MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística
Buscador avanzado

Traballadores

Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Maternidade » Réxime Xeral » Denegación, anulación e suspensión / Extinción

Denegación, anulación e suspensión / Extinción




O dereito ao subsidio pode ser denegado, anulado ou suspendido cando o beneficiario:

  • Actúe fraudulentamente para obter ou conservar a prestación.

  • Traballe por conta propia ou allea durante os correspondentes períodos de descanso, agás se se trata da percepción dun subsidio por maternidade en réxime de xornada a tempo parcial ou nos supostos de pluriemprego e pluriactividade.

Os períodos de percepción do subsidio corresponderanse cos períodos de descanso que, neses casos, serán os non ocupados pola xornada a tempo parcial ou polos empregos ou actividades que non dan lugar ao subsidio.

 



  • Polo transcurso dos prazos máximos de duración dos períodos de descanso.
  • Pola reincorporación voluntaria ao traballo do beneficiario do subsidio con anterioridade ao cumprimento do prazo máximo de duración, cando o período de descanso se goce "exclusivamente" por un dos proxenitores. No caso de parto, a nai non poderá reincorporarse ao traballo ata que transcorresen as 6 semanas de descanso obrigatorias tras o parto.
  • Pola reincorporación voluntaria ao traballo dun dos proxenitores ou de ambos con anterioridade ao cumprimento dos prazos máximos de duración, cando o período de descanso se goce "sucesiva ou simultaneamente" por ambos. No caso de parto, a nai non poderá reincorporarse ao traballo ata que transcorresen as 6 semanas de descanso obrigatorias tras o parto.

Neste caso, a parte que restase para completar os prazos máximos de duración incrementará a duración do subsidio a que tivera dereito o outro beneficiario, sen prexuízo do establecido en caso de falecemento de fillos ou menores acollidos e da necesidade de que a nai, en caso de parto, exercite a opción a favor do outro proxenitor ao iniciarse o período de descanso por maternidade.

  • Por falecemento do beneficiario, salvo que o outro proxenitor sobrevivinte poida continuar o goce do período de descanso que reste, segundo as condicións legal ou regulamentariamente establecidas.
  • Por adquirir o beneficiario a condición de pensionista de xubilación ou incapacidade permanente, sen prexuízo do goce do período de descanso restante polo outro proxenitor.


Copyright © Seguridad Social 2013. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.