
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Xubilación » Réxime Xeral » Xubilación anticipada de traballadores discapacitados » Xubilación anticipada de traballadores cunha discapacidade igual ou superior ao 65%
Xubilación anticipada de traballadores cunha discapacidade igual ou superior ao 65%
A partir do 01-01-04, a idade ordinaria de 65 anos pode ser rebaixada, mediante a aplicación de coeficientes redutores, no caso de traballadores afectados por unha discapacidade igual ou superior ao 65%.
Os traballadores por conta allea incluídos nos Réximes Xeral e Especiais Agrario, de Traballadores do Mar e da Minería do Carbón, que realicen unha actividade retribuída e durante esta acrediten o grao de discapacidade establecido, sempre que cumpran os demais requisitos esixidos (período de cotización e feito causante).
A idade ordinaria de 65 anos, esixida para o acceso á pensión de xubilación, reducirase nun período equivalente ao que resulte de aplicar ao tempo efectivamente traballado os coeficientes que se indican, sempre que durante os períodos de traballo realizados se acrediten os seguintes graos de discapacidade:
-
O coeficiente do 0,25, nos casos nos que o traballador teña acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
-
O coeficiente do 0,50, nos casos nos que o traballador teña acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% e acredite a necesidade do concurso doutra persoa para a realización dos actos esenciais da vida ordinaria.
Idade mínima:
A partir do 01-01-08, a aplicación dos correspondentes coeficientes redutores da idade non pode dar lugar a que o interesado poida acceder á pensión de xubilación antes dos 52 anos de idade.
Esta limitación non afectará aos traballadores dos Réximes Especiais (Minería do Carbón e Traballadores do Mar) que, no 01-01-08, tivesen recoñecidos coeficientes redutores da idade de xubilación, aos que se aplicará a normativa anterior.
Cómputo do tempo efectivamente traballado:
Descontaranse todas as faltas ao traballo, agás as seguintes:
-
As que teñan por motivo a baixa médica por enfermidade común ou profesional ou accidente, sexa ou non de traballo.
-
As que teñan por motivo a suspensión do contrato de traballo por maternidade, adopción ou acollemento, risco durante o embarazo ou a lactación natural.
-
As autorizadas nas correspondentes disposicións laborais con dereito a retribución.
Efectos:
Dende o 01-01-08, os coeficientes redutores non serán tidos en conta:
-
A efectos de acreditar a idade esixida para acceder á xubilación parcial (agás que, por dereito transitorio, se aplique a lexislación anterior ao 01-01-08), á xubilación anticipada coa condición de mutualista e a calquera outra modalidade de xubilación anticipada.
-
Nin tampouco para xerar a porcentaxe adicional establecida para aqueles que se xubilan con máis de 65 anos.
O período de tempo en que resulte reducida a idade de xubilación do traballador, computarase como cotizado ao exclusivo efecto de determinar a porcentaxe aplicable para calcular o importe da pensión de xubilación.
Tanto a redución da idade como o cómputo, a efectos de cotización, do tempo no que resulte reducida aquela, serán de aplicación aínda que a pensión se cause en calquera outro réxime da Seguridade Social.
-
Aos traballadores afectados por unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 65% que, por teren a condición de mutualista en calquera mutualidade de traballadores por conta allea no día 1-1-1967 ou noutra data anterior, teñan dereito, de acordo co establecido na disposición transitoria terceira.1.2ª do texto refundido da LGSS , a causar a pensión de xubilación a partir dos 60 anos, seranlles de aplicación os coeficientes establecidos do 0,25 ao 0,50, aos efectos de determinar o coeficiente redutor da contía da pensión de xubilación que corresponda en cada caso, e terase en conta, a todos os demais efectos, a idade real do traballador.
As referencias contidas ao 1 de xaneiro de 1967 entenderanse realizadas á data que se determine nas súas respectivas normas reguladoras, respecto dos réximes ou colectivos que contemplen outra data distinta, verbo da posibilidade de anticipar a idade de xubilación.
-
Igual regra será de aplicación aos traballadores afectados por unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 65% que desexen xubilarse anticipadamente, de acordo co previsto no |art. 161.3 do citado texto refundido, a partir dos 61 anos de idade.
A existencia da discapacidade, así como do grao correspondente, acreditaranse mediante certificación do Instituto de Maiores e Servizos Sociais ou do órgano correspondente da respectiva comunidade autónoma que recibise a transferencia das funcións e servizos daquel.
Cando non sexa posible a expedición de certificación polos órganos antes mencionados, por tratarse de períodos anteriores á asunción de competencias na materia por estes, a existencia da discapacidade poderá acreditarse por certificación ou acto administrativo de recoñecemento desta condición, expedido polo organismo que tivese estas atribucións en cada momento, e, no seu defecto, por calquera outro medio de proba que se considere suficiente pola Entidade xestora da Seguridade Social.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





