
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Maternidade » Réxime Xeral » Nacemento do dereito / Duración
Nacemento do dereito / Duración
A duración do subsidio será equivalente á dos períodos de descanso ou permisos que se gocen, de acordo co previsto no |art. 48.4 do |ET e no art. 49 a) e b) do EBEP .
Os períodos de descanso poderán ser gozados por un ou por ambos proxenitores, adoptantes ou acolledores, en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, nos termos legalmente establecidos.
Cando o subsidio sexa compartido, aboarase a cada beneficiario durante a parte dos períodos de descanso que fosen gozados efectivamente por cada un deles. A percepción do subsidio poderá efectuarse, nestes casos, de forma simultánea ou sucesiva co do outro proxenitor.
Terase dereito ao subsidio a partir do mesmo día en que dea comezo o período de descanso correspondente:
-
En caso de maternidade, desde o meso día da data do parto ou a de inicio do descanso, de ser esta anterior.
-
Ante o falecemento da nai , a efectividade do dereito a esta prestación para o pai comezará desde a data de inicio da suspensión laboral.
-
Nos casoas de opción da nai para que o pai goce de ata 10 semanas, a efectividade do dereito ao subsidio iníciase desde a data de comezo do descanso do pai, cuxa data coincidirá coa elixida ao exercitar a opción.
-
Nos casos de adopción e acollemento, a elección do traballador, ben a partir da data da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, provisional ou definitivo; a percepción da prestación poderase iniciar a partir do día seguinte ao da recepción polo interesado do correspondente documento e estará condicionado ao goce efectivo do permiso.
-
Nos supostos de adopción internacional, cando sexa necesario o desprazamento previo dos pais ao país de orixe do adoptado, poderase iniciar o subsidio ata 4 semanas antes da resolución pola que se constitúa a adopción.
Con carácter xeral, o subsidio terá unha duración de 16 semanas ininterrompidas, agás no caso de hospitalización, que se ampliará en determinados supostos:
-
Se se trata dun parto múltiple, amplíase en 2 semanas máis por cada fillo, a partir do segundo.
-
No suposto de discapacidade do fillo, cando esta se valore nun grao superior ou igual ao 33%, 2 semanas adicionais. No caso de que ambos proxenitores traballen, o período adicional de percepción do subsidio distribuirase a opción dos interesados, que poderán gozalo simultánea ou sucesivamente e sempre de forma ininterrompida.
Quedará acreditada esta incapacidade se, por aplicación da escala de valoración dos graos e niveis de dependencia, específica para menores de 3 anos, a valoración é, polo menos, do grao 1 moderado, conforme ao establecido no RD 504/2007, do 20 de abril.
Cando o grao de discapacidade non fora determinado, tratándose de acabados de nacer, será suficiente un informe do Servizo Público de Saúde (SPS) ou un informe do médico dun hospital público ou privado, avalado neste caso polo SPS, no que se faga constar a discapacidade ou a súa posible existencia.
-
Nos casos de parto prematuro e naqueles outros no que o acabado de nacer precise, por algunha condición clínica, hospitalización a continuación do parto, o descanso poderá interrompirse ou ampliarse nos seguintes termos:
- Poderá interrompirse o período de descanso e a percepción do subsidio a petición do beneficiario, unha vez completado o período de descanso obrigatorio para a nai de 6 semanas posteriores ao parto. Poderase continuar a partir da data da alta hospitalaria, polo período que reste por gozar.
Se a nai falece, o outro proxenitor poderá interromper o goce do permiso incluso durante as 6 semanas seguintes ao parto.
Non se interromperá o subsidio se durante o período de percepción do mesmo se extingue o contrato ou se produce o cesamento da actividade.
-
Se a hospitalización ten unha duración superior a 7 días, ampliarase a duración en tantos días como o acabado de nacer permaneza hospitalizado a continuación do parto, cun máximo de 13 semanas adicionais.
Esta ampliación terá lugar aínda cando o beneficiario decidise interromper o goce do mencionado permiso de acordo co indicado no punto anterior.
O goce deste período adicional corresponderá á nai ou, a opción da mesma, ao outro proxenitor, se reúne os requisitos necesarios e goza do descanso.
-
Para as persoas incluídas no EBEP , ampliarase a duración do permiso en tantos días como o acabado de nacer se atope hospitalizado, cun máximo de 13 semanas adicionais, con independencia da duración mínima do período de hospitalización e da súa causa.
A efectos da ampliación do período de descanso, nos casos en que o acabado de nacer deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, serán tidos en conta os internamentos hospitalarios iniciados durante os 30 días naturais seguintes ao parto.
Á duración prevista nos supostos de parto múltiple acumularase, no seu caso, a duración adicional de dúas semanas por discapacidade de cada fillo, así como o período de ampliación que corresponda en casos de hospitalización do acabado de nacer a continuación do parto. Non obstante, non procederá acumular os períodos de hospitalización de cada un dos fillos cando estes períodos fosen simultáneos.
-
Nos supostos de falecemento do fillo e alumbramentos que teñan lugar tras máis de 180 días de vida fetal, aínda cando o feto non reúna as condicións establecidas no artigo 30 do Código Civil para adquirir a personalidade, a duración da prestación económica non se verá reducida, agás que, unha vez finalizadas as 6 semanas posteriores ao parto, a nai solicitara reincorporarse ao seu posto de traballo. Nestes casos, quedará sen efecto a opción exercida pola nai en favor do outro proxenitor.
Opción en favor do outro proxenitor:
O período de descanso poderá ser gozado unicamente pola nai ou, a opción desta , tamén polo outro proxenitor no caso de que ambos traballen, sen prexuízo das 6 semanas inmediatamente posteriores ao parto de descanso obrigatorio para a nai.
- No caso de que ambos proxenitores traballen, o outro proxenitor poderá percibir o subsidio sempre e cando a nai, ao iniciarse o período de descanso, optase porque aquel goce dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ao parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai.
O outro proxenitor poderá seguir facendo uso do período de descanso por maternidade inicialmente cedido, aínda que no momento previsto para a reincorporación da nai ao traballo esta se encontre en situación de incapacidade temporal.
-
A opción poderá ser revogada pola nai, se sobreviñesen feitos que fagan inviable a aplicación da mesma, tales como ausencia, enfermidade ou accidente do outro proxenitor, abandono de familia, separación, violencia de xénero ou outras causas análogas.
- Nos casos de parto, cando ambos proxenitores compartan os períodos de descanso, non procederá o recoñecemento dun subsidio por risco durante a lactación natural, en tanto non se esgotasen totalmente estes períodos, calquera que fose o proxenitor que os goce.
A tal efecto, quedará anulada a opción exercida pola nai en favor do outro proxenitor e aquela deberá continuar o goce da parte que reste do permiso por maternidade, cando, téndose reincorporado ao traballo, se aprecie a existencia do risco durante a lactación natural que dea lugar á suspensión da relación laboral.
-
Nos supostos de pluriemprego ou pluriactividade da nai, a opción que realice para o goce de parte do descanso en favor do outro proxenitor deberá ser coincidente, en canto ao número de días cedidos, nos dous empregos ou actividades.
-
En caso de goce simultáneo dos períodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das 16 semanas ou das que correspondan nos supostos de ampliación.
-
Se, unha vez iniciado o efectivo goce polo outro proxenitor, este falecese antes de telo completado, a nai poderá facer uso da parte do período de descanso que restase ata acadar a duración máxima, mesmo aínda que xa se reincorporara ao traballo con anterioridade.
-
16 semanas ininterrompidas, ampliables en:
-
2 semanas máis por cada menor, a partir do segundo, no suposto de adopción ou acollemento múltiples.
-
2 semanas adicionais, no suposto de discapacidade do menor adoptado ou acollido, cando aquela se valore nun grao superior ou igual ao 33%. No caso de que ambos proxenitores traballen, o período adicional de percepción do subsidio se distribuirá a opción dos interesados, que poderán gozalo simultánea ou sucesivamente e sempre de forma ininterrompida.
-
-
Estes períodos poderanse gozar en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, previo acordo entre os empresarios e os traballadores afectados.
-
No caso de que ambos traballen, os períodos de descanso distribuiranse a opción dos interesados, podendo gozalos de maneira simultánea ou sucesiva, sempre que se traten de períodos ininterrompidos e cos límites de duración establecidos.
-
No caso de falecemento do fillo adoptado ou do menor acollido, non se verá reducida a duración da prestación económica, agás que os adoptantes ou acolledores soliciten reincorporarse ao seu posto de traballo. Neste caso, se o período de descanso estaba distribuído entre ambos adoptantes ou acolledores, a parte non consumida por un deles non se acumulará ao período gozado polo outro.
Os períodos de suspensión do contrato de traballo por maternidade, adopción ou acollemento, ou por paternidade poderán gozarse en réxime de xornada completa ou a tempo parcial. Para que poidan gozarse a tempo parcial, tanto o permiso de maternidade como o de paternidade:
-
Será imprescindible o acordo previo entre o empresario e o traballador afectado. En caso de paternidade, a xornada realizada a tempo parcial non poderá ser inferior ao 50% da correspondente a un traballador a tempo completo.
-
Este acordo poderá celebrarse tanto ao inicio do descanso correspondente como nun momento posterior e poderá estenderse a todo o período de descanso ou a parte do mesmo, sen prexuízo do disposto no parágrafo segundo do punto seguinte.
-
O dereito ao permiso de maternidade, en réxime de xornada a tempo parcial, poderá ser exercido por calquera dos proxenitores, adoptantes ou acolledores e en calquera dos supostos de goce simultáneo ou sucesivo do período de descanso. En caso de parto, a nai non poderá facer uso desta modalidade de permiso durante as 6 semanas inmediatas posteriores a este, que serán de descanso obrigatorio.
O goce a tempo parcial do permiso de maternidade e de paternidade axustarase ás seguintes regras:
-
O período durante o que se goce o permiso ampliarase proporcionalmente en función da xornada de trabalo que se realice.
-
O gozo do permiso será ininterrompido. Unha vez acordado, só se poderá modificar mediante un novo acordo entre o empresario e o traballador afectado, por iniciativa deste e por causas relacionadas coa súa saúde ou a do menor.
-
Durante o período de goce do permiso de maternidade ou paternidade a tempo parcial, os traballadores non poderán realizar horas extraordinarias, agás as necesarias para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes.
-
O tempo no que o traballador preste servizos parcialmente terá a consideración de trabajo efectivo, manténdose suspendida a relación laboral durante o tempo restante. Non serán de aplicación a este suposto as regras establecidas para o contrato a tempo parcial no |art. 12 do |ET e as súas normas de desenvolvemento.
-
Se o traballador é beneficiario da prestación por desemprego de nivel contributivo e a compatibiliza con traballo a tempo parcial, cando pase ás situacións de maternidade ou paternidade, tanto se se gozan en réxime de xornada completa como de xornada parcial, suspenderase a prestación por desemprego nos termos establecidos no art. 222.3 da LGSS .
-
Os permisos de maternidade e de paternidade a tempo parcial será incompatibles:
- Co goce simultáneo polos mesmos traballadores dos dereitos previstos nos apartados 4 e 4.bis do art. 37 do ET e da redución de xornada por garda legal prevista no apartado 5 deste artigo.
-
Co exercicio do dereito á excedencia por coidado de familiares regulado no art. 46.3 da citada lei.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





