
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Risco durante o embarazo » Réximes especiais
Réximes especiais
Integración do Réxime Especial Agrario no Réxime Xeral:
Os traballadores por conta allea agrarios incluídos no REA , así como os empresarios aos que prestan os seus servizos, quedan integrados, con efectos do 01-01-12, no Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante o establecemento dun Sistema especial para estes traballadores, tendo dereito ás prestacións da Seguridade Social nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral, coas particularidades establecidas regulamentariamente (Lei 28/2011, do 22 de setembro).
Integración do Réxime Especial de Empregados de Fogar no Réxime Xeral:
Con efectos do 01-01-2012, o Réxime Especial dos Empregados de Fogar queda integrado no Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante o establecemento dun sistema especial para estes traballadores, quen terá dereito ás prestacións da Seguridade Social nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral, coas peculiaridades que se determinen regulamentariamente (Lei 27/2011, do 1 de agosto).
Os requisitos xerais para causar dereito á prestación nos Réximes Especiais son os seguintes:
-
Estar en alta no réxime correspondente.
-
Estar ao corrente no pagamento das cotas, das que sexan responsables directas as traballadoras, aínda que a prestación sexa recoñecida, como consecuencia do cómputo recíproco de cotizacións, nun réxime de traballadores por conta allea.
A tales efectos, será de aplicación o mecanismo de invitación ao pagamento previsto no |art. 28.2 do Decreto 2530/1970, do 20 de agosto, calquera que sexa o réxime de Seguridade Social no que o interesado estivese incorporado, no momento de acceder á prestación ou no que se cause esta.
A prestación recoñécese coas seguintes particularidades:
Situación protexida:
Aquela na que se atopa a traballadora embarazada durante o período de interrupción da actividade profesional, nos supostos en que o desempeño da mesma inflúa negativamente na saúde ou na do feto, e así se certifique polos servizos médicos do INSS ou da Mutua de Accidentes de Traballo (AT) e Enfermidades Profesionais (EP) competente.
Beneficiarias:
As traballadoras por conta propia que interrompesen a súa actividade profesional por atoparse nesta situación, sempre que cumpran os requisitos xerais esixidos na data en que se produza a interrupción.
Prestación económica:
A prestación consiste nun subsidio equivalente ao 100% da base reguladora:
-
A equivalente á que estea establecida para a prestación por incapacidade temporal (IT) derivada de continxencias profesionais, tomando como referencia a data en que se emita o certificado polos servizos médicos do INSS ou da Mutua, ou
-
A equivalente á establecida para a prestación por IT derivada de continxencias comúns cando o réxime de que se trate non contemple a cobertura das continxencias profesionais e cando non se mellorase voluntariamente o ámbito da acción protectora, incorporando a protección desta situación ou a das continxencias profesionais.
Nacemento do dereito e duración:
O dereito nace ao día seguinte de emitiren o certificado médico polos servizos médicos da Entidade xestora ou colaboradora competente, se ben os efectos económicos produciranse, en calquera caso, dende a data do cesamento efectivo na actividade profesional correspondente.
O subsidio aboarase durante o período necesario para a protección da seguridade ou da saúde da traballadora e/ou do feto, mentres persista a imposibilidade de retomar a súa actividade profesional.
Extinción:
-
Por inicio do período de descanso por maternidade.
-
Por reanudación da actividade profesional desempeñada pola traballadora.
-
Por causar baixa no réxime especial da Seguridade Social no que a traballadora estivese incluída.
-
Por interrupción do embarazo.
-
Por falecemento da beneficiaria.
A traballadora estará obrigada a comunicar á Entidade xestora ou colaboradora calquera circunstancia que implique a suspensión ou extinción do dereito ao subsidio.
Incapacidade temporal e risco durante o embarazo:
-
Cando a traballadora se atope en situación de IT e, durante a mesma, solicite a prestación de risco durante o embarazo, non procederá o recoñecemento, no seu caso, do subsidio, ata que se extinga a situación de IT por calquera das causas legal ou regulamentariamente establecidas.
-
Cando a traballadora se atope en situación de risco durante o embarazo e durante a mesma solicite a prestación por IT, non procederá o recoñecemento desta ata a finalización da situación de risco durante o embarazo, se reúne neste momento os requisitos necesarios para acceder á IT.
Declaración de situación da actividade:
As traballadoras incluídas no RETA , con excepción dos incluídos no Sistema especial de traballadores por conta propia agrarios (SETA) ou das traballadoras autónomas economicamente dependentes (TRADE), presentarán, se a Entidade Xestora o estima conveniente, unha declaración de situación de actividade no modelo oficial, sobre a persoa que xestione directamente o establecemento mercantil, industrial ou doutra natureza do que sexa titular ou, no seu caso, o cesamento temporal ou definitivo na actividade desenvolvida.
Prazo de presentación:
-
Dentro dos 15 días seguintes á data da suspensión da actividade.
-
Mentres dure a situación de risco durante o embarazo, a traballadora verase obrigada a presentar esta declaración con periodicidade semestral, a contar dende a data en que se inicie a situación, se fose requirida para iso.
A falta de presentación da declaración, no prazo máximo indicado, producirá a suspensión no inicio do pagamento da prestación, podendo iniciarse de oficio as actuacións pertinentes para verificar a situación na que queda o establecemento do que é titular a beneficiaria da prestación.
Se como consecuencia das actuacións administrativas, se deducise o carácter indebido da prestación que xa se comezara a percibir, procederase a realizar as actuacións precisas para o reintegro da mesma.
O establecido nos dous parágrafos anteriores enténdese sen prexuízo de que, pola non presentación en prazo da declaración, así como, no seu caso, por ter percibido indebidamente a prestación, puidesen iniciarse os correspondentes expedientes sancionadores naqueles casos en que, atendendo ás circunstancias concorrentes, oportunamente valoradas pola Entidade xestora, así se determine por esta.
Xestión e pagamento:
-
A xestión e o pagamento levarase a cabo pola Entidade xestora ou a Mutua de AT e EP coa que a traballadora por conta propia tivera formalizada a cobertura das continxencias profesionais, tanto se é obrigatoria como voluntaria.
-
Cando a traballadora non formalizase a cobertura dos riscos profesionais, pero teña cuberta a protección por IT derivada de continxencias comúns, será competente a Entidade xestora ou colaboradora que cubra esta situación.
-
Nos supostos de traballadoras incluídas no RETA que non tiveran cuberta a protección por IT derivada de continxencias comúns, cando tal protección sexa opcional, e de traballadoras incluídas no Réxime Especial da Seguridade Social dos Empregados de Fogar, a xestión da prestación corresponderá á Entidade xestora.
-
O pagamento corresponderá á entidade que resulte competente na data de inicio de efectos económicos da prestación, con independencia de que durante a situación de risco se produza un cambio da entidade que cubra as continxencias comúns ou profesionais, segundo os casos.
-
O subsidio aboarase por períodos mensuais vencidos.
Recoñecemento do dereito:
-
O procedemento inicíase a instancia da traballadora, mediante un informe que deberá solicitar ao facultativo do Servizo Público de Saúde, no que se acredite a situación de embarazo e a data probable do parto.
-
Posteriormente, a traballadora solicitará a emisión da certificación médica sobre a existencia de risco durante o embarazo ante a Entidade xestora ou colaboradora que corresponda, achegando:
-
O informe do Servizo Público de Saúde.
-
Declaración da traballadora sobre a actividade desenvolvida, así como sobre a inexistencia dun traballo ou función en tal actividade compatible co seu estado que poida ser levada a cabo pola mesma, na súa condición de traballadora por conta propia ou de empregada de fogar.
Se se trata dunha autónoma que presta os seus servizos en sociedades cooperativas, laborais ou mercantís, esta declaración será realizada polo administrador da sociedade.
Se se trata dunha traballadora autónoma economicamente dependente, a declaración deberá efectuala o seu cliente.
-
Se a Entidade xestora ou colaboradora considera que non se produce a situación de risco durante o embarazo, denegará a expedición da certificación médica solicitada, comunicando á traballadora que non cabe iniciar o procedemento dirixido á obtención da correspondente prestación.
-
Unha vez certificado o risco, para o recoñecemento do subsidio, a traballadora deberá presentar solicitude dirixida á Dirección provincial competente da Entidade xestora da provincia en que aquela teña o seu domicilio ou ante Mutua de AT e EP que lle corresponda.
-
A solicitude formularase nos modelos normalizados e deberá conter os datos e circunstancias que establece o |art. 70 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acompañada dos documentos necesarios.
-
O Director provincial da Entidade xestora competente ditará resolución expresa e notificaraa á interesada no prazo de 30 días, contados dende a recepción da solicitude da interesada, nos mesmos termos que para os traballadores por conta allea.
Máis información relativa a este Réxime:
- Outras prestacións.
- Normativa básica
- Persoas incluídas no campo de aplicación deste réxime, afiliación, altas e baixas, e cotización.
A prestación recoñécese nos mesmos termos e condicións que no réxime xeral da Seguridade Social.
Máis información relativa a este Réxime:
-
Outras prestacións.
- Traballadores por conta allea: igual ca no réxime xeral.
- Traballadores por conta propia: igual ca no réxime xeral, mais coas condicións que regulamentariamente se determinen.
- Máis información relativa a este Réxime:
- Outras prestacións.
- Normativa básica.
Tramitación: directorio de oficinas
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





