
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Morte e supervivencia » Réximes Especiais
Réximes Especiais
Integración do Réxime Especial Agrario no Réxime Xeral:
Os traballadores por conta allea agrarios incluídos no REA , así como os empresarios aos que prestan os seus servizos, quedan integrados, con efectos do 01-01-12, no Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante o establecemento dun Sistema especial para estes traballadores, tendo dereito ás prestación da Seguridade Social nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral, coas particularidades establecidas regulamentariamente (Lei 28/2011, do 22 de setembro).
Integración do Réxime Especial de Empregados de Fogar no Réxime Xeral:
Con efectos do 01-01-2012, o Réxime Especial dos Empregados de Fogar queda integrado no Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante o establecemento dun sistema especial para estes traballadores, quen terá dereito ás prestacións da Seguridade Social nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral, coas peculiaridades que se determinen regulamentariamente (Lei 27/2011, do 1 de agosto).
Os requisitos xerais esixidos para causar dereito ás prestacións nos Réximes Especiais son, en cada caso, os seguintes:
-
Estar en alta ou en situación asimilada á alta no réxime correspondente. Non obstante, pódese causar dereito a pensión dende a situación de non alta, sempre que se reúnan os requisitos establecidos.
-
Reunir o período mínimo de cotización esixido, no seu caso.
-
Estar ao corrente no pagamento das cotas, das que sexan responsables directos os traballadores, aínda que a prestación sexa recoñecida, como consecuencia do cómputo recíproco de cotizacións, nun réxime de traballadores por conta allea.
A tales efectos, será de aplicación o mecanismo de invitación ao pagamento previsto no |art. 28.2 do Decreto 2530/1970, do 20 de agosto, calquera que sexa o réxime de Seguridade Social no que o interesado estivese incorporado, no momento de acceder á prestación ou no que se cause esta.
As prestacións por morte e supervivencia recoñécense nos mesmos termos que no Réxime Xeral da Seguridade Social, coas particularidades seguintes:
Continxencias profesionais (AT e EP):
Os traballadores autónomos poderán acceder ás prestacións derivadas destas continxencias, sempre que mellorasen voluntariamente a acción protectora incorporando as continxencias por AT e EP, ou as teñan cubertas de forma obrigatoria e, ademais, previa ou simultaneamente, optasen por acollerse á cobertura da prestación por incapacidade temporal.
Concepto de AT:
Considérase AT o ocorrido como consecuencia directa e inmediata do traballo que realiza pola súa propia conta e que determina a súa inclusión no campo de aplicación deste réxime especial. Teñen tal consideración:
-
Os acaecidos en actos de salvamento e outros de natureza análoga, cando uns e outros teñan conexión co traballo.
-
As lesións que sufra o traballador durante o tempo e no lugar do traballo, cando se probe a conexión co traballo realizado por conta propia.
-
As enfermidades, non consideradas profesionais, que contraia o traballador con motivo da realización do seu traballo, sempre que se probe que a enfermidade tivo por causa exclusiva a execución daquel.
-
As enfermidades ou defectos padecidos con anterioridade polo traballador, que se agraven como consecuencia da lesión constitutiva do accidente.
-
As consecuencias do accidente que resulten modificadas na súa natureza, duración, gravidade ou terminación, por enfermidades intercorrentes que constitúan complicacións derivadas do proceso patolóxico determinado polo accidente mesmo ou teñan a súa orixe en afeccións adquiridas no novo medio en que se situase ao paciente.
Non teñen a consideración de AT:
- Os que sufra o traballador ao ir ou volver do lugar de traballo.
- Os que sexan debidos a forza maior estraña ao traballo.
- Os que sexan debidos ao dolo ou imprudencia temeraria do traballador.
Nos supostos de TRADE, considérase AT toda lesión corporal do TRADE que sufra con ocasión ou por consecuencia da actividade profesional, o que sufra ao ir ou volver do lugar da prestación da actividade ou por causa e consecuencia da mesma. Agás proba en contrario, presúmese que non ten relación co traballo cando ocorrese fóra do desenvolvemento da actividade profesional de que se trate.
Concepto de EP:
É a contraída a consecuencia do traballo executado por conta propia na actividade, en virtude da cal, o traballador está incluído no campo de aplicación deste réxime especial, provocada pola acción dos elementos e substancias e nas actividades especificadas na lista de enfermidades profesionais, coas relacións das principais actividades capaces de producilas, anexa ao RD 1299/2006, do 10 de novembro.
Recarga por falta de medidas de prevención de riscos laborais:
Non é aplicable a recarga das prestacións por falta de medidas de prevención de riscos laborais.
Base reguladora:
-
Se o falecemento deriva de AT ou EP, será equivalente á base de cotización do traballador na data do feito causante.
-
Nos supostos de exoneración de cotas, as bases de cotización correspondentes ás mensualidades de cada exercicio económico exentas de cotización serán equivalentes ao resultado de incrementar a media das bases de cotización do ano natural inmediatamente anterior na porcentaxe de variación media coñecida do IPC no último ano indicado, sen que as bases así calculadas poidan ser inferiores ás contías das bases mínimas de cotización fixadas anualmente na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para estes traballadores.
Feito causante da prestación:
- O día do falecemento, se deriva de continxencias profesionais.
-
O último día do mes do falecemento do causante.
-
A data do falecemento, para o auxilio por defunción.
-
O último día do mes do nacemento, cando o beneficiario da pensión de orfandade sexa fillo póstumo.
-
A data da solicitude, nos casos en que se acceda á pensión dende unha situación de non alta nin asimilada.
Efectos económicos:
-
Se o falecemento deriva de continxencias profesionais:
-
O día seguinte ao do falecemento, se a solicitude se presenta dentro dos 3 meses seguintes ao mesmo.
-
Noutro caso, retroactividade máxima de 3 meses contados dende a data de solicitude.
-
-
Nos demais casos: o día primeiro do mes seguinte á data do feito causante, se a solicitude se presenta dentro dos 3 meses seguintes.
Máis información relativa a este Réxime:
-
Outras prestacións.
As prestacións por morte e supervivencia recoñécense nos mesmos termos e condicións que noRéxime Xeral da Seguridade Social, coas seguintes particularidades:
-
As prestacións causadas por pensionistas de incapacidade permanente, cuxas pensións pasasen a ter a nova contía correspondente a xubilación, determinaranse de acordo coa base reguladora que servise para o cálculo da nova contía da pensión e os importes das prestacións de morte e supervivencia, así determinados, incrementaranse co das melloras ou revalorizacións que tivesen lugar dende a data do feito causante da nova contía da pensión do incapacitado, ou dende a data do feito causante da pensión á que se renunciou.
-
A condición de pensionista de xubilación do causante non obstará, no seu caso, á determinación de que a súa morte fose debida a accidente de traballo ou enfermidade profesional, de conformidade coas normas reguladoras desta materia. De resultar así determinado, unicamente se causarán as prestacións de morte e supervivencia correspondentes a tales continxencias.
-
Máis información relativa a este Réxime:
-
Outras prestacións.
As prestacións recoñécense nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral da Seguridade Social.
Máis información relativa a este Réxime:
- Outras prestacións.
- Normativa básica.
- Persoas incluídas no campo de aplicación deste Réximen, afiliación, altas e baixas e cotización.
Tramitación: Direccións Provinciais e Locais do ISM.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





