
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Prestacións familiares » Prestación non económica por coidado de fillo, de menor acollido ou doutros familiares
Prestación non económica por coidado de fillo, de menor acollido ou doutros familiares
Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.
-
Todos os traballadores por "conta allea", tanto do sector privado como da Administración Pública, que gocen dos períodos de excedencia para atender ao coidado de cada fillo, xa sexan naturais ou adoptados, ou de menores acollidos, nos supostos de acollemento familiar, permanente ou preadoptivo, aínda que estes sexan provisionais, así como para o coidado dun familiar ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non poida valerse por si mesmo e non desempeñe unha actividad retribuída.
A estes efectos, o |art. 46.3 do RD Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, establece que:
"Os traballadores terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a 3 anos para atender ao coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, aínda que estes sexan provisionais, a contar dende a data de nacemento ou, no seu caso, da resolución xudicial ou administrativa".
"Tamén terán dereito a un período de excedencia, de duración non superior a dous anos, agás que se estableza unha duración maior por negociación colectiva, os traballadores para atender ao coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non poida valerse por si mesmo, e non desempeñe actividade retribuída."
"A excedencia contemplada no presente apartado, cuxo período de duración poderá gozarse de forma fraccionada, constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa." ...
-
Exclúense os traballadores por conta propia dos réximes especiais agrario, traballadores do mar e de traballadores autónomos.
Considéranse efectivamente cotizados para os efectos das prestacións por xubilación, incapacidade permanente, morte e supervivencia, maternidade e paternidade:
-
Os dous primeiros anos do período de excedencia que os traballadores gocen, de acordo co 46.3 do Estatuto dos Traballadores (ET), en razón do coidado de cada fillo ou menor acollido, nos supostos de acollemento familiar permanente ou preadoptivo, aínda que estes sexan provisionais.
Se a unidade familiar da que forma parte o menor, en razón de cuxo coidado se solicita a excedencia, ten a consideración de familia numerosa, o período de cotización efectiva será:
- 30 meses se é de categoría xeral.
- 36 meses se é de categoría especial. -
O primeiro ano do período de excedencia que os traballadores gocen, de acordo co 46.3 do ET, en razón do coidado doutros familiares ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade, non poidan valerse por si mesmos e non desempeñen unha actividade retribuída.
-
As cotizacións realizadas durante os dous primeiros anos do período de redución de xornada por coidado de menor de 8 anos, nos termos do art. |art. 37.5 do ET, computaranse incrementadas ata o 100% da contía que correspondese se se mantivese sen esa redución a xornada de traballo. Para o resto de supostos de redución de xornada (discapacitados maiores de 8 anos ou familiares ata o 2º grao), este incremento estará referido exclusivamente ao primeiro ano.
-
Cando as situacións de excedencia sinaladas nos apartados 1 e 2 estivesen precedidas por unha redución de xornada nos termos previstos no art. 37.5 do ET, as cotizacións realizadas durante a redución de xornada computaranse incrementadas ata o 100% da contía que correspondese se se mantivese sen esa redución a xornada de traballo.
-
No suposto de que non cheguen a gozarse completamente os períodos sinalados nos apartados anteriores, só se computará como cotizado o período efectivamente gozado.
-
Iniciarase o cómputo dun novo período de cotización efectiva por cada gozo de excedencia laboral a que poidan dar lugar os sucesivos fillos ou menores ou outros familiares.
-
Será computable para os efectos de antigüidade.
-
Terase dereito á asistencia a cursos de formación profesional.
-
Durante o primeiro ano, o traballador terá dereito á reserva do seu posto de traballo; se se trata de familias numerosas, o prazo amplíase aos primeiros 15 ou 18 meses de excedencia, segundo a categoría. Transcorrido o prazo correspondente, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.
-
Terá a consideración de situación asimilada á de alta.
-
Non poderá computarse como de ocupación cotizada para obter as devanditas prestacións.
-
Para o cómputo do período de cotización esixido, poderase retrotraer o período dos 6 anos anteriores á situación legal de desemprego ou ao momento en que cesou a obriga de cotizar, polo tempo equivalente ao que o traballador permanecese na situación de excedencia forzosa.
Con vistas ao recoñecemento das prestacións por xubilación, incapacidade permanente, morte e supervivencia, maternidade e paternidade, o período de excedencia considerado como de "cotización efectiva" servirá para:
-
Acreditar os períodos mínimos de cotización que dan dereito ás prestacións.
-
Determinar a base reguladora da prestación que se cause. Para os efectos do seu cómputo, a base de cotización que hai que considerar estará formada:
-
Polo termo medio das bases de cotización correspondentes aos 6 meses inmediatamente anteriores ao inicio do período de excedencia laboral para o coidado do fillo, do menor acollido ou doutros familiares.
-
Se non tivese acreditado o citado período de 6 meses de cotización, computarase o termo medio das bases de cotización correspondentes ao período inmediatamente anterior ao inicio da excedencia, que resulten acreditadas.
-
Determinar a porcentaxe aplicable en certas prestacións, como a xubilación.
-
Manter o dereito á prestación de asistencia sanitaria da Seguridade Social.
-
Consideraranse os beneficiarios, durante este período, en situación de alta.
O período no que o traballador permaneza en situación de excedencia laboral que exceda do período considerado de cotización efectiva, será considerado en situación asimilada á de alta para acceder ás prestacións da Seguridade Social, agás no que se refire á incapacidade temporal, maternidade e paternidade.
- O dereito ao recoñecemento da prestación non económica é imprescritible, polo que a persoa poderá alegalo en todo momento, podendo dar lugar, no seu caso, á revisión da contía de prestacións xa recoñecidas, así como ao recoñecemento de novas prestacións denegadas anteriormente por non ter sido computado como efectivamente cotizado o período de excedencia con reserva do posto de traballo.
- Esta imprescritibilidade entenderase, sen prexuízo de que os efectos económicos da revisión ou do recoñecemento da prestación se produzan a partir dos 3 meses anteriores á data en que se presente a correspondente solicitude.
- As empresas deberán comunicar á Tesourería Xeral da Seguridade Social, no prazo de 15 días a partir de que se produza, o inicio e a finalización do gozo, polos seus traballadores, dos períodos de excedencia laboral para o coidado de fillo, do menor acollido ou doutros familiares, con dereito de reserva de posto de traballo.
- A omisión desta comunicación poderá ser obxecto da correspondente sanción, de acordo coa gravidade da infracción, de conformidad co establecido no RD Lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social.
Os contratos de interinidade, que se celebren para substituír aos traballadores en situación de excedencia laboral por coidado de fillo, terán dereito a unha redución nas cotizacións empresariais á Seguridade Social por continxencias comúns, cando estes contratos se celebren con beneficiarios de prestacións por desemprego, de nivel contributivo ou asistencial, que leven máis de 1 ano como perceptores.
Bastará a alegación do período cotizado correspondente no momento en que sexa necesario xustificar a súa procedencia.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





