MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Prestacións do Seguro Escolar » Prestacións » Prestacións por infortunio familiar

Prestacións por infortunio familiar



  • A prestación por infortunio familiar ten por obxecto asegurar ao estudante a continuidade dos seus estudos xa iniciados ata o termo normal dos cursos que compoñen a súa carreira, incluído o doutoramento, cando concorran circunstancias que ocasionen imposibilidade de proseguilos como consecuencia directa da situación económica sobrevida no seu fogar.
  • Concederase esta prestación nos seguintes casos:
    • Falecemento do cabeza de familia. A estes efectos, considérase cabeza de familia tanto o pai como a nai, sempre que acheguen ingresos á economía familiar.
    • Ruína ou quebra familiar. En ningún caso, se entenderá como tal a insuficiencia permanente de recursos económicos para sufragar os estudos.


  • 86,55 euros para estudantes pertencentes a familias non numerosas.
  • 103,85 euros para estudantes pertencentes a familias numerosas de categoría xeral.
  • 129,82 euros para estudantes pertencentes a familias numerosas de categoría especial.


Devindicarase dende o día 1 do mes seguinte a aquel no que se produciu o feito causante. 


  • Aboarase durante o número de anos que falten ao beneficiario para acabar, normalmente e sen repetir curso, a súa carreira.

  • En todo caso, a prestación extinguirase cando o beneficiario faga 28 anos de idade.


 É compatible con calquera bolsa escolar.


  • Unha vez recoñecida a prestación, comprobarase anualmente a persistencia da situación económica e que houbo o adecuado aproveitamento académico.

  • No caso de falecemento do cabeza de familia, os ingresos familiares non poderán superar a cantidade de 6.010,12 euros por cada membro da unidade familiar. A estes efectos, teranse en conta todos os membros da unidade familiar que convivan co estudante e os seus respectivos ingresos.


Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS