MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Beneficiarios

  • Netos e irmáns, orfos de pai e nai, varóns ou mulleres, sempre que na data do falecemento sexan:

    • Menores de 18 anos ou maiores que teñan reducida a súa capacidade de traballo nunha porcentaxe valorada en grao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez.

    • Menores de 22 anos, cando non efectúan un traballo lucrativo ou cando, realizándoo, os ingresos que obteñan, en cómputo anual, non superen o límite do 75% do salario mínimo interprofesional que se fixe en cada momento, tamén en cómputo anual.

  • Nai e avoas viúvas, solteiras, casadas, cuxo marido sexa maior de 60 anos ou estea incapacitado para o traballo, separadas xudicialmente ou divorciadas.

  • Pai e avós con 60 anos cumpridos ou incapacitados para todo traballo.

  • Fillos e irmáns de pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente, ambas na súa modalidade contributiva, ou daqueles traballadores que ao falecer reunían os requisitos para o recoñecemento do dereito a pensión de xubilación ou de incapacidade permanente (cuxo expediente de incapacidade permanente se atopará pendente de resolución), varóns ou mulleres maiores de 45 anos, que estean solteiros, viúvos, separados xudicialmente ou divorciados, sempre que acrediten dedicación prolongada ao coidado do causante.

Todos os beneficiarios deberán cumprir, ademais, os seguintes requisitos:

  • conviviren co causante e ás súas expensas con 2 anos de antelación ao falecemento daquel ou dende a morte do familiar co que convivisen, se esta ocorrese dentro deste período.

  • Non ter dereito a pensión pública.

  • Carecer de medios de subsistencia, por ter ingresos económicos iguais ou inferiores ao salario mínimo interprofesional, e de familiares con obriga e posibilidade de prestarlles alimentos.

Están obrigados a prestarse alimentos, segundo o establecido nos artigos 142 e 143 do Código Civil, os cónxuxes, ascendentes e descendentes; os irmáns só se deben os "auxilios necesarios para a vida", polo que quedan excluídos da obriga de prestar alimentos.

                              



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS