
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Xubilación » Réxime Xeral » Xubilación anticipada por razón do grupo ou actividade profesional
Xubilación anticipada por razón do grupo ou actividade profesional
A idade ordinaria de xubilación pode ser rebaixada ou anticipada naqueles grupos ou actividades profesionais, cuxos traballos sexan de natureza excepcionalmente penosa, perigosa, tóxica ou insalubre, e acusen elevados índices de morbilidade ou mortalidade, sempre que os traballadores afectados acrediten na respectiva profesión ou traballo o mínimo de actividade que se estableza, se atopen en situación de alta ou asimilada á de alta e cumpran os demais requisitos xerais esixidos.
A aplicación dos coeficientes redutores non pode dar lugar a que o interesado acceda á pensión de xubilación con idade inferior a 52 anos. Esta limitación non afectará aos traballadores dos réximes especiais (Minería do Carbón e Traballadores do Mar) que, no 01-01-08, tivesen recoñecidos coeficientes redutores da idade de xubilación, en cuxo caso, seguirán sendo de aplicación as regras establecidas na normativa anterior.
Dende o 01-01-08, os coeficientes redutores non serán tidos en conta a efectos de acreditar a idade esixida para acceder á xubilación parcial, á xubilación anticipada coa condición de mutualista e a calquera outra modalidade de xubilación anticipada, nin tampouco para a porcentaxe adicional para aqueles que se xubilan con máis de 65 anos.
Establecerase regulamentariamente o procedemento xeral que debe observarse para rebaixar a idade de xubilación, no que se prevea a realización previa de estudos sobre sinistralidade no sector, penosidade, perigosidade e toxicidade das condicións do traballo, a súa incidencia nos procesos de incapacidade laboral que xera nos traballadores e os requirimentos físicos esixidos para o desenvolvemento da actividade.
-
Poderá recoñecerse pensión de xubilación con menos de 65 anos de idade aos traballadores por conta allea incluídos no ámbito do Estatuto do Mineiro (non comprendidos no Réxime Especial da Minaría do Carbón), mediante a aplicación de coeficientes redutores da idade de xubilación, cando concorran circunstancias de penosidade, toxicidade, perigosidade ou insalubridade nos termos e condicións establecidos na escala aprobada ao efecto.
-
A idade mínima de 65 anos rebaixarase nun período equivalente ao que resulte de aplicar o coeficiente que corresponda, de acordo coa escala establecida no anexo ao RD 2366/1984, do 26 de decembro, ao período "efectivamente traballado" en cada unha das categorías ou especialidades establecidas, descontándose todas as faltas ao traballo con excepción das baixas médicas e as ausencias autorizadas con dereito a retribución.
-
O período de tempo no que se reduce a idade de xubilación considérase como cotizado, unicamente, para determinar a porcentaxe aplicable á base reguladora.
-
Tanto a redución de idade como o cómputo dese período a efectos da porcentaxe serán de aplicación, aínda que a pensión se cause en calquera outro Réxime distinto ao Réxime Xeral.
-
Cando a xubilación afecte a traballadores que se atopen realizando "simultaneamente" outra/s actividade/s que dean lugar á súa inclusión nalgún outro Réxime da Seguridade Social, supostos de pluriactividade, a redución só se aplicará a efectos da idade.
-
Poderá recoñecerse pensión de xubilación con menos de 65 anos aos tripulantes técnicos de voo, incluídos na Ordenanza Laboral para o persoal das compañías de traballos aéreos, mediante a aplicación de coeficientes redutores da idade de xubilación.
-
A idade mínima de 65 anos reducirase nun período equivalente ao que resulte de aplicar ao período "efectivamente traballado" en cada categoría, do que se descontarán todas as faltas ao traballo con excepción das baixas médicas e as ausencias autorizadas con dereito a retribución, o coeficiente que corresponda, de acordo coa escala establecida no RD 1559/1986, do 28 de xuño:
-
O 0,40 na de piloto e segundo piloto.
-
O 0,30 na de mecánico de aeronave, navegante operador de fotografía aérea, operador de medios tecnolóxicos, fotógrafo aéreo e operador de cámara aérea.
-
-
O período de tempo en que se reduce a idade de xubilación considérase como cotizado, unicamente, para determinar a porcentaxe aplicable á base reguladora.
-
Tanto a redución de idade como o cómputo dese período de tempo a efectos da porcentaxe serán de aplicación, aínda que a pensión se cause en calquera outro Réxime distinto ao Réxime Xeral.
-
Cando a xubilación afecte a traballadores que se atopen realizando "simultaneamente" outra/s actividade/s que dean lugar á súa inclusión nalgún outro Réxime da Seguridade Social, supostos de pluriactividade, a redución só se aplicará a efectos da idade.
-
A idade mínima de 65 anos reducirase para os traballadores ferroviarios pertencentes ou que pertencesen a grupos e actividades profesionais de natureza especialmente perigosa ou penosa, nun tempo igual ao número de anos que resulte de aplicar o coeficiente que corresponda (0'15 ou 0'10), segundo a escala establecida no |art. 3 do RD 2621/1986, do 24 de decembro, ao período de tempo "efectivamente traballado" en tales grupos e actividades, descontándose todas as faltas ao traballo agás as que teñan por motivo a baixa médica e as autorizadas con dereito a retribución polas normas aplicables.
-
O período de tempo efectivamente traballado computable a este fin debe ser fixado nun número enteiro (sen fraccións) de anos, para o cal, se no cálculo deste período existen fraccións de ano, as que excedan de seis meses compútanse como un ano completo e as inferiores non se computan, en absoluto.
-
Así mesmo, as diferentes fraccións de ano con distinto coeficiente correspondentes a actividades perigosas computaranse se a suma de todas elas supera o semestre, por un ano feito na actividade na que se acredite a fracción de tempo máis prolongada.
-
O período que medie entre a idade de xubilación reducida e a idade mínima xeral servirá para determinar o coeficiente redutor, no seu caso, aplicable e considerarase como cotizado ao exclusivo efecto de incrementar a porcentaxe de pensión aplicable.
-
Tanto a redución de idade como o cómputo dese período de tempo a efectos da porcentaxe serán de aplicación, aínda que a pensión se cause en calquera outro Réxime distinto ao Réxime Xeral.
-
Cando a xubilación afecte a traballadores que se atopen realizando "simultaneamente" outra/s actividade/s que dean lugar á súa inclusión nalgún outro Réxime da Seguridade Social, supostos de pluriactividade, a redución só se aplicará a efectos da idade.
-
Os cantantes, bailaríns e trapecistas poderán causar a pensión de xubilación a partir dos 60 anos de idade, sen aplicación de coeficientes redutores, cando teñan traballado na especialidade un mínimo de 8 anos durante os 21 anteriores á xubilación.
-
Os demais artistas poderán xubilarse a partir dos 60 anos de idade, cunha redución dun 8%, na porcentaxe da pensión, por cada ano que falte para chegar aos 65 anos de idade.
-
Nos dous supostos previstos, será requisito indispensable, para acceder á xubilación, a condición de atoparse en alta ou en situación asimilada á de alta na data do feito causante.
-
55 anos para os matadores de toros, toureiro dacabalo, novilleiros, banderilleiros, picadores e toureiros cómicos, sempre que acrediten estar en alta ou en situación asimilada á de alta na data do feito causante e ter actuado nun determinado número de espectáculos taurinos:
-
Matadores de toros, toureiros dacabalo e novilleiros, 150 festexos en calquera destas categorías.
-
Banderilleiros, picadores e toureiros cómicos, 200 festexos en calquera destas categorías ou nalgunha das categorías indicadas no parágrafo anterior.
-
60 anos para os puntilleiros, sempre que acrediten estar en alta ou en situación asimilada á de alta no momento do feito causante e ter actuado en 250 festexos en calquera categoría profesional.
-
65 anos para os mozos de estoques e de picas e os seus axudantes.
Non obstante, poderán xubilarse a partir dos 60 anos con aplicación dun coeficiente redutor dun 8% por cada ano de anticipación, sempre que acrediten estar en alta ou en situación asimilada á de alta na data do feito causante e ter actuado en 250 festexos en calquera categoría profesional.
De acordo co previsto no RD 383/2008, do 14 de marzo, poderá recoñecerse pensión de xubilación con menos de 65 anos de idade aos traballadores por conta allea e empregados públicos, incluídos no Réxime Xeral da Seguridade Social, que presten servizos como bombeiros nas súas diferentes escalas, categorías ou especialidades, en corporacións locais, en comunidades autónomas, no Ministerio de Defensa, no Organismo Aeroportos Españois e Navegación Aérea, así como nos consorcios ou agrupacións que puidesen ter constituídos as expresadas administracións.
A idade ordinaria de 65 anos esixida para o acceso á pensión de xubilación reducirase nun período equivalente ao que resulte de aplicar aos anos completos efectivamente traballados como bombeiro o coeficiente redutor do 0,20.
A aplicación da redución da idade de xubilación en ningún caso dará ocasión a que o interesado poida acceder á pensión de xubilación cunha idade inferior aos 60 anos, ou a de 59 nos supostos en que se acrediten 35 ou máis anos de cotización efectiva, sen cómputo da parte proporcional correspondente por pagas extraordinarias, polo exercicio da actividade de bombeiro.
Para o cómputo do tempo efectivamente traballado, descontaranse todas as faltas ao traballo, agás as seguintes:
- As que teñan por motivo a baixa médica por enfermidade común ou profesional ou accidente, sexa ou non de traballo.
- As que teñan por motivo a suspensión do contrato de traballo por maternidade, paternidade, adopción, acollemento, risco durante o embarazo ou risco durante a lactación natural.
- As autorizadas nas correspondentes disposicións laborais con dereito a retribución.
O período de tempo no que se reduce a idade de xubilación considérase como cotizado unicamente para determinar a porcentaxe aplicable á base reguladora.
Tanto a redución de idade como o cómputo dese período para os efectos da porcentaxe serán de aplicación, aínda que a pensión se cause en calquera outro réxime distinto ao Réxime Xeral.
- A idade ordinaria de 65 anos, esixida para o acceso á pensión de xubilación, reducirase nun período equivalente ao que resulte de aplicar o coeficiente redutor do 0,20 aos anos completos efectivamente traballados como membros do Corpo da Ertzaintza ou como integrantes dos colectivos que quedaron incluídos no mesmo.
A aplicación da redución da idade de xubilación prevista no parágrafo anterior en ningún caso dará ocasión a que o interesado poida acceder á pensión de xubilación cunha idade inferior aos 60 anos, ou a de 59 anos nos supostos en que se acrediten 35 ou máis anos de actividade efectiva e cotización no Corpo da Ertzaintza, ou nos colectivos que quedaron incluídos no mesmo, sen cómputo da parte proporcional correspondente por pagas extraordinarias, polo exercicio da actividade a que se refire o parágrafo anterior.
- O período de tempo en que resulte reducida a idade de xubilación do traballador, de acordo co establecido no apartado anterior, computarase como cotizado ao exclusivo efecto de determinar a porcentaxe aplicable á correspondente base reguladora para calcular o importe da pensión de xubilación.
Tanto a redución da idade como o cómputo, a efectos de cotización, do tempo en que resulte reducida aquela, que se establecen no apartado anterior, serán de aplicación aos membros do Cuerpo da Ertzaintza que permanecesen en situación de alta por esta actividade ata a data en que se produza o feito causante da pensión de xubilación.
Así mesmo, manterán o dereito a estes mesmos beneficios quen habendo alcanzado a idade de acceso á xubilación que, en cada caso, resulte da aplicación do establecido nos dous primeiros parágrafos, cese na súa actividade como membro deste Corpo pero permaneza en alta por razón do desempeño dunha actividade laboral diferente, calquera que sexa o réxime da Seguridade Social no que por razón desta quede encadrado.
- En relación con este colectivo, procederá aplicar un tipo de cotización adicional sobre a base de cotización por continxencias comúns, tanto para a empresa como para o traballador. Durante o ano 2010, este tipo de cotización adicional será do 4%, do que o 3,34% será a cargo da empresa e o 0,66% a cargo do traballador. Estes tipos de cotización axustaranse nos anos seguintes á situación do colectivo de activos e pasivos.
- O sistema establecido na Disposición adicional 47ª da LGSS será de aplicación despois de que na Comisión Mixta de Cota se faga efectivo un acordo de financiamento por parte do Estado da contía anual correspondente ás cotizacións recargadas que se deban implantar como consecuencia da perda de cotizacións polo adianto da idade de xubilación e polo incremento nas prestacións nos anos en que se anticipe a idade de xubilación, en contía equiparable á que a Administración do Estado aboa nos casos de xubilación anticipada dos membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado no Réxime de Clases Pasivas.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





