 2530/1970, do 20 de agosto, calquera que sexa o réxime de Seguridade Social no que o interesado estivese incorporado, no momento de acceder á prestación ou no que se cause esta.
A prestación recoñécese coas seguintes particularidades:
Situación protexida:
O período de interrupción da actividade profesional durante o período da lactación natural, cando o desempeño da mesma puidese influír negativamente na saúde da traballadora ou na do fillo, e así se certifique polos servizos médicos do INSS ou Mutua de Accidentes de Traballo (AT) e Enfermidades Profesionais (EP) competente.
Beneficiarias:
As traballadoras por conta propia que interrompesen a súa actividade profesional por atoparse nesta situación, sempre que cumpran os requisitos xerais esixidos na data en que se produza a interrupción.
Prestación económica:
A prestación consiste nun subsidio equivalente ao 100% da base reguladora:
-
A equivalente á que estea establecida para a prestación por incapacidade temporal (IT) derivada de continxencias profesionais, tomando como referencia a data en que se emita o certificado polos servizos médicos do INSS ou da Mutua, ou
-
A equivalente á establecida para a prestación por IT derivada de continxencias comúns cando o réxime de que se trate non contemple a cobertura das continxencias profesionais e cando non se mellorase voluntariamente o ámbito da acción protectora, incorporando a protección desta situación ou a das continxencias profesionais.
Nacemento do dereito e duración:
-
O dereito nace o día seguinte a aquel no que se emite o certificado médico polos servizos médicos da Entidade xestora ou colaboradora competente, se ben os efectos económicos produciranse, en calquera caso, dende a data do cesamento efectivo na actividade profesional correspondente.
-
Aboarase durante o período necesario para a protección da saúde da traballadora e/ou do fillo (como máximo ata que este faga os 9 meses de idade) agás que aquela continúe a súa actividade profesional ou se incorpore a outra compatible coa súa situación.
Extinción:
- Por facer o fillo 9 meses de idade.
- Por reanudación da actividade profesional desempeñada pola traballadora.
-
Por causar baixa no réxime especial da Seguridade Social no que estivese incluída.
-
Por interrupción da lactación
-
Falecemento da beneficiaria.
Xestión / Pagamento:
-
A xestión e o pagamento levarase a cabo pola Entidade xestora ou a Mutua de AT e EP coa que a traballadora por conta propia tivera formalizada a cobertura das continxencias profesionais, tanto se é obrigatoria como voluntaria.
-
Cando a traballadora non formalizase a cobertura dos riscos profesionais, pero teña cuberta a protección por IT derivada de continxencias comúns, será competente a Entidade xestora ou colaboradora que cubra esta situación.
-
Nos supostos de traballadoras incluídas no RETA que non tivense cuberta a protección por IT derivada de continxencias comúns, cando tal protección sexa opcional, a xestión da prestación corresponderá á Entidade xestora.
-
O pagamento corresponderá á entidade que resulte competente na data de inicio de efectos económicos da prestación, con independencia de que durante a situación de risco se produza un cambio da entidade que cubra as continxencias comúns ou profesionais, segundo os casos.
Declaración de situación da actividade:
As traballadoras incluídas no RETA , con excepción dos incluídos no Sistema especial de traballadores por conta propia agrarios (SETA) ou das traballadoras autónomas economicamente dependentes (TRADE), presentarán, se a Entidade Xestora o estima conveniente, unha declaración de situación de actividade no modelo oficial, sobre a persoa que xestione directamente o establecemento mercantil, industrial ou doutra natureza do que sexa titular ou, no seu caso, o cesamento temporal ou definitivo na actividade desenvolvida.
Prazo de presentación:
-
Dentro dos 15 días seguintes á data da suspensión da actividade.
-
Mentres dure a situación de risco durante a lactación, a traballadora verase obrigada a presentar esta declaración con periodicidade semestral, a contar dende a data en que se inicie a situación, se fose requirida para iso.
A falta de presentación da declaración, no prazo máximo indicado, producirá a suspensión no inicio do pagamento da prestación, podendo iniciarse de oficio as actuacións pertinentes para verificar a situación na que queda o establecemento do que é titular a beneficiaria da prestación.
Se como consecuencia das actuacións administrativas, se deducise o carácter indebido da prestación que xa se comezara a percibir, procederase a realizar as actuacións precisas para o seu reintegro.
O establecido nos dous parágrafos anteriores enténdese sen prexuízo de que, pola non presentación en prazo da declaración, así como, no seu caso, por ter percibido indebidamente a prestación, puidesen iniciarse os correspondentes expedientes sancionadores naqueles casos en que, atendendo ás circunstancias concorrentes, oportunamente valoradas pola Entidade xestora, así se determine por esta.
Recoñecemento do dereito:
-
O procedemento iníciase a instancia da traballadora mediante un informe médico que deberá solicitar ao facultativo do Servizo Público de Saúde, no que se acredite a situación de lactación natural.
-
Posteriormente, a traballadora solicitará a emisión da certificación médica sobre a existencia de risco durante a lactación ante a Entidade xestora ou colaboradora que corresponda, achegando:
-
O informe do Servizo Público de Saúde.
-
Declaración da traballadora sobre a actividade desenvolvida, así como sobre a inexistencia dun traballo ou función en tal actividade compatible co seu estado que poida ser levada a cabo pola mesma, na súa condición de traballadora por conta propia.
-
-
Se a Entidade xestora ou colaboradora considera que non se produce a situación de risco durante a lactación, denegará a expedición da certificación médica solicitada, comunicando á traballadora que non cabe iniciar o procedemento dirixido á obtención da correspondente prestación.
-
Unha vez certificado o risco, para o recoñecemento do subsidio, a traballadora deberá presentar solicitude dirixida á Dirección provincial competente da Entidade xestora da provincia en que aquela teña o seu domicilio ou ante Mutua de AT e EP que lle corresponda.
-
A solicitude formularase nos modelos normalizados e deberá conter os datos e circunstancias que establece o |art. 70 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acompañada dos documentos necesarios.
-
O Director provincial da Entidade xestora da provincia de residencia da interesada ditará resolución expresa e notificaraa á mesma no prazo de 30 días, contados dende a recepción da solicitude, nos mesmos termos que para os traballadores por conta allea.
Máis información relativa a este Réxime:
-
Outras prestacións.
A prestación recoñécese nos mesmos termos e condicións que no réxime xeral da Seguridade Social.
Máis información relativa a este Réxime:
-
Outras prestacións.
A prestación recoñécese coa mesma extensión, forma e nos mesmos termos ca no Réxime Xeral da Seguridade Social.
Máis información relativa a este Réxime:
- Outras prestacións.
- Normativa básica
- Persoas incluídas no campo de aplicación deste réxime, afiliación, altas e baixas e cotización.
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





