MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Prestacións do Seguro Escolar » Prestacións » Prestacións por enfermidade

Prestacións por enfermidade

A prestación por enfermidade comprende a asistencia farmacéutica, indemnizacións por gastos de enterro en caso de falecemento, a asistencia médica, incluída a hospitalización cando proceda,  que está constituída polos servizos que, a continuación, se indican, así como a práctica de medicina preventiva que, no seu caso, corresponda.

                              



  • Duración:

Será prestada dende que se notifique a enfermidade, mentres esta o precise e ata a súa curación ou a data de terminación do curso, se chegada esta data non se tivese matriculado de novo.

A estes efectos, considérase notificada a enfermidade mediante a presentación da solicitude normalizada ou de calquera outro documento neste sentido.

  • Elección de facultativo e centro sanitario:
    • No caso de non tratarse de médico e sanatorio concertados, onde os houbese, o Seguro Escolar aboará as facturas segundo tarifas, correndo a cargo do estudante a posible diferenza, se a houbese.
    • Nos casos de asistencia urxente, ben porque o estudante non se atope en condicións de proceder á elección do centro hospitalario, ou ben pola distancia ata o centro concertado, aboarase ao estudante a totalidade dos gastos ocasionados.
  • A asistencia médica, que inclúe a hospitalización cando proceda, está constituída polos servizos de cirurxía xeral, neuropsiquiatría, tuberculose pulmonar e ósea e tocoloxía:

Cirurxía xeral:

    • Están incluídas todas as especialidades  a excepción das puramente estéticas e comprende os servizos de aloxamento e manutención, quirófano, a asistencia médica e farmacéutica, así como as próteses de substitución (non as ortopédicas).
    • Os gastos orixinados durante o internamento dende o día do ingreso ata o día da alta, así como os gastos derivados do diagnóstico que motive a intervención cirúrxica.

Neuropsiquiatría:

    • Inclúe o tratamento en réxime de internamento ou ambulatorio de todos os procesos neuropsiquiátricos que pola súa gravidade afecten á continuidade dos estudos, excluídos os denominados trastornos do desenvolvemento psicolóxico e do comportamento e das emocións de comezo habitual na infancia e adolescencia.
    • As sesións de psicoterapia aplicadas por psicólogos estarán incluídas sempre que sexan prescritas por un psiquiatra.

Tocoloxía:

    • Comprende as visitas ao tocólogo previas ao parto, os honorarios médicos (tocólogo, anestesista, enfermeiro e comadroa) e os gastos de internamento como se se tratase de cirurxía.
    • Non comprende os gastos de atención aos acabados de nacer.

Tuberculose: 

    • Nos casos de tuberculoses pulmonar, comprende os servizos de aloxamento e manutención nos centros sanatoriais adecuados, os coidados médicos, pequena e gran cirurxía torácica e a asistencia farmacéutica necesaria.
    • Nos casos de tuberculose ósea, comprende os servizos de aloxamento e manutención nos centros adecuados, o tratamento médico  cirúrxico e a asistencia farmacéutica.
    • O período de hospitalización ou tratamento fíxase en 18 meses, prorrogables por períodos de 3 meses ata un máximo total de 3 anos, sen solución de continuidade.
  • En determinados casos, pódense outorgar prestacións de fisioterapia, cobaltoterapia, radiumterapia, ril artificial e radioterapia, así como cirurxía maxilofacial.

Fisioterapia:

    • Recoñecerase cando estea medicamente xustificada nos tratamentos posteriores a unha cirurxía ou en casos de traumatismos derivados de accidente escolar.
    • O tratamento inclúe un número máximo de 30 sesións, aínda que se pode superar con carácter extraordinario este número de sesións nos casos nos que o asesor médico do Seguro Escolar o considere necesario.
    • Aboarase conforme ás tarifas vixentes.

Quimioterapia, radioterapia e cobaltoterapia:

    • Cobre sesións de tratamento, medicación, farmacia hospitalaria, material rexeitable, probas de laboratorio, transfusións de sangue, probas radiolóxicas e diagnósticas, así como estancia no hospital.
    • Aboarase o 30 % da factura presentada, correspondente aos conceptos relacionados no parágrafo anterior, co límite de 1.502,53 euros.

Cirurxía maxilofacial:

    • Cobre a asistencia médica e farmacéutica e os servizos de internamento e manutención.
    • Non inclúe os tratamentos ortodóncicos nin odontolóxicos.


  • Prestaranse mentres dure a asistencia médica.
  • Nos casos de internamento, a asistencia farmacéutica será completa sen custo ningún para o estudante.
  • En tratamento ambulatorio, aboarase o 70% do importe da mesma, correspondendo ao beneficiario o aboamento do 30% restante.

    Nos casos nos que estas prestacións fosen prescritas por un médico da Seguridade Social, aboarase ao estudante soamente a diferenza entre o 40% aboado como beneficiario da Seguridade Social e o 30% que lle corresponde como protexido do Seguro Escolar.
  • Os medicamentos excluídos do financiamento da Seguridade  Social quedan, igualmente, excluídos do financiamento do Seguro Escolar.


Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS