MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Xubilación » Réxime Xeral » Xubilación ordinaria » Incompatibilidades / Extinción

Incompatibilidades / Extinción



A percepción da pensión de xubilación é incompatible con:

  • A realización de calquera traballo do pensionista, por conta allea ou propia, que dea lugar á súa inclusión no Réxime Xeral ou nalgún dos Réximes Especiais, coas salvidades seguintes:
    • As persoas que "accedan" á xubilación poderán compatibilizar a percepción da pensión cun traballo a tempo parcial nos termos establecidos. Durante esta situación, denominada xubilación parcial, minorarase a percepción da pensión en proporción inversa á redución aplicable á xornada de traballo do pensionista en relación á dun traballador a tempo completo comparable.
    • Os pensionistas de xubilación poderán compatibilizar a percepción da pensión "causada" cun traballo a tempo parcial nos termos establecidos. Durante esta situación, denominada xubilación flexible, minorarase a pensión en proporción inversa á redución aplicable á xornada de traballo do pensionista, en relación á dun traballador a tempo completo comparable.
    • A partir do 02-08-2011, a percepción da pensión de xubilación é compatible coa realización de traballos por conta propia, cuxos ingresos anuais totais non superen o SMI, en cómputo anual. Quen realice estas actividades económicas non está obrigado a cotizar polas prestacións da Seguridade Social e non xerarán dereitos sobre as prestacións da Seguridade Social.
  • O exercicio da actividade desenvolvida por conta propia polos profesionais colexiados.

    A partir do 02-08-2011, estes traballos volven a ser compatibles coa percepción da pensión de xubilación, á espera de que se elabore un proxecto de lei que regule a compatibilidade entre pensión e traballo, garantindo a remuda xeracional e a prolongación da vida laboral, así como o tratamento en condicións de igualdade das diferentes actividades.

    Mentres non se produza a mencionada regulación, a pensión de xubilación será compatible co exercicio dunha profesión liberal, sen alta no RETA, por terse optado por unha mutualidade de previsión, que teña a consideración de mutualidade alternativa.
  • O desempeño dun posto de traballo no sector público delimitado no parágrafo segundo do apartado 1 do art. 1 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. Excepcións: profesores universitarios eméritos e persoal licenciado sanitario
  • O desempeño dos altos cargos.

A realización doutros traballos, que non sexan a tempo parcial e nos termos establecidos, produce os seguintes efectos:

  • A pensión de xubilación suspéndese, así como a asistencia sanitaria inherente á condición de pensionista.
  • O empresario está obrigado a solicitar a alta e ingresar as cotizacións que, de ser o caso, correspondan.
  • As novas cotizacións serven para:
    • Incrementar, de ser o caso, a porcentaxe ordinaria da pensión (ata o 100% con 35 anos cotizados).
    • Acreditar a porcentaxe adicional establecida no art. 163.2 da LGSS.
    • En ningún caso, as novas cotizacións poden modificar a base reguladora.


      Por falecemento do pensionista.



      Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

      Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS